jueves, 26 de mayo de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 26/05/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
26/05/2016
CONCELLO DE  BAIONA
CORRECCIÓN DE ERROS DAS BASES DE CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE ARQUITECTO TÉCNICO
Advertido erro na publicación do anuncio das Bases da convocatoria dunha praza de Arquitecto Técnico vacante na plantilla de persoal funcionario do Concello de Baiona (BOP de Pontevedra número 67 de data 8.04.2016) respecto as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía de data 8.03.2016 e posterios corrección de erros de data 28.03.2016 prócedese a publicación da corrección consonte o artigo 6 do RD 896/1991, do 7 de xuño, 

CONCELLO DE  CALDAS DE REIS
ADXUDICACIÓN DA SELECCIÓN DUNHA MÚTUA COLABORADORA COA SEGURIDADE SOCIAL PARA REALIZACIÓN DUN CONVENIO DE ASOCIACIÓN CO CONCELLO
Por Decreto da Alcaldía de data 28 de abril de 2016, seleccionouse a FREMAP con CIF: G-28207017, e enderezo en C/ Rodrigo de Mendoza, 6, 36600 Vilagarcía de Arousa, como MUTUA COLABORADORA COA SEGURIDADE SOCIAL PARA A REALIZACIÓN DUN CONVENIO DE ASOCIACIÓN CO CONCELLO DE CALDAS DE REIS”, o que se publica aos efectos do disposto polo artigo 154 do TRLCSP aprobado polo RDL 3/2011, de 14 de novembro.

CONCELLO DE  PONTEAREAS
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO MUNICIPAL 2016
Na sesión plenaria celebrada o día 18 de maio, a Corporación municipal acordou aprobar inicialmente o Orzamento municipal para o exercicio 2016 e as Bases para a súa execución.
O expediente exponse o público na Secretaría Xeral diste Concello polo prazo de quince (15) días hábiles, contados dende o seguinte ao de inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, co fin de que os interesados poidan realizar as reclamacións que estimen oportunas.
Si durante o citado prazo non se tiveran presentado reclamacións ao orzamento para o exercicio 2016 e as bases para a súa execución, entenderanse definitivamente aprobados, de acordo co disposto no artigo 20.1 do Real Decreto 500/90, do 20 de abril e artigo 169.1 do R.D. Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario