jueves, 30 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 30/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
30/03/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CORRECCIÓN DE ERROS NAS BASES DA CONVOCATORIA DE 200 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA A DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2017.
Advertido erro nas bases da convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral para a Deputación e Concellos da Provincia de Pontevedra 2017, publicadas no BOPPO Nº 50 de data 13 de marzo de 2017, o abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015 de 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procédese a súa rectificación, no senso que onde di:
— “…a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 10 de febreiro de 2017, .…”
Debe dicir:
— “…a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 10 de marzo de 2017, .…”
O que lle comunico para o seu coñecemento, cumprimento e demais efectos

CONCELLO DE BAIONA
ESTIMACIÓN DO RECURSO DO ASPIRANTE EXCLUÍDO DE PLAZAS POLICÍA LOCAL ANUNCIO
En data 24.03.2016 o Sr.Alcalde ditou a seguinte Resolución
“RESOLUCION DA ALCALDIA
Resultando que en data 15.03.2017 por Resolución de alcaldía aprobouse definitivamente a lista de admitidos/as e excluídos/a a a convocatoria do proceso selectivo de dous axentes da Policía Local do Concello de Baiona, por sistema de oposición libre, incluídas nas ofertas de emprego público correspondentes aos anos 2013 e 2016 respectivamente aprobada por Resolución da Alcaldía de data 21/09/2016 e publicadas no BOP de Pontevedra de data 24.03.2017,
Resultando que en data 24.03.2017 don Manuel Luis cabaleiro Guerreiro con DNI 32690509B presentou escrito a modo de recurso de reposición (artigo 115.2 ad lei 39/2015, do 1 de outubro) no que indica que a declaración xurada de posuír estatura mínima esixida motivo da exclusión está incluída nunha declaración conxunta achegada xunto coa solicitude.
Resultando que revisada a documentación se constata que efectivamente don Manuel Luis cabaleiro Guerreiro aportou a declaración xurada de posuír estatura mínima esixida, polo que esta Alcaldía , en virtude das facultades atribuídas no artigo 21.1 da LRBRL esta Alcaldía
RESOLVE:
PRIMEIRO.—Estimar o recurso de reposición interposto por don Manuel Luis Cabaleiro Guerreiro con DNI 32690509B e modificar lista de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo aprobada por Resolución de Alcaldía de data 15.03.2017, incluíndo ao recorrente como aspirante admitido.
SEGUNDO.—Publicar a presente Resolución no BOP de Pontevedra, páxina web e taboleiro de edictos. “
O que se publica aos efectos oportunos.

CONCELLO DE BARRO
 CONTRATACIÓN SERVIZO DE PÓLIZAS DE SEGUROS DE RESPONSABILIDADE CIVIL, PATRIMONIO E FLOTA DE VEHÍCULOS DO CONCELLO DE BARRO. ANUNCIO
De conformidade co acordado polo Pleno do concello de Barro en sesión que tivo lugar o 20 de marzo de 2017, polo presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta económicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para a contratación do servizo de POLIZAS DE SEGUROS DE RESPONSABILIDADE CIVIL, PATRIMONIO E FLOTA DE VEHICULOS DO CONCELLO DE BARRO, conforme aos seguintes datos:

CONCELLO DE CANGAS
PUBLICACIÓN DAS BASES DE SELECCIÓN 2 OFICIAIS DE POLICÍA LOCAL, PROMOCIÓN INTERNA.
Por resolución da Alcaldía de data 17/03/2017 foron aprobadas e se dispuxo a publicación das bases para a provisión en propiedade de dúas prazas de oficial de policía local por promoción interna que a seguir se transcriben:
“BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO
Á CATEGORÍA DE OFICIAL DE POLICÍA LOCAL INTEGRADAS
NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2016
PRIMEIRO. Obxecto da convocatoria
É obxecto das presentes bases a provisión en propiedade das dúas prazas de oficial de policía do Corpo de Policía Local do Concello de Cangas que se inclúen na oferta pública de emprego correspondente ao exercicio do ano 2016, aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local de data 26/12/2016, e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 12 de data 18/01/2017, as características das cales son:
Grupo: C1; Clasificación: Administración Especial; Escala Básica: Servizos Especiais; Número de vacantes: 2; Denominación: Oficial.
As prazas referidas están dotadas coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo de titulación e coas complementarias asignadas ao posto de traballo ao que se adscriba a praza.
Como sistema de acceso establécese o sistema de concurso-oposición mediante o procedemento de promoción interna para a provisión das dúas prazas segundo o disposto no artigo 37 da Lei 4/2007 de coordinación de policías locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario