viernes, 13 de mayo de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 13/05/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
13/05/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
DELEGACIÓN DO CONCELLO DE SANXENXO NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN MATERIA DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS EDICTO
O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria celebrada o 29 de abril de 2016, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o concello de Sanxenxo, por acordo do Pleno municipal de data 30 de novembro de 2015, das facultades de de inspección da liquidación da taxa do 1,5% pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais a prol de empresas explotadoras de servizos de subministración que resulten de  interese xeral, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta.A citada delegación  realizarase pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.Faise público este acordo para xeral coñecemento

DELEGACIÓN DO CONCELLO DA ESTRADA NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN MATERIA DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS EDICTO
O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria celebrada o 29 de abril de 2016, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o concello da Estrada, por acordo do Pleno municipal de data 3 de marzo de 2016 das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na tesourería do concello. A citada delegación realizarase pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios. Faise público este acordo para xeral coñecemento

CONCELLO DE   VILANOVA DE AROUSA
CONVOCATORIA PARA FORMACIÓN DE BOLSA DE TRABALLO PARA CONTRATACIÓNS TEMPORAIS DE LIMPADOR E CONSERXE LIMPADOR
CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS NAS CATEGORÍAS PROFESIONAIS DE LIMPADOR/A E CONSERXE-LIMPADOR/A
Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 3 de de maio 2016 aprobáronse, previa negociación co Comité de Empresa do concello, as Bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais NAS CATEGORÍAS PROFESIONAIS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR E DE LIMPADOR/A E CONSERXE-LIMPADOR/A, autorizándose ao Alcalde para a súa convocatoria.
As ditas bases específicas da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello e na súa páxina web www.vilanovadearousa.com, dentro do apartado de oferta pública de emprego.
A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Vilanova de Arousa ou na forma determinada polo artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común durante o prazo de VINTE (20) días naturais, contados desde o seguinte da publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario