miércoles, 15 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 15/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
15/03/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CONVOCATORIA DE NOMEAMENTO INTERINO DE PERSOAL DIVERSO PARA EXECUTAR O PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL “REVITALIZA”
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
De conformidade co establecido no artigo 34.g da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade, RESOLVO aprobar a convocatoria de nomeamento interino de persoal diverso para executar o programa de carácter temporal “Revitaliza”, que se rexerá polas seguintes
BASES
Primeira. Obxecto da convocatoria
Esta convocatoria ten por obxecto o nomeamento interino por execución de programas de persoal diverso para executar o plan “Revitaliza”, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade e con fundamento no artigo 10.1.c do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; na Lei 2/2015, de 29 de abril, do empregado público de Galicia; no artigo 27.1.2 do Real decreto 364/1995, de 10 de marzo; na disposición adicional primeira do Real decreto 896/1991, de 7 de xuño; na Orde APU/1461/2002, de 6 de xuño, sobre selección e nomeamento de persoal funcionario interino e Decreto 95/1991, de 20 de marzo, da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo os principios de mérito e capacidade.
A urxencia da convocatoria está xustificada, tal e como dispón a proposta do xefe do Servizo de Asistencia Intermunicipal, pola necesidade de darlle continuidade ao plan “Revitaliza”, posto en marcha desde a Deputación de Pontevedra co obxecto de cambiar o actual sistema de tratamento de residuos nos concellos de Pontevedra cunha aposta clara pola implantación de Composteiros Individuais (en adiante COIN), os Centros de Compostaxe Comunitaria (en adiante CCC) e polas Plantas Comarcais de Compostaxe (en adiante PCC).

RECTIFICACIÓN DAS BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE DÚAS PRAZAS DE CONDUTORES
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
“ Ó amparo do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, RESOLVO rectificar a Resolución Presidencial nº2017004444, publicada no BOP nº 50, do 13 de marzo de 2017, polo que se aproba a convocatoria para cubrir interinamente dúas prazas de condutores, no senso que, no apartado d) da base terceira, onde di: “Posuír todos os permisos de condución.”, debe dicir: “Posuír todos os permisos de condución excepto os de motocicleta”, e no parágrafo primeiro da base cuarta, onde di “Todos os permisos de condución”, debe dicir “Todos os permisos de condución excepto os de motocicleta”.
Contra esta Resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do contencioso- Administrativo de Pontevedra, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de Julio, reguladora de la Jurisdicción Contencioso-Administrativa. Todo esto sin perjuicio de que se pueda utilizar cualquier outro recurso que estime conveniente.


CONCELLO DE  PORTAS
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2017 E D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión extraordinaria do día 03-03-2017, o orzamento xeral, as bases de execución, o cadro de persoal funcionario e laboral para o exercicio económico de 2017, de acordo co previsto no artigo 169 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e no artigo 20 do Real Decreto 500//1990, do 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva na secretaría deste concello, por prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente edicto no boletín oficial da provincia, co fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións e alegacións que se consideren oportunas.
Conforme ao acordo adoptado, o orzamento considerarase definitivamente aprobado si non se presentan reclamacións.

CONCELLO DE  REDONDELA
BASES ESPECÍFICAS PRAZA POLICÍA DE MEDIO AMBIENTE OFERTA 2016
A Xunta de Goberno Local adoptou na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de xaneiro de 2017, o seguinte acordo:
1.—Aprobar as bases específicas para a convocatoria do proceso selectivo para cubrir a seguinte praza correspondente á Oferta Pública de Emprego do ano 2016:
PERSOAL FUNCIONARIO:
— 1 praza de Policía de Medio Ambiente, encadrada na escala administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C1, polo sistema de concurso, mediante o procedemento de promoción interna horizontal.
BASES POLICIA DE MEDIO AMBIENTE
PRIMEIRA:
Poderán participar no presente concurso para a provisión do posto de POLICIA DE MEDIO AMBIENTE, vacante no cadro de persoal funcionario do Concello, os/as funcionarios/as de carreira do Concello de Redondela que pertenzan ao corpo da Policía Local do Concello de Redondela e que reúnan os requisitos establecidos para a súa participación.
— DENOMINACIÓN DO POSTO: Policía de Medio Ambiente
— SERVIZO AO QUE SE ATOPA ADSCRITO: Medio Ambiente
— GRUPO AO QUE PERTENCE : C1
— NIVEL COMPLEMENTO DE DESTINO: 16
— COMPLEMENTO ESPECÍFICO (2016): 7.935,12 euros.
— REQUISITOS MÍNIMOS PARA O SEU DESEMPEÑO: Pertencer ao corpo da Policía Local de Redondela, coa categoría de Policía, cun mínimo de dous anos de servizos en propiedade. Poderán participar na presente convocatoria, calquera que sexa a súa situación administrativa, excepto os/as suspensos/as en firme mentres dure o período de suspensión.
SEGUNDA:
A avaliación dos méritos para a adxudicación do posto efectuarase de acordo co seguinte

No hay comentarios:

Publicar un comentario