jueves, 2 de marzo de 2017

BOLETINES 02/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
02/03/2017
CONCELLO DE VIGO
APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN PUNTUAL RPT, DIVERSOS POSTOS DE TRABALLO, EN EXECUCIÓN DO ACORDO PLENARIO DE APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2017. EXPTE. 29243/220
A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente celebrada o venres 13/01/2017, adoptou acordo de modificación puntual da vixente Relación de Postos de Traballo do Concello de Vigo–Modificación puntual da vixente RPT, diversos postos de traballo, en execución do acordo plenario de aprobación dos orzamentos municipais 2017. Expediente administrativo nº 29243/220 -, que foi obxecto de publicación no BOP o día 25/01/2017.
Finalizado o período de exposición pública de 20 días, a Secretaria do Goberno Local en data 27 de febreiro de 2017, expide certificación conforme non se formulou ningunha ningunha alegación no devandito período.
Por tanto, e en cumprimento do preceptuado no artigo 202.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, faise público o seguinte acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente de data 13/01/2017 (Expte.: 29243-220):
“ Primeiro.- Modificar puntualmente a vixente Relación de Postos de traballo do Concello de Vigo (BOP nº 220, do martes 16 de novembro do 2010 e sucesivas modificacions publicadas oficialmente, en relación a postos de traballo de persoal eventual, nos termos da motivación contida no informe-proposta que antecede, e en estricta execución do acordo plenario de data 27/12/2016, aprobatorio dos Orzamentos Municipais para o ano 2017, no senso seguinte:
Contemplar dous postos de traballo vacantes de “Asesor/a Alcaldia”, asociados a dúas prazas vacantes de persoal eventual de idéntica denominación.
Contemplar un posto de traballo vacante de “auxiliar eventual”, asociado a unha praza vacante de persoal eventual de idéntica denominación.
Reconfigurar a denominación e retribucións de 1 posto de traballo anteriormente denominado “Asesor/a Alcaldía”, e que pasa a denominarse “Asesor/a relacións institucionais e protocolo”, cunhas retribucións totais de 37.362,40 euros anuais (exceptuada a Seguridade Social) asociado a 1 praza de Asesor/a Alcaldía-código 906.
Reconfigurar as retribucións de 1 posto de traballo denominado “Director/a Comunicación Alcaldía”, que pasan a estar determinadas en 42.124,90 euros anuais (exceptuada a Seguridade Social)- código 908.
Segundo.- Acordar o sometemento a información pública por un prazo de 20 días, contados dende a data de aprobación, do presente expediente de modificación puntual da RPT, en cumprimento do disposto no artigo 202 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, transcurrido o cal a aprobación se elevará a definitiva de non plantexarse reclamacións.
Terceiro.- Notificar o presente acordo ás áreas e/ou servizos afectados, Xefaturas de Área de Concello de Vigo, e Intervención Xeral Municipal para coñecemento e efectos.”
Vigo, data segundo sinatura electrónica.—O Concelleiro-Delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal, Javier Pardo Espiñeira (delegación competencial por Decreto de Alcaldía de data 19/06/2015 e acordo da XGL da mesma data).

CONCELLO DE MARÍN
BASES DO PROCESO SELECTIVO DE TÉCNICO DA ADMINISTRACIÓN XERAL
BASES DA CONVOCATORIA DE OPOSICIÓN PARA UNHA PRAZA DE FUNCIONARIO DE CARREIRA. TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL
PRIMEIRO.—OBXETO DA CONVOCATORIA
É obxecto da presente convocatoria a cobertura en propiedade como funcionario de carreira, mediante o sistema de oposición libre, de UNHA (1) praza de TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL pertencente Escala de Escala de Administración xeral, Subescala técnica, clase superior, encadrada no grupo de Titulación A, subgrupo A1.

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN
REGULAMENTO EN MATERIA DE ADAPTACIÓN DE POSTOS OU SEGUNDA ACTIVIDADE.
Trala aprobación polo Pleno da Corporación de data 30 de xaneiro de 2017 do Regulamento en materia de adaptación de postos ou segunda actividade, procédese a publicación do texto íntegro de dito regulamento ós efectos oportunos:
REGULAMENTO EN MATERIA DE ADAPTACIÓN DE POSTOS OU SEGUNDA ACTIVIDADE DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN.
De conformidade co establecido no artigo 36 do Convenio Colectivo de Persoal Laboral e do Acordo Regulador do Persoal Funcionario, asinados entre o Concello de Pazos de Borbén e os sindicatos o 30 de novembro de 2016, e que será aprobado polo Pleno no seu momento e coa finalidade de desenvolver as previsións contidas nos textos ao respecto da adaptación dos postos de traballo ás particulares condicións psicofísicas dos traballadores municipais, así como no tocante ao réxime de adaptación dos postos, elaborase o presente regulamento comprensivo dos criterios, normas e procedementos aplicables ao respecto, tendo en conta o xa contido no citado artigo 36 e en base aos seguintes:
Artigo 1.—Poderán solicitar a adaptación dos postos ou segunda actividade os funcionarios ou o persoal laboral fixo ou indefinido do Concello de Pazos de Borbén ao cumprir os 58 anos de idade ou pola diminución das condicións psicofísicas dos/as empregados/as públicos do Concello do seguinte xeito:
a) Tanto si o pase a segunda actividade e polo cumprimento da idade de 58 anos, como si se trata diminución das condicións psicofísicas, adaptárase o posto as súas particularidades condicións psicofísicas e a ao singular estado de saúde, revisando as funcións e tarefas habituais, sen necesidade de crear, con este única finalidade, novos postos, e establecendo cales de ditas funcións pode realizar en base a idade ou estado de saúde.
b) Se dará preferencia de ocupación, no caso de non poder adaptar o mesmo posto, a postos vacantes de conserxe de colexio público ou instalacións municipais, así como postos de subalternos.
c) O Concello poderá, se o considera oportuno, pedir ó solicitante que se someta aos recoñecementos médicos que estime pertinentes
Artigo 2.—Se dará preferencia de adxudicaron ou adaptación do posto:
a) En primeiro lugar os que xustifiquen o padecemento da diminución das condicións psicofísicas, aínda que non alcancen a idade de 58 anos.
b) Aos que teñan ou superen a idade de 58 anos con diminución das condicións psicofísicas.
c) Aos que teñan os 58 anos cumpridos.
Artigo 3.—En todo caso, antes de proceder á dita adaptación funcional, haberá que comprobar que as novas tarefas asignadas resultan necesarias e útiles dentro da actividade ordinaria do servizo ao que se atopa adscrito cada empregado, e que a súa asignación singularizada ao devandito traballador non supón un prexuízo ou grave alteración do adecuado funcionamento do mesmo; circunstancias que deberían ser acreditadas mediante informe do responsable directo do servizo, no que, asemade, tamén se deberían propoñer outras posibles tarefas a desenvolver, de xeito ordinario, polo traballador afectado, e compatibles co seu estado de saúde e o correcto funcionamento do servizo en cuestión.
Artigo 4.—A adaptación funcional por motivos de saúde deberá revestir carácter temporal e revisable naqueles supostos nos que, das particulares condicións psicofísicas motivadores da mesma, poida deducirse ou esperarse unha posible evolución positiva e/ou incluso a súa desaparición, circunstancias estas que xustificarían a recuperación da totalidade das atribucións funcionais propias do posto/praza e do perfil profesional do empregado en cuestión.
Artigo 5.—Na situación de adaptación dos postos permanecerase ata o pase á xubilación ou a outra situación que non poderá ser a de servizo activo, agás no caso de que a causa de pase á situación de adaptación dos postos fose a insuficiencia das aptitudes psicofísicas e a mesma teña desaparecido, suposto no que o traballador deberá reintegrarse ao seu posto de orixe.
Artigo 6.—O persoal funcionario e/ou laboral fixo ou indefinido que pase a situación de adaptación dos postos de traballo ás particulares condicións psicofísicas ou segunda actividade dos/as empregados/as públicos que ocupen destino percibirá a totalidade das retribucións integras que veña percibindo no momento do seu paso á situación de segunda actividade, sempre e cando as mesmas sexan iguais ou superiores ao posto ao que puidera adscribirse. En caso contrario percibirá aos do posto ao que se adscribe.
Artigo 7.—Así mesmo será de aplicación o referido nos artigos anteriores aos funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo que sexan declarados na situación de Incapacidade Permanente Total ao posto de traballo polos organismos competentes. En caso de que non puidera desempeñar as súas funcións dentro do servizo de pertenza poderá realizalas noutras areas do Concello.
Artigo 8.—Os funcionarios e persoal laboral que pasen a situación de situación de adaptación dos postos de traballo ás particulares condicións psicofísicas ou segunda actividade estarán suxeitos a idénticos réximes disciplinario e de incompatibilidades que en servizo activo, e así mesmo non poderá participar en procedementos de promoción o mobilidade convocados polo Concello de Pazos de Borbén.

CONCELLO DE PONTEAREAS
BASES XERAIS E ESPECÍFICAS LISTAS NOMEAMENTO FUNCIONARIOS INTERINOS PRAZAS ADMINISTRATIVOS SUBGRUPO C1 A N U N C I O
Fáise público para xeral coñecemento que a Xunta de Goberno Local, en sesión levada a cabo o día 26 de decembro de 2016 acordou aprobar as Bases Xerais e Específicas para a confección de listas para o nomeamento de funcionarios interinos para cubrir as prazas de Administrativo de Administración Xeral integradas no Grupo C, Subgrupo C1.
Ditas Bases atópanse expostas no departamento de Persoal, Taboleiro de Anuncios e na páxina web do Concello.
Ábrese un prazo de 10 días hábiles, contados a partires do día seguinte ó da publicación deste anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, para presentar as solicitudes.

CONCELLO DE SILLEDA
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO PARA O EXERCICIO 2017
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello de Silleda, na sesión celebrada o día 20 de febreiro de 2017 o Orzamento Xeral para o exercicio económico 2017, en cumprimento do disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas locais, e disposicións concordantes, expónse o público na secretaría do Concello, polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no boletín oficial da provincia, ós efectos de exame e reclamacións.
No caso de que non se formule ningunha reclamación ou suxerencia, entenderáse definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional.




DOG                              Descripción: dog
02/03/2017
CONCELLO DE REDONDELA
ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos.
As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO), número 50, do 13 de marzo de 2015 e a súa rectificación no BOPPO, número 77, do 22 de abril de 2016 e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no BOPPO, número 7, do 11 de xaneiro de 2017:
Persoal funcionario:
– 1 praza de delineante, encadrada na escala de Administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C1, polo sistema de oposición libre, mediante o procedemento de promoción interna.
– 2 prazas de administrativos/as, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa e integradas no grupo C, subgrupo C1, polo sistema de oposición libre, mediante o procedemento de promoción interna.



BOE                             Descripción: boe    
02/03/2017
MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA Contabilidad pública
Orden HFP/169/2017, de 27 de febrero, por la que se modifican las Órdenes del Ministerio de Economía y Hacienda de 1 de febrero de 1996, por la que se aprueban los documentos contables a utilizar por la Administración General del Estado; y por la que se aprueba la Instrucción de operatoria contable a seguir en la ejecución del gasto del Estado; la Orden EHA/2045/2011, de 14 de julio, por la que se aprueba la instrucción de contabilidad para la Administración Institucional del Estado y la Orden EHA/3067/2011, de 8 de noviembre, por la que se aprueba la instrucción de contabilidad para la Administración General del Estado. PDF (BOE-A-2017-2186 - 29 págs. - 690 KB)  Otros formatos

CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL Cuerpo de Letrados del Consejo General del Poder Judicial
Acuerdo de 27 de febrero de 2017, del Tribunal calificador de las pruebas selectivas convocadas por Acuerdo de 26 de mayo de 2016, por el que se aprueba la relación de aspirantes que han superado el concurso-oposición para la provisión de plazas del Cuerpo de Letrados del Consejo General del Poder Judicial. PDF (BOE-A-2017-2195 - 2 págs. - 160 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE JUSTICIA Cuerpos Especiales de la Administración de Justicia
Orden JUS/172/2017, de 15 de febrero, por la que se nombra la Comisión de selección de personal para Cuerpos Especiales de la Administración de Justicia. PDF (BOE-A-2017-2196 - 1 pág. - 152 KB) Otros formatos

MINISTERIO DE DEFENSA Escala Facultativa Superior de la Guardia Civil
Resolución 160/38037/2017, de 23 de febrero, de la Dirección General de la Guardia Civil, por la que se convocan pruebas selectivas para el ingreso en los centros docentes de formación, para la incorporación a la Escala Facultativa Superior de la Guardia Civil. PDF (BOE-A-2017-2197 - 77 págs. - 3.002 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE Cuerpos y escalas adscritos al Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Orden ECD/173/2017, de 10 de febrero, por la que se dejan sin efecto la Orden ECD/1705/2015, de 30 de julio, la Orden ECD/1706/2015, de 30 de julio, la Orden ECD/1714/2015, de 30 de julio, y la Orden ECD/1715/2015, de 30 de julio, por las que se aprueban las descripciones de las fases de oposición y los programas que han de regir en las pruebas selectivas de acceso a determinados Cuerpos y Escalas adscritos al Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. PDF (BOE-A-2017-2198 - 2 págs. - 159 KB) 

MINISTERIO DEL INTERIOR Guardas Rurales
Resolución de 3 de febrero de 2017, de la Secretaría de Estado de Seguridad, por la que se publica la relación de participantes declarados aptos en las pruebas de selección para Guardas Rurales y sus especialidades. PDF (BOE-A-2017-2219 - 9 págs. - 705 KB)  Otros formatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario