miércoles, 25 de mayo de 2016

BOPPO PONTEVEDRA 25/05/2016

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
25/05/2016
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CORRECCIÓN DE ERROS
No Boletín Oficial da Provincia nº 91 de 12 de maio de 2016 publicouse o acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o 30 de abril do 2016, aprobándose unha modificación do V Acordo Regulador para persoal funcionario e do I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial de Pontevedra.
Advertido erro na data da celebración do Pleno da Corporación, procédese a súa rectificación no senso que onde di: “Por acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o 30 de abril do 2016”....”, debe dicir: “Por acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o 29 de abril do 2016.”

BASES CONVOCATORIA DE NOMEAMENTO INTERINO DE DIVERSO PERSOAL PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL "ACTUALIZACIÓN DA PÁXINA WEB E INCLUSIÓN DE SOCIAL MEDIA"
O deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
De conformidade co establecido no artigo 34.g da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade, RESOLVO aprobar a convocatoria de nomeamento interino de diverso persoal para a execución do programa de carácter temporal Actualización da páxina web e inclusión de social media, que se rexerá polas seguintes:

CONCELLO DE  MARÍN
CORRECCIÓN ERROS TRIBUNAL PROCESO SELECTIVO DUAS PRAZAS POLICÍA LOCAL POLA QUENDA DE MOBILIDADE
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Sra. Alcaldesa – Presidenta-María Ramallo Vázquez
EXPTE: 122/2014.- SELECCIÓN DE DOUS POLICÍAS LOCÁIS POLA QUENDA DE MOBILIDADE HORIZONTAL INCLUIDAS NAS OEP 2013. LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS AO PROCESO SELECTIVO. CORRECCION ERROS DESIGNACION TRIBUNAL.
Por resolución de esta Alcaldía de 9 de maio de 2016, aprobouse a listaxe de aspirantes DEFINITIVAMENTE ADMITIDOS E EXCLUIDOS ao proceso selectivo para a cobertura en propiedade de DUAS PRAZAS de POLICÍA POLA QUENDA DE MOBILIDADE HORIZONTAL e procedeuse á designación Tribunal cualificador do proceso selectivo, convocando aos seus membros para a súa constitución o 6 DE XUÑO DE 2016 AS 9:00 horas na sala de comisións do Concello.
Téndose detectado erro material na designación do Tribunal á vista da composición prevista nas bases do proceso selectivo publicadas no BOP de Pontevedra de 31 de marzo 2014, esta Alcaldía RESOLVE:
Rectificar o erro dectectado na resolución de esta alcaldía de 9 de maio de 2016, de xeito que onde antes dicia:

CONCELLO DE MEAÑO
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL
A Xunta de Goberno, en sesión de data 02-05-2016, aprobou as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal, a xornada completa e a tempo parcial, de 5 monitores/as de tempo libre, 1 coidador/a campamentos de verán e 1 operario/a limpiador/a mantendor para a piscina municipal.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxima web do Concello de Meaño www.concellodemeano.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario