jueves, 19 de mayo de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 19/05/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
19/05/2016
CONCELLO DE  VIGO
BASES REGULADORAS DAS AXUDAS Á CONTRATACIÓN E MELLORA DO EMPREGO DA MOCIDADE VIGUESA 2016
BASES REGULADORAS DAS AXUDAS Á CONTRATACIÓN E MELLORA DO EMPREGO DA MOCIDADE VIGUESA 2016
BASE 1ª. OBXECTO
A presente disposición establece as bases reguladoras e a convocatoria do programa de ”AXUDAS Á CONTRATACIÓN E MELLORA DO EMPREGO DA MOCIDADE VIGUESA” no marco da actuación municipal para o ano 2016, co obxecto de servir de estímulo ao empresariado para a contratación dos mozos e mozas do municipio de Vigo, favorecer o emprego estable e facilitar ás persoas novas a súa primeira experiencia laboral que permita mellorar o seu grado de empregabilidade e aprendizaxe na contorna da empresa, a través dos seguintes programas de axudas:
A) Programa de incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos (Programa Indefinidos)
B) Programa de incentivos á contratación (Programa Contratacións)


BASES SUBVENCIÓNS 2016 DA CONCELLERÍA DE IGUALDADE
Bases reguladoras específicas da concellería de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres no ano 2016

CONCELLO DE  MONDARIZ
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO MUNICIPAL 2016
EDICTO
Non aprobado inicialmente, en sesión plenaria celebrada o pasado 26 de marzo de 2016, o orzamento municipal para este ano 2016, xunto coas bases de execución do mesmo, e a plantilla e cadro do persoal do Concello de Mondariz. Presentada moción de confianza polo goberno municipal en pleno extraordinario de data 07 de abril de 2016, vinculada a aprobación dos orzamentos municipais para o ano 2016. Transcorrido o prazo legal para presentación da moción de censura, sen presentación da mesma; en cumprimento do disposto no artigo 169 do T.R.2/2004 da Lei Reguladora de Facendas Locais, se expón ó público, por prazo de 15 días, contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no BOP, durante o cales, os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións ante o Pleno da Corporación.
Dacordo co disposto no artigo 169.1 do T.R.2/2004 da Lei Reguladora de Facendas Locais, e tal e como se recolle expresamente no acordo de aprobación inicial, de non presentarse reclamacións en prazo, se elevará a definitivo o acordo inicial, debendo publicarse, resumido por capítulos no BOP, para a súa entrada en vigor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario