viernes, 6 de mayo de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 06/05/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
06/05/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DEPO RÚARTE 2016
No artigo 2 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, defínense os servizos sociais como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos marcados nesta lei.
Así mesmo, dispón que os poderes públicos fomentarán, no ámbito dos servizos sociais, o desenvolvemento de actuacións solidarias por parte de entidades de iniciativa social, sempre que se axusten aos requisitos de autorización, calidade e complementariedade establecidos na citada lei.


CONCELLO DE BAIONA
APROBACIÓN OFERTA EMPREGO PÚBLICO 2016
Por Resolución da Alcaldía de data 21 de abril de 2016 aprobouse a oferta pública de emprego correspondente o ano 2016. O que se publica conforme o establecido no artigo 70 do Texto Refundido do Estatuto básico do Empregado Público, artigo 12 do RD 781/1986, que aproba o texto refundido de disposicións vixentes en materia de réxime local
FUNCIONARIOS
701.png

CONCELLO DE A ESTRADA
APROBACIÓN DA OFERTA EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2016
Pola Xunta de Goberno Local do día 25 de abril de 2016, foi adoptado o seguinte Acordo:
— Aprobar a Oferta de Emprego Público deste Concello para o ano 2016, que contén os seguintes postos de traballo:

758.png

No hay comentarios:

Publicar un comentario