02/03/2017
CONCELLO DE VIGO
APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN PUNTUAL RPT, DIVERSOS POSTOS DE
TRABALLO, EN EXECUCIÓN DO ACORDO PLENARIO DE APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS
MUNICIPAIS 2017. EXPTE. 29243/220
A Xunta de Goberno Local
en sesión extraordinaria e urxente celebrada o venres 13/01/2017, adoptou
acordo de modificación puntual da vixente Relación de Postos de Traballo do
Concello de Vigo–Modificación puntual da vixente RPT, diversos postos de traballo,
en execución do acordo plenario de aprobación dos orzamentos municipais 2017.
Expediente administrativo nº 29243/220 -, que foi obxecto de publicación no BOP
o día 25/01/2017.
Finalizado o período de
exposición pública de 20 días, a Secretaria do Goberno Local en data 27 de
febreiro de 2017, expide certificación conforme non se formulou ningunha
ningunha alegación no devandito período.
Por tanto, e en
cumprimento do preceptuado no artigo 202.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de
emprego público de Galicia, faise público o seguinte acordo adoptado pola Xunta
de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente de data 13/01/2017 (Expte.:
29243-220):
“ Primeiro.- Modificar
puntualmente a vixente Relación de Postos de traballo do Concello de Vigo (BOP
nº 220, do martes 16 de novembro do 2010 e sucesivas modificacions publicadas
oficialmente, en relación a postos de traballo de persoal eventual, nos termos
da motivación contida no informe-proposta que antecede, e en estricta execución
do acordo plenario de data 27/12/2016, aprobatorio dos Orzamentos Municipais
para o ano 2017, no senso seguinte:
Contemplar dous postos
de traballo vacantes de “Asesor/a Alcaldia”, asociados a dúas prazas vacantes
de persoal eventual de idéntica denominación.
Contemplar un posto de
traballo vacante de “auxiliar eventual”, asociado a unha praza vacante de
persoal eventual de idéntica denominación.
Reconfigurar a
denominación e retribucións de 1 posto de traballo anteriormente denominado
“Asesor/a Alcaldía”, e que pasa a denominarse “Asesor/a relacións
institucionais e protocolo”, cunhas retribucións totais de 37.362,40 euros
anuais (exceptuada a Seguridade Social) asociado a 1 praza de Asesor/a
Alcaldía-código 906.
Reconfigurar as
retribucións de 1 posto de traballo denominado “Director/a Comunicación
Alcaldía”, que pasan a estar determinadas en 42.124,90 euros anuais (exceptuada
a Seguridade Social)- código 908.
Segundo.- Acordar o
sometemento a información pública por un prazo de 20 días, contados dende a
data de aprobación, do presente expediente de modificación puntual da RPT, en
cumprimento do disposto no artigo 202 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego
público de Galicia, transcurrido o cal a aprobación se elevará a definitiva de
non plantexarse reclamacións.
Terceiro.- Notificar o
presente acordo ás áreas e/ou servizos afectados, Xefaturas de Área de Concello
de Vigo, e Intervención Xeral Municipal para coñecemento e efectos.”
Vigo, data segundo
sinatura electrónica.—O Concelleiro-Delegado da Área de Xestión Municipal e
Persoal, Javier Pardo Espiñeira (delegación competencial por Decreto de
Alcaldía de data 19/06/2015 e acordo da XGL da mesma data).
CONCELLO DE MARÍN
BASES DO PROCESO SELECTIVO DE TÉCNICO DA ADMINISTRACIÓN XERAL
BASES
DA CONVOCATORIA DE OPOSICIÓN PARA UNHA PRAZA DE FUNCIONARIO DE CARREIRA.
TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL
PRIMEIRO.—OBXETO DA
CONVOCATORIA
É obxecto da presente
convocatoria a cobertura en propiedade como funcionario de carreira, mediante o
sistema de oposición libre, de UNHA (1) praza de TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN
XERAL pertencente Escala de Escala de Administración xeral, Subescala técnica,
clase superior, encadrada no grupo de Titulación A, subgrupo A1.
CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN
REGULAMENTO EN MATERIA DE ADAPTACIÓN DE POSTOS OU SEGUNDA ACTIVIDADE.
Trala aprobación polo
Pleno da Corporación de data 30 de xaneiro de 2017 do Regulamento en materia de
adaptación de postos ou segunda actividade, procédese a publicación do texto
íntegro de dito regulamento ós efectos oportunos:
REGULAMENTO EN MATERIA
DE ADAPTACIÓN DE POSTOS OU SEGUNDA ACTIVIDADE DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN.
De conformidade co
establecido no artigo 36 do Convenio Colectivo de Persoal Laboral e do Acordo
Regulador do Persoal Funcionario, asinados entre o Concello de Pazos de Borbén
e os sindicatos o 30 de novembro de 2016, e que será aprobado polo Pleno no seu
momento e coa finalidade de desenvolver as previsións contidas nos textos ao
respecto da adaptación dos postos de traballo ás particulares condicións
psicofísicas dos traballadores municipais, así como no tocante ao réxime de
adaptación dos postos, elaborase o presente regulamento comprensivo dos
criterios, normas e procedementos aplicables ao respecto, tendo en conta o xa
contido no citado artigo 36 e en base aos seguintes:
Artigo 1.—Poderán
solicitar a adaptación dos postos ou segunda actividade os funcionarios ou o
persoal laboral fixo ou indefinido do Concello de Pazos de Borbén ao cumprir os
58 anos de idade ou pola diminución das condicións psicofísicas dos/as
empregados/as públicos do Concello do seguinte xeito:
a) Tanto si o pase
a segunda actividade e polo cumprimento da idade de 58 anos, como si se trata
diminución das condicións psicofísicas, adaptárase o posto as súas
particularidades condicións psicofísicas e a ao singular estado de saúde,
revisando as funcións e tarefas habituais, sen necesidade de crear, con este
única finalidade, novos postos, e establecendo cales de ditas funcións pode
realizar en base a idade ou estado de saúde.
b) Se dará
preferencia de ocupación, no caso de non poder adaptar o mesmo posto, a postos
vacantes de conserxe de colexio público ou instalacións municipais, así como
postos de subalternos.
c) O Concello
poderá, se o considera oportuno, pedir ó solicitante que se someta aos
recoñecementos médicos que estime pertinentes
Artigo 2.—Se dará
preferencia de adxudicaron ou adaptación do posto:
a) En primeiro
lugar os que xustifiquen o padecemento da diminución das condicións
psicofísicas, aínda que non alcancen a idade de 58 anos.
b) Aos que teñan ou
superen a idade de 58 anos con diminución das condicións psicofísicas.
c) Aos que teñan os
58 anos cumpridos.
Artigo 3.—En todo caso,
antes de proceder á dita adaptación funcional, haberá que comprobar que as
novas tarefas asignadas resultan necesarias e útiles dentro da actividade
ordinaria do servizo ao que se atopa adscrito cada empregado, e que a súa
asignación singularizada ao devandito traballador non supón un prexuízo ou
grave alteración do adecuado funcionamento do mesmo; circunstancias que
deberían ser acreditadas mediante informe do responsable directo do servizo, no
que, asemade, tamén se deberían propoñer outras posibles tarefas a desenvolver,
de xeito ordinario, polo traballador afectado, e compatibles co seu estado de
saúde e o correcto funcionamento do servizo en cuestión.
Artigo 4.—A adaptación
funcional por motivos de saúde deberá revestir carácter temporal e revisable
naqueles supostos nos que, das particulares condicións psicofísicas motivadores
da mesma, poida deducirse ou esperarse unha posible evolución positiva e/ou
incluso a súa desaparición, circunstancias estas que xustificarían a
recuperación da totalidade das atribucións funcionais propias do posto/praza e
do perfil profesional do empregado en cuestión.
Artigo 5.—Na situación
de adaptación dos postos permanecerase ata o pase á xubilación ou a outra
situación que non poderá ser a de servizo activo, agás no caso de que a causa
de pase á situación de adaptación dos postos fose a insuficiencia das aptitudes
psicofísicas e a mesma teña desaparecido, suposto no que o traballador deberá
reintegrarse ao seu posto de orixe.
Artigo 6.—O persoal
funcionario e/ou laboral fixo ou indefinido que pase a situación de adaptación
dos postos de traballo ás particulares condicións psicofísicas ou segunda
actividade dos/as empregados/as públicos que ocupen destino percibirá a totalidade
das retribucións integras que veña percibindo no momento do seu paso á
situación de segunda actividade, sempre e cando as mesmas sexan iguais ou
superiores ao posto ao que puidera adscribirse. En caso contrario percibirá aos
do posto ao que se adscribe.
Artigo 7.—Así mesmo será
de aplicación o referido nos artigos anteriores aos funcionarios de carreira ou
persoal laboral fixo que sexan declarados na situación de Incapacidade
Permanente Total ao posto de traballo polos organismos competentes. En caso de
que non puidera desempeñar as súas funcións dentro do servizo de pertenza
poderá realizalas noutras areas do Concello.
Artigo 8.—Os
funcionarios e persoal laboral que pasen a situación de situación de adaptación
dos postos de traballo ás particulares condicións psicofísicas ou segunda
actividade estarán suxeitos a idénticos réximes disciplinario e de
incompatibilidades que en servizo activo, e así mesmo non poderá participar en
procedementos de promoción o mobilidade convocados polo Concello de Pazos de
Borbén.
CONCELLO DE PONTEAREAS
BASES XERAIS E ESPECÍFICAS LISTAS NOMEAMENTO FUNCIONARIOS INTERINOS PRAZAS
ADMINISTRATIVOS SUBGRUPO C1 A N U N C I O
Fáise público para xeral
coñecemento que a Xunta de Goberno Local, en sesión levada a cabo o día 26 de
decembro de 2016 acordou aprobar as Bases Xerais e Específicas para a
confección de listas para o nomeamento de funcionarios interinos para cubrir as
prazas de Administrativo de Administración Xeral integradas no Grupo C,
Subgrupo C1.
Ditas Bases atópanse
expostas no departamento de Persoal, Taboleiro de Anuncios e na páxina web do
Concello.
Ábrese un prazo de 10
días hábiles, contados a partires do día seguinte ó da publicación deste
anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, para presentar as
solicitudes.
CONCELLO DE SILLEDA
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO PARA O EXERCICIO 2017
Aprobado inicialmente
polo Pleno do Concello de Silleda, na sesión celebrada o día 20 de febreiro de
2017 o Orzamento Xeral para o exercicio económico 2017, en cumprimento do
disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto
Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas locais, e
disposicións concordantes, expónse o público na secretaría do Concello, polo
prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do
presente anuncio no boletín oficial da provincia, ós efectos de exame e
reclamacións.
No caso de que non se formule ningunha reclamación ou suxerencia,
entenderáse definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario