viernes, 24 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 24/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
24/03/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS PRÍNCIPE FELIPE PARA O ANO 2017
A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte
RESOLUCIÓN:
A Deputación de Pontevedra organiza durante o ano 2017 os campamentos polideportivos Príncipe Felipe para que poidan participar os menores dos distintos concellos da provincia de Pontevedra. A cobertura das prazas dispoñibles establecerase conforme ás seguintes bases reguladoras:
Primeira. Obxecto
A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social dos rapaces que favoreza á vez a comunicación e o dinamismo multicultural entre eles, oferta para o ano 2017 os campamentos polideportivos Príncipe Felipe, un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos e calquera outra que contribúa a ese obxectivo. Os campamentos distribuiranse en seis quendas que terán lugar nas seguintes datas:
— Primeira quenda: do 10 ao 15 de xullo
— Segunda quenda: do 17 ao 22 de xullo
— Terceira quenda: do 24 ao 29 de xullo
— Cuarta quenda: do 7 ao 12 de agosto
— Quinta quenda: do 14 ao 19 de agosto
— Sexta quenda: do 21 ao 26 de agosto
Segunda. Lugar de realización
Nas instalacións do Centro Príncipe Felipe, propiedade do organismo provincial, situado na avenida de Montecelo, 12, Pontevedra.

CONCELLO DE  BAIONA
NOMEAMENTO DO TRIBUNAL E DATA DO PRIMEIRO EXERCICIO DAS PROBAS DE SELECCIÓN DE DÚAS PLAZAS DE POLICÍA LOCAL ANUNCIO
Por Resolución de Alcaldía de data 15.03.2017 ditouse a seguinte Resolución da Alcaldía
«Resultando que en data 21/09/2016, por resolución da alcaldía aprobáronse as bases que rexirán a convocatoria de selección de dous axentes da Policía Local do Concello de Baiona, por sistema de oposición libre, incluídas nas ofertas de emprego público correspondentes aos anos 2013 e 2016 respectivamente.
Resultando que as bases foron publicadas no BOP de Pontevedra en data 15/11/2016 e páxina web do Concello e posteriormente no DOG de data 05/12/2016 e no BOE nº 306 de 20/12/2016, onde se publica a convocatoria durante o prazo de vinte días naturais para a presentación das solicitudes por parte dos aspirantes interesados.
Publicada a lista de admitidos e excluídos provisional, no BOP nº 35 de data 20/02/2017, e unha vez rematado o prazo de presentación de emenda de documentación polos aspirantes que foron excluídos e en virtude do exposto e en cumprimento da cláusula sexta das bases que rexen a convocatoria, esta Alcaldía, en virtude das facultades atribuídas no artigo 21.1 da LRBRL esta Alcaldía RESOLVE:
PRIMEIRO.—Aprobar definitivamente a seguinte lista de admitidos/as e excluídos/as na convocatoria:
ADMITIDOS:

CONCELLO DE  COVELO
CONVOCATORIA BOLSEIRO TURISMO ANUNCIO
CONVOCATORIA: CREACION BOLSA DE COLABORACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA DE TURISMO DE COVELO NO ANO 2017
Por Resolución da Alcaldía de data 17 de marzo de 2017 aprobouse a convocatoria e as bases reguladoras que a continuación se reproducen, do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de colaboración para a realización de tarefas de información na oficina de turismo de Covelo o ano 2017.
“B A S E S
PRIMEIRA. OBXECTO
Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, unha bolsa de práctica laboral destinada a Diplomados/as ou Graduados/as en Turismo ou Técnico Superior de Guía, Información e asistencias turísticas ou equivalente, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación na oficina Municipal de Turismo do Concello de Covelo.
A condición de bolseiro/a non xerará ningún tipo de relación de carácter laboral ou contractual co Concello de Covelo.
SEGUNDA. DURACIÓN
A duración da bolsa será de seis meses a razón de seis horas ao día durante un total de 50 días repartidos da seguinte maneira:
Ano 2017
— Maio: 16 e 17 (2 días)
— Xuño: 5, 6, 7, 17, 18, 24 e 25 (7 días)
— Xullo: 1, 2, 3, 4, 5, 8, 9, 12, 15, 16, 19, 22, 23, 24, 25, 26, 29 e 30 (18 días)
— Agosto: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 9, 12, 13, 14, 15, 16, 19, 20, 23, 26, 27 e 30 (18 días)
— Setembro: 2, 3, 8, 9 e 10 (5 días)
O calendario inicial pode ser obxecto de modificación polo Concello de Covelo por razóns de servizo. Mantendo non obstante o número de días e horas estipuladas.

CONCELLO DE  LALÍN
SERVIZO DE PREVENCIÓN ALLEO DO PADROADO CULTURAL DE LALÍN ANUNCIO
A Comisión Executiva , na sesión de 01 de marzo de 2017 acordou iniciar os trámites para contratar o servizo denominado “SERVIZO DE PREVENCIÓN ALLEO DO PADROADO CULTURAL DE LALÍN” (CSEPC012017) e para tal efecto, aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares e os seus anexos, prego de prescricións técnicas, autorizou o gasto e ordenou anunciar a seguinte licitación:
1.—ENTIDADE ADXUDICADORA
PADROADO CULTURAL DE LALÍN.
Dependencia que tramita o expediente, obtención de documentación e información: Contratación, en horario de 09:00 ás 14:00 horas.
Domicilio: Praza de Galicia, núm. 1, 36500 Lalín (Pontevedra).
Teléfono: 986-787060. Fax: 986-780638.
Correo electrónico: fatima.cortizo@lalin.gal.
Enderezo do Perfil do Contratante: http://www.lalin.gal
Data límite para a obtención de documentación e información: 15 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
Número de expediente: CSEPC012017.

CONCELLO DE  PONTEAREAS
BASES E CONVOCATORIA PARA UNHA LISTA DE RESERVA PARA PROVISIÓN INTERINA DE INTERVENTOR/TESOUREIRO ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local, en sesión levada a cabo o día 6 de marzo de 2017, acordou aprobar as seguintes Bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo para a configuración dunha lista de reserva para a provisión interina do posto de Interventor e/ou de Tesoureiro, reservados a funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional, subescala de Intervención-Tesourería, do Concello de Ponteareas, compostas por dezaoito artigos, anexo I (programa de materias), e, anexo II (solicitude proceso selectivo).
Ábrese un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ó do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, para presentar solicitudes.
“BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFIGURACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DO POSTO DE INTERVENTOR E/OU DE TESOUREIRO, RESERVADOS A FUNCIONARIOS DA ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL, SUBESCALA DE INTERVENCIÓN-TESOURERÍA, DO CONCELLO DE PONTEAREAS.
Artigo 1.—Obxecto da convocatoria
Será a formación de unha lista de reserva para a provisión interina do posto de interventor e/ou tesoureiro, reservados a funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional, subescala de intervención-tesourería, cuxas prazas correspondentes están integradas no grupo A, subrupo A-1.

CONCELLO DE  VILAGARCÍA DE AROUSA
CONVOCATORIA FORMACIÓN BOLSA DE TRABALLO AUXILIARES ADMINISTRATIVOS A N U N C I O
A Xunta de Goberno Local en sesión do 9 de xaneiro de 2017 acordou aprobar a convocatoria e as bases para a formación dunha bolsa de traballo na categoría de auxiliares administrativos (Subgrupo C2).
O obxecto da convocatoria é a selección mediante o sistema de concurso-oposición de Auxiliares Administrativos e formar unha bolsa de emprego para atender as necesidades de persoal que poidan xurdir no periodo de vixencia da mesma, como persoal funcionario interino, de se-lo caso.
O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes/instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Vilagarcía de Arousa.
As bases poderán ser examinadas polos interesados no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina web do Concello de Vilagarcía:www.vilagarcia.es.
O que se fai público para xeral coñecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario