martes, 10 de mayo de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 10/05/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
10/05/2016
CONCELLO DE  BAIONA
CONVOCATORIA BECAS FORMACIÓN
Por Resolución de Alcaldía de 21/04/2016, aprobase as bases para a convocatoria de becas de formación, co seguinte detalle:
“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
O Concello de Baiona en uso das competencias atribuidas no artigo 25.a) l), m) e ñ) e 26 b)da Lei 7/85, do 2 de abril, das bases de réxiem local e consonte os principios de obxectividade e publicidade convoca cinco bolsas de práctica laboral destinadas a xoves universitarios ou formación profesional, segundo os casos, e coa finalidad de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación o mercado laboral.
Esta Alcaldía en uso das facultades atribuídas polo artigo 21 da LRBRL, RESOLVE
Primeiro.—Aprobar a bases da convocatoria de cinco bolsas de formación no Concello de Baiona

CONCELLO DE  OIA
APROBACIÓN DEFINITIVA DE ORZAMENTO MUNICIPAL 2016
Aprobado polo Pleno deste Concello o Orzamento municipal para 2016, por acordo adoptado en sesión plenaria extraordinaria celebrada o día 14 de marzo de 2016, e non téndose presentado reclamacións durante o prazo de exposición ó público, en cumprimento do que dispón, o artigo 169.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, 2/2004 de 5 de marzo, faise público que o orzamento municipal de Oia para 2016, resumido por capítulos, resulta como sigue:

2 comentarios:

  1. Inspección de Traballo en Outubro 2016, anulación da bolsa e contratación irregular da bolseira da biblioteca como laboral.

    O Concello de Baiona prescindiu de varios bolseiros entre eles o que atendía a sala de informática do Centro Antena situado na Casa Rosa de Sabarís para evitar problemas coa Inspección de Traballo.

    O goberno local do PP baionés prescindiu non lles renovou o contrato por seis meses máis logo dunha inspección de Traballo na biblioteca municipal o pasado mes de outubro que determinou "que se estaba suplindo con bolsas un posto de traballo habitual", segundo explicou EU Baiona. O portavoz desta formación, Silvano Montes, indicou que naquel momento o Concello acatou a resolución da Inspección de Traballo e deu de alta á bolseira na Seguridade Social como traballadora. Endadiu que o contrato da bibliotecaria oficial é de 35 horas semanais para unha instalación que presta un servizo de 70 horas semanais.


    Ao parecer, este episodio provocou que outros bolseiros non tivesen opción a renovar por seis meses máis. Os afectados por esta medida estaban adscritos a Cultura, Urbanismo e no Gabinete de Prensa de Alcaldía, respectivamente e optouse por prescindir deles. Desde EU Baiona indican que tras detectar o que cualificaron como "irregularidades" fixeron un estudo das necesidades e reclaman que se cubran as prazas mediante dunha relación de postos de traball.

    Dende esta formación estiman ademáis, que os tribunais para selección de bolseiros deben estar formados exclusivamente por técnicos, non por concelleiros como xa ten ocorrido. Así, Silvano Montes criticou que era frecuente que estas bolsas recaeran sempre nas mesmas persoas, cando"unha bolsa non é para repetir e non pode manterse no tempo durante varios anos", indicou Montes.

    ResponderEliminar
  2. Fonte:
    http://www.comarcasnarede.com/index.php/val-minor/item/5836-o-concello-de-baiona-prescinde-dos-becarios-logo-dunha-inspeccion-de-traballo

    ResponderEliminar