viernes, 10 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 10/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
10/03/2017

CONCELLO DE CALDAS DE REIS
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS –EXERCICIO 2017
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS –EXERCICIO 2017
Aprobado inicialmente polo Pleno da corporación na sesión ordinaria de data 02/02/2017 o Orzamento Xeral do Concello de Caldas de Reis para o exercicio económico 2017, en cumprimento do disposto no artigo 169 del Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría do concello, por un prazo de quince días hábiles, que comezarán a contarse dende o seguinte ó día de inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo os interesados poidan examinalo e poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas. Se durante este prazo non se presentaran reclamacións o Orzamento considerarase definitivamente aprobado.

CONCELLO DE CANGAS
CONVOCATORIA PROCESO SELECCIÓN TRABALLADOR/A SOCIAL
Por acordo de Xunta de Goberno Local de data 13/02/2017 aprobouse a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza en réxime de funcionario/a interino/a dun/ha traballador/a Social(Escala de Administración Especial- Servizos especiais Grupo A Subgrupo A2 nivel 24) polo sistema de oposición libre.
O período de presentación de instancias será de vinte días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do presente anuncio, tempo no que as bases estarán expostas ao público no Taboleiro Municipal e na páxina web do Concello www.cangas.gal.

CONCELLO DE MOS
ANUNCIO DEFINITIVO DE MODIFICACIÓN DA RPT DO CONCELLO
Aprobado inicialmente por acordo do Pleno deste Concello do 28.11.2016 a Modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Mos, e habéndose publicado a aprobación inicial da mesma no bop nº 245 do 26 de decembro de 2016, e non presentándose alegacións á mesma, enténdese definitivamente aprobada.
En cumprimento do disposto no artigo 127 do Texto Refundido Das Disposicións Vixentes en Materia de Réxime Local, procédese a súa publicación íntegra para a súa entrada en vigor, que terá lugar unha vez transcurrido o prazo de 15 días referido polo artigo 65.2, por remisión do art. 70, ambos la Lei 7/1985.

CONCELLO DE NIGRÁN
POSTA EN MARCHA DA SEDE ELECTRÓNICA E DO REXISTRO ELECTRÓNICO ANUNCIO
ASUNTO: Posta en marcha da sede electrónica e do rexistro electrónico do Concello de Nigrán
Trámite: Publicación
Aprobación: Alcaldía Presidencia por Resolución do 28 de febreiro de 2017
Faise pública a Resolución da Alcaldía Presidencia do 28-02-2017 sobre o asunto de referencia, que di o seguinte:
A Lei 39/2015, de 1 de outubro, del Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas no seu preámbulo fai fincapé en que unha Administración sen papel baseada nun funcionamento integramente electrónico serve mellor aos principios de eficacia e eficiencia, ao aforrar custes a cidadáns e empresas, e ademais reforza as garantías dos interesados, porque a constancia de documentos e actuacións nun arquivo electrónico facilita o cumprimento das obrigacións de transparencia, xa que permite ofrecer información puntual, áxil e actualizada aos interesados
Para facer efectivo, entre outros, o dereito e, no seu caso, a obriga dos cidadáns de relacionarse electrónicamente con esta Administración, resulta necesario poñer á súa disposición a sede electrónica municipal e, dentro da mesma, un rexistro electrónico a través do que os interesados poidan dirixirse ao Concello.
Tendo en conta o sinalado, e ao amparo do previsto na referida Lei 39/2015, na Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público e demais normas de aplicación, esta Alcaldía
RESOLVE:
PRIMEIRO. Establecer a sede electrónica do Concello de Nigrán, dispoñible para os cidadáns a través das redes de telecomunicacións na dirección electrónica https://sede.nigran.org/, cos contidos que figuran na mesma, sen prexuízo da incorporación progresiva de novas funcionalidades.
SEGUNDO. Autorizar a creación e posta en marcha do rexistro electrónico do Concello de Nigrán, accesible na referida sede electrónica municipal nas condicións alí indicadas, e na que figurará tamén a relación actualizada dos trámites que poden iniciarse a través do mesmo. A súa xestión corresponde ao Negociado de Rexistro e Información do Concello.
TERCEIRO. Facer pública a presente resolución na propia sede electrónica e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario