martes, 17 de mayo de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 16/05/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
16/05/2016
CONCELLO DE   VIGO MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT
MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO–POSTOS DE PERSOAL EVENTUAL
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada o venres 29/04/2016, adoptou o seguinte acordo de modificación puntual da Relación de Postos de Traballo:
— Expediente administrativo nº 27612/220: modificación puntual da RPT–postos de persoal eventual.
En cumprimento do preceptuado no artigo 202 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, o devandito documento exponse ao público no Servizo de Recursos Humanos deste Concello durante o período de 20 días, aos efectos de presentación de alegacións.
No suposto de non presentarse reclamacións durante dito prazo, consideraranse definitivamente aprobados, nos termos da normativa citada. O cal se fai público aos efectos indicados.

CONCELLO DE  MARÍN  LISTAXE DEFINITIVA ASPIRANTES ADMITIDOS PROCESO SELECTIVO DOUS POLICÍAS LOCAIS (QUENDA MOBILIDADE HORIZONTAL)
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Sra. Alcaldesa – Presidenta-María Ramallo Vázquez
Expte: 122/2014.—Selección de dous policías locáis pola QUENDA DE MOBILIDADE HORIZONTAL incluidas nas OEP 2013. LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS AO PROCESO SELECTIVO.
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 31 de marzo de 2014 foron publicadas as BASES DA CONVOCATORIA PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE POR FUNCIONARIOS DE CARREIRA DE TRES ( 3) PRAZAS DE POLICÍA PARA O CORPO DA POLICÍA LOCAL DE MARIN, correspondente a Oferta de Emprego Público de 2013, sendo publicado anuncio da convocatoria no BOE de 2 de xuño de 2014.Das devanditas prazas, dúas de elas serán cubertas pola quenda de mobilidade horizontal é unha pola quenda libre.
Por Resolución da Alcaldía de 10 de novembro de 2014 ( BOP nº 223 de 18 de novembro de 2014) foi publicada a listaxe provisional de aspirantes provisionalmente admitidos e excluidos a ditos procesos selectivos.

CONCELLO DE   PONTEAREAS  APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DA PLANTILLA ANUNCIO
O Pleno da Corporación Municipal, en sesión levada a cabo o día 19 de abril de 2016, acordou, entre outros, o seguinte acordo:
— Declarar inadmisibles os recursos de reposición entablados polos sindicatos formulados mediante escritos de data 4-2 e 12-3-2016 contra o acordo plenario de 2-2-2016 decidindo a modificación inicial da plantilla municipal coa amortización de dúas prazas de Policía local e creación dunha praza de Inspector.
— Rexeitar a solicitude de suspensión da execución do acto impugnado interesada nese escrito polo sindicato CSIF por non darse os supostos previstos no artigo 111 da Lei 30/1992,de 26 de novembro.
— Aprobar definitivamente a modificación da Plantilla de Persoal consistente na:
Amortización das prazas vacantes de Policía nº 71 e nº 77.
Creación na plantilla de persoal dunha praza de Inspector de Policía Local:
• Tipo posto(f).
• Situación(v).
• Nº praza (80).
• Posto traballo:Inspector Policía Local.
• Grupo: A2.
• Escala: Administración Especial.
• Subescala: Servizos Especiais.
• Xornada: 100.
• Tipo Puesto: N.
• Forma provisión: C.
• Concellería: Seguridade.
• Departamento organizativo: Policía.
• Areas:Seguridade e Emerxencias.
• Departamento: Policía.
• Observacións: Escala executiva Policía Local.
Contra a aprobación definitiva da modificación da Plantilla poderá interpoñerse directamente recurso Contencioso-Administativo na forma e prazo que establecen as normas de dita xurisdición.

CONCELLO DE  VILAGARCÍA DE AROUSA
CORRECCIÓN DE ERROS NO ACORDO DE APROBACIÓN DAS BASES DE SELECCIÓN DE TRES PRAZAS DE POLICÍA LOCAL PUBLICADAS NO BOPPO Nº55 DE DATA 21 DE MARZO DE 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario