lunes, 27 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 27/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
27/03/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CONVOCATORIA DE CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS DE PRÍNCIPE FELIPE PARA O ANO 2017
EXTRACTO DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 22 DE MARZO DE 2017 POLA QUE SE CONVOCAN OS CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS DE PRÍNCIPE FELIPE PARA O ANO 2017 BDNS(Identif.):339660
1. Beneficiarios:
Rapaces que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra (que se acreditará mediante un certificado ou volante de empadronamento), nados entre os anos 2003 e 2010, ambos incluídos.
No caso de que o solicitante necesite apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional deberase facer constar na folla de inscrición, especificando o máis posible as súas necesidades específicas.
2. Obxecto
Promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social dos nenos que favoreza á vez a comunicación e o dinamismo multicultural entre eles, a través dun proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento das actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos e cualquera outra que contribúa a este obxectivo.
Os campamentos distribuiranse en seis quendas entre o 10 de xullo e o 26 de agosto.

CONCELLO DE  A GUARDA
APROBACIÓN DE CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS PARA A CONFI-GURACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DO POSTO DE INTERVENTOR E/OU DE TESOUREIRO
O sr. Alcalde de A Guarda aprobou con data 10 de marzo de 2017 a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a configuración dunha lista de reserva para a provisión interina do posto de interventor e/ou de tesoureiro, reservados a funcionarios da administración local con habilitación de carácter nacional, subescala de intervención-tesourería, do Concello de A Guarda, cuio texto literal é o seguinte:
BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFIGURACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DO POSTO DE INTERVENTOR E/OU DE TESOUREIRO, RESERVADOS A FUNCIONARIOS DA ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL, SUBESCALA DE INTERVENCIÓN-TESOURERÍA, DO CONCELLO DE A GUARDA
Artigo 1.- Obxecto da convocatoria
Será a formación de unha lista de reserva para a provisión interina do posto de interventor e/ou tesoureiro, reservados a funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional, subescala de intervención-tesourería, cuxas prazas correspondentes están integradas no grupo A, subrupo A-1.

CONCELLO DE  O ROSAL
CONVOCATORIA PRAZA OFICIAL DE SERVIZOS VARIOS
Mediante resolución da Alcaldía do día de hoxe acordouse aproba-las bases e a convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral temporal de oficial de servizos varios a xornada completa durante un ano.
Pola presente ábrese un prazo de 10 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo elo de conformidade coas bases da convocatoria expostas no taboleiro de anuncios do concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario