martes, 28 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 28/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
28/03/2017
CONCELLO DE  MOS
BASES REGULADORAS E ANEXOS DO PLAN CULTURAL 2017 DO CONCELLO DE MOS ANUNCIO
Aprobadas as “Bases do Plan Cultural 2017 do Concello de Mos” en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 2 de marzo de 2017, pola presente expóñense ao público co fin de que polos interesados se poida presentar a solicitude de subvención:
BASES AXUDAS PLAN CULTURAL 2017 CONCELLO DE MOS
PRIMEIRO. FINALIDADE E OBXECTO:
O Concello de Mos, pola presente convocatoria quere dar apoio ás entidades culturais e veciñais municipais que teñen grupos musicais, de baile, de teatro, corais, folclóricos, Tc.
Trátase por tanto dun plan que suma todas as expresións artísticas co obxectivo de preservar a nosa entidade para así contribuír e apoiar os programas culturais e musicais para que ao mesmo tempo acaden os obxectivos que lles son propios e tamén para estimular a participación dos cidadáns e cidadás nas diferentes liñas de acción que definan ás entidades.
O Concello de Mos quere desta forma contribuír a promover a difusión e a posta en valor de todas as manifestacións da cultura popular galega, así coma todas as accións destinadas á recuperación do seu patrimonio: tradicións, historia, folclore, etnografía, Tc.
Consonte co anterior, e conforme ó disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local, na Lei 5/1997, da administración local de Galicia, na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións e Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o seu regulamento, na Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia e no Regulamento de servizos das corporacións locais, e con cargo ó orzamento do Concello de Mos para o ano 2017, convócase, para o período que vai comprendido entre o 2 de xaneiro e 31 de decembro de 2017, a subvención que a continuación se detalla:

CONCELLO DE  VILANOVA DE AROUSA
MODIFICACIÓN PUNTUAL RPT
O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2015 aprobou inicialmente a modificación puntual das relacións de postos de traballo de persoal persoal laboral deste concello. Sometido o expediente a información pública durante o prazo legalmente establecido non se presentou ningunha reclamación, suxestión ou alegación, polo que, por aplicación do disposto no artigo 202.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, o dito acordo queda definitivamente aprobado, procedéndose mediante este anuncio á publicación íntegra da dita modificación de conformidade co disposto no apartado 3 do dito precepto.
Primeiro.- Modificar as relacións de postos de traballo de persoal funcionario e de persoal laboral do concello nos termos reflectidos no Anexo do presente acordo.
Segundo.- Nos termos previstos nos artigos 202.2 e 3 e 153.1.c) da Lei 2/2015, do Emprego Público de Galicia, en relación cos artigos 90.2 e 92.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, LBRL, o presente acordo se exporá ao público por prazo de 20 días mediante a inserción dun anuncio no BOP, quedando elevado a definitivo no suposto de que durante o dito período non se presenten alegacións ou suxestións ao mesmo.
Terceiro.- Unha vez firme o acordo remitirase copia do expediente a Administración do Estado e á Xunta de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario