miércoles, 4 de mayo de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 04/05/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
04/05/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
RECTIFICACIÓN DAS BASES DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL 2016 (EMPRESAS)
RECTIFICACIÓN DO ACORDO NÚM.7.24258 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 08/04/2015, EN RELACIÓN COAS BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2016 EN EMPRESAS, CORPORACIÓNS SECTORIAIS E ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Conforme o establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ACÓRDASE a rectificación das bases que regulan a convocatoria do plan de práctica laboral da deputación de Pontevedra 2016 en empresas, corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra, aprobadas por acordo nº 7.24258 adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 08 de abril de 2016, no senso de engadir o seguinte punto:
“Sétima.Devolución da documentación

Transcorridos seis meses desde o final do proceso de selección dos bolseiros, a documentación presentada, excepto a instancia, será destruída, polo que se lles recomenda ós interesados que a retiren no referido prazo”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario