lunes, 9 de mayo de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 09/05/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
09/05/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE UN POSTO DE TRABALLO DE ORDENANZA VACANTE NO CADRO DE PERSOAL DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA
O deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
“De conformidade coa proposta do Director da Escola Universitaria de Enfermería e en virtude do establecido no artigo 34.g da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, modificada pola Lei 11/99, de 21 de abril, e segundo a Resolución da Presidencia, de 22 de xullo de 2015, pola que se delegan neste deputado as competencias en materia de persoal, RESOLVO aprobar a presente convocatoria para cubrir interinamente un posto de traballo de ordenanza vacante no cadro de persoal da Escola, e que se rexerá polas seguintes: BASES

CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE UNHA PRAZA DE DELINEANTE NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO
O deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita seguinte
RESOLUCIÓN:
“De conformidade coa proposta do Arquitecto provincial e en virtude do establecido no artigo 34.g da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, modificada pola Lei 11/99, de 21 de abril, e segundo a Resolución da Presidencia, de 22 de xullo de 2015, pola que se delegan neste deputado as competencias en materia de persoal, RESOLVO aprobar esta convocatoria para cubrir interinamente unha praza de delineante no cadro de persoal funcionario, que se rexerá polas seguintes: BASESÇ

DELEGACIÓNS DA PRESIDENCIA NOUTROS DEPUTADOS/AS
A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dita a seguinte
R E S O L U C I Ó N
Mediante Resolución Presidencial de 22 de xullo de 2015, foron delegadas as miñas atribucións en centros, organismos e áreas de servizo en determinados Sres./as Deputados/as.
Ante a redistribución e concreción das funcións entre os distintos servizos e centros xestores, así como ante a creación do servizo de Cohesión Social e Xuventude, procede modificar a delegación outorgada para o mellor desenvolvemento das responsabilidades de goberno.
En consecuencia, e en atención ás atribucións conferidas á Presidencia polos artigos 34.2 e 35 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, 58, 63 e 64 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e 105.2 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, Reguladora da Administración local de Galicia, R E S O L V O:

EXTRACTOS ACORDOS PLENO ORDINARIO DE 29 DE ABRIL DE 2016.
EXTRACTOS DE ACORDOS ADOPTADOS POLO PLENO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA EN SESIÓN, ORDINARIA, CELEBRADA O DÍA 29 DE ABRIL DO ANO 2016
A) Parte resolutiva:
2.—Acórdase, por unanimidade, aprobar a modificación do Acordo regulador e Convenio colectivo en materia de xornada laboral, vacacións, permisos e licenzas.

3.—Acórdase, por unanimidade, aprobar a adaptación do I Convenio colectivo para persoal laboral á normativa reguladora da contratación laboral de duración determinada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario