viernes, 17 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 17/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
17/03/2017
CONCELLO DE  VIGO
BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA DE BOLSAS EOI 2017
BASES ESPECÍFICAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS “CONCELLO DE VIGO” PARA ESTANCIAS LINGÜÍSTICAS NO ESTRANXEIRO PARA ALUMNADO DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE VIGO, ANO 2017.
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 23 de decembro de 2016, adoptou o seguinte acordo:
Aprobar as Bases reguladoras da Convocatoria de bolsas “Concello de Vigo” para Estancias Linguísticas no estranxeiro de alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV) para o ano 2017. (Expte18421/332)
PRIMEIRA.—Obxecto e finalidade
A presente convocatoria ten como obxecto regular o procedemento para a selección e adxudicación de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, entre o alumnado da EOI de Vigo que curse os seus estudos no presente curso académico, en calquera dos niveis Intermedio I e II, Avanzado I e II dos Departamentos dos idiomas inglés, francés, alemán e italiano; nos niveis Avanzado I e II do Departamento do idioma portugués; nos niveis Intermedio I, II e III e Avanzado I e II do Departamento do idioma xaponés e nos niveis Intermedio I, II e III do Departamento do idioma chinés; a fin de que participe nun programa educativo no país do idioma correspondente.

BASES DA CONVOCATORIA VIGO EN INGLÉS 2017
BASES ESPECÍFICAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA CONVOCATORIA PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA (VIGO EN INGLÉS 2017) DIRIXIDAS AO ALUMNADO DE 3º DE ESO DE CENTROS EDUCATIVOS DE VIGO SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS. (EXPTE. 18427/332)
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 10 de febreiro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
Aprobar as Bases reguladoras da convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación do alumnado de 3º da ESO dos centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos, no programa municipal de inmersión en lingua inglesa (VIGO EN INGLÉS 2017), de acordo co texto que se achega no expediente.
Primeiro.—Obxecto
A presente convocatoria ten como obxecto regular o procedemento para a selección e adxudicación dun máximo de 657 prazas en réxime de concorrencia competitiva (570 en asignación directa segundo contratos en vigor dos exptes. administrativos 16073/332 e 17468/332, e outras 87 prazas condicionadas á tramitación por parte do Servizo Municipal de Educación do expte. administrativo 18373-332 para resolución final de acordo de “contrato maior de servizos para a xestión,organización e desenvolvemento do programa municipal de inmersión lingüística mediante integración escolar nun High School en período lectivo Vigo en Inglés 2017”) entre o alumnado do 3º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos; desglosada esta oferta nun total de 357 (313+44) prazas para alumnado escolarizado en centros públicos e nun total de 300 (257+43) prazas para alumnado escolarizado en centros privados-concertados; a fin de que o alumnado solicitante que cumpra os requisitos recollidos nesta convocatoria específica participe no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa (VIGO EN INGLÉS) 2017, que se enmarca dentro do programa educativo municipal Aulas Internacionais.

CONCELLO DE  MOAÑA
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PERSOA PARA O POSTO DE COORDINADOR/A CULTURAL E DEPORTIVO MEDIANTE CONTRATO DE REMUDA
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 27.02.2017, aprobou as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa para o posto de coordinador/a cultural e deportivo mediante o sistema de concurso oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodemoana.org).Moaña, 28 de febreiro de 2017.—A alcaldesa, Leticia Santos Paz.

CONCELLO DE  SALVATERRA DE MIÑO
CONVOCATORIA PARA A ELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ TITULAR DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO
De conformidade co establecido no artigo 101 e concordantes da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión do cargo de Xuíz de Paz titular deste Termo Municipal:
Obxecto da convocatoria:
Elección de Xuíz de Paz titular do Xulgado de Paz de Salvaterra de Miño, por un período de catro anos.
Presentación de solicitudes:
No Rexistro xeral de documentos do Concello de Salvaterra de Miño, de 9:00 a 13:00 horas, durante un prazo de quince días hábiles contados a partires da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Condicións legais dos aspirantes:
1) Ser español.
2) Maior de idade.
3) Non atoparse incurso nas causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, agás actividades profesionais ou mercantís.

No hay comentarios:

Publicar un comentario