viernes, 27 de mayo de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 27/05/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
27/05/2016
CONCELLO DE  RIBADUMIA
ORZAMENTO MUNICIPAL DEFINITIVO PARA O EXERCICIO 2016
Aprobado definitivamente o Presuposto Municipal para o exercicio de 2016, segundo acordo adoptado en sesión extraordinaria celebrada con data de 31 de marzo de 2016, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 da Lei 2/2004 de 5 de marzo e disposicións concordantes, faise público que o devandito presuposto ascende tanto en gastos como en ingresos á cantidade de TRES MILLÓNS TRESCENTOS SESENTA E UN MIL SETECENTOS VINTEUN EUROS CON SESENTA E CINCO CÉNTIMOS (3.361.721,65 €), co resumo por capítulos que a continuación se expresa:

CONCELLO DE  TUI
CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO MEDIO PARA A REALIZACIÓN TAREFAS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA NA OFICIÑA DE TURISMO
Con data 12 de maio de 2016, aprobáronse,por Resolución da Concellería de persoal, seguridade, mercados, formación e emprego, as bases de selección para a contratación laboral temporal, a tempo completo, dun técnico medio para a realización das tarefas de información turística na oficina de turismo de Tui.
As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo , dirixiranse ao alcalde do concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico e procedemento administrativo común, no prazo de sete días hábiles,contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra.
As bases integras, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e na súa páxina web, www.concellotui.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario