miércoles, 22 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 22/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
22/03/2017
CONCELLO DE   PONTEVEDRA
DECRETO DO ALCALDE POLO QUE SE NOMEAN AS PERSOAS QUE VAN DESEMPEÑAR OS CARGOS EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA
DECRETO DO ALCALDE POLO QUE SE NOMEAN AS PERSOAS QUE VAN DESEMPEÑAR OS CARGOS EN RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA
O día 18 de xuño de 2015 por acordo plenario fixáronse os cargos que se desempeñarían en réxime de dedicación exclusiva.
En base ao escrito de data 22 de xuño de 2015 o portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra designáronse mediante decreto do alcalde de data 23 de xuño de 2015 como concelleiros que desempeñarían o seu cargo con dedicación exclusiva total ou parcial : Don Cesar Alberto Abal González (dedicación exclusiva total); Dona Maria José Rodríguez Teso (dedicación exclusiva parcial 50%) e Don Tomás Abeigón Costa (dedicación exclusiva parcial 50%).
O 31 de agosto de 2016 o mesmo portavoz achega un escrito modificando a designación de Don Cesar Abal González mediante a sua división en dúas dedicacións parciais, asignando una ao mesmo Sr. Abal e outra ao propio portavoz.
O 28 de febreiro de 2017 o portavoz do grupo municipal achega escrito modificando as dedicacións volvendo a establecer dedidación exclusiva total de Don Cesar Alberto Abal González renunciando o portavoz á súa dedicación parcial.
Visto o artigo 75 da Lei 7/1985, reguladora de bases de réxime local, artigo 13 do Real Decreto 2568/1986 e 14 do regulamento orgánico do Pleno e as súas comisións do Concello de Pontevedra que determina que a designación en concreto dos membros que deben desempeñar o cargo en réxime de dedicación exclusiva corresponderá ao Alcalde, esta Alcaldía DECRETA:
PRIMEIRO.- Modificar a designación de concelleiros que desempeñarán os seus cargos en réxime de dedicación exclusiva total ou parcial efectuada polo decreto do alcalde de data 31 de agosto de 2016 de conformidade co acordo plenario de data 18 de xuño de 2015 de acordo coa comunicación efectuada polo portavoz do grupo municipal do partido popular de xeito que Don Cesar Alberto Abal González pasa de ter una dedicación exclusiva parcial a unha dedicación exclusiva total.
SEGUNDO.- Quedan vixentes os demais termos das resolucións modificadas.
TERCEIRO.- Os efectos das dedicacións serán con efectos do 3 de marzo de 2017. No obstante para que produzan efectos requírese a aceptación expresa dos concelleiros designados ou que transcorra o prazo de tres días hábiles dende a súa designación.
CUARTO.- O presente Decreto será publicado no taboleiro de anuncios do Concello durante quince días así como no BOP e darase conta o Pleno na primeira sesión que se celebre.

CONCELLO DE   MARÍN
BASES SELECCIÓN FUNCIONARIO INTERINO COA CATEGORIA DE OFICIAL ELECTRICISTA
1.—OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes Bases regulan o procedemento para a Selección de un/ha funcionario/a interino/a coa categoría de oficial electricista, pertencente á Escala de Administración Especial, clase persoal de Oficios, encadrada no grupo de Titulación C, subgrupo C2.
2.—MODALIDADE E DURACIÓN
A persoa seleccionada será nomeada funcionario/a interino/a do Concello de Marín, de acordo co previsto no artigo 10.1.a) do RD lexislativo 5/2015, existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira.
3.—SISTEMA DE ACCESO, PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
Establécese como sistema selectivo para a cobertura interina de dita praza, pola quenda libre, o de Concurso–Oposición.

BASES SELECCION FUNCIONARIO INTERINO COA CATEGORÍA DE AXUDANTE CONDUCTOR BARREDORA
1.—OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes Bases regulan o procedemento para a Selección de un/ha funcionario/a interino/a coa categoría de axudante conductor barredora, pertencente á Escala de Administración Especial, Subescala servizos especiais, clase persoal de Oficios, encadrada no grupo de Titulación de Agrupacións Profesionais.
2.—MODALIDADE E DURACIÓN
A persoa seleccionada será nomeada funcionario/a interino/a do Concello de Marín, de acordo co previsto no artigo 10.1.a) do RD lexislativo 5/2015, existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira.
3.—SISTEMA DE ACCESO, PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
Establécese como sistema selectivo para a cobertura interina de dita praza, pola quenda libre, o de Oposición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario