lunes, 20 de marzo de 2017

BOLETINES 20/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
20/03/2017
CONCELLO DE  PONTEVEDRA
LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NA PRAZA DE SUBALTERNO OEP 2015 ANUNCIO
“RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO DE GOBERNO RESPONSABLE DA ÁREA DE RÉXIME INTERIOR PERSOAL E PATRIMONIO POLA QUE SE APROBA A RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E A COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR TRES PRAZAS DE SUBALTERNO DE ADMINISTRACIÓN XERAL POLA QUENDA LIBRE INCLUÍDAS NA OEP DO ANO 2010 E NA OEP DO ANO 2015
Publicadas no BOP núm.144, do venres 29 de xullo de 2016, as bases xerais e específicas que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na OEP 2010 e na OEP 2015, realizados os trámites pertinentes para a formación dos Tribunais cualificadores e finalizado o período establecido para a presentación de instancias (do 20/08/2016 ao 08/09/2016, ambos inclusive), esta Concellería de Goberno, de conformidade coas bases aprobadas e en exercicio das súas atribucións delegadas,
RESOLVE
Primeiro.—LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
Aprobar a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos á proba de selección convocada para a cobertura de tres prazas de subalterno de administración xeral pola quenda libre do Concello de Pontevedra incluídas na OEP 2010 e na OEP 2015, segundo se relacionan a continuación.

CONCELLO DE  VIGO
BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA DE BOLSAS EOI 2017
BASES ESPECÍFICAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS “CONCELLO DE VIGO” PARA ESTANCIAS LINGÜÍSTICAS NO ESTRANXEIRO PARA ALUMNADO DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE VIGO, ANO 2017.
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 23 de decembro de 2016, adoptou o seguinte acordo:
Aprobar as Bases reguladoras da Convocatoria de bolsas “Concello de Vigo” para Estancias Linguísticas no estranxeiro de alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV) para o ano 2017. (Expte18421/332)
PRIMEIRA.—Obxecto e finalidade
A presente convocatoria ten como obxecto regular o procedemento para a selección e adxudicación de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, entre o alumnado da EOI de Vigo que curse os seus estudos no presente curso académico, en calquera dos niveis Intermedio I e II, Avanzado I e II dos Departamentos dos idiomas inglés, francés, alemán e italiano; nos niveis Avanzado I e II do Departamento do idioma portugués; nos niveis Intermedio I, II e III e Avanzado I e II do Departamento do idioma xaponés e nos niveis Intermedio I, II e III do Departamento do idioma chinés; a fin de que participe nun programa educativo no país do idioma correspondente.
A finalidade destas bolsas é contribuír a mellorar a competencia e capacitación en linguas estranxeiras fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional.

CONCELLO DE  BUEU
INCOACIÓN DO PROCEDEMENTO DE DISOLUCIÓN E EXTINCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL DENOMINADO "INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES", DEPENDENTE DO CONCELLO DE BUEU
ANUNCIO RELATIVO Á APROBACIÓN INICIAL DA PROPOSTA DE INCOACIÓN DO PROCEDEMENTO DE DISOLUCIÓN E EXTINCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL DENOMINADO INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES (IMD) DEPENDENTE DO CONCELLO DE BUEU.
Expediente: Incoación do procedemento de disolución e extinción do organismo autónomo local denominado Instituto Municipal de Deportes (IMD) dependente do concello de Bueu.
Trámite: Anuncio de aprobación inicial.
O Pleno do Concello, na sesión ordinaria celebrada o día 06.03.2017, prestou aprobación inicial á proposta da alcaldía, de 07.02.2017 (C.V: 4RCSX65C4SDGHNRZCHDM6WLKE) de incoación do procedemento de disolución e extinción do organismo autónomo local (OAL) denominado Instituto Municipal de Deportes (IMD) dependente do concello de Bueu,CIF Q3600412E, e domicilio social na Avenida do Instituto s/n, 36930, de Bueu.
De conformidade co indicado acordo plenario, sométese o expediente a exposición pública para que por quen se considere interesado podan presentarse as alegacións ou suxestións que se entendan oportunas nos termos e co cumprimento das formalidades esixibles no art. 45 da L39/2015.
O acordo plenario de aprobación inicial se entenderá elevado a definitivo no suposto de non presentación de reclamacións e suxestións en prazo.
A estes efectos publicarase anuncio de exposición pública no Boletín Oficial da Provincia e, de xeito complementario no Taboleiro de anuncios do Concello electrónico do concello (accesible dende a sede electrónica do mesmo https://bueu.sedelectrónica.gal ). O prazo para o exame do expediente e presentación de alegacións é de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Asemade, de forma complementaria e a efectos informativos publicarase o devandito anuncio na páxina web do concello ( www.concellodebueu.org).

CONCELLO DE  CANGAS
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2017
O Pleno Municipal aprobou inicialmente, en sesión ordinaria de data do 10/03/2017, o Orzamento Xeral do Concello de Cangas, as bases de execución e o cadro de persoal para o exercicio económico 2017, polo que en cumprimento do establecido no artigo 169 do texto refundido da Lei reguladora das facendas Locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e no artigo 20 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, exponse ó público o expediente e a documentación preceptivva polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio, para a presentación das alegacións ou reclamación que se consideren oportunas.
De non presentarse reclamacións durante o indicado prazo, o Orzamento considerase definitivamente aprobado.

CONCELLO DE  RIBADUMIA
APROBACIÓN DE FICHEIROS DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DO CONCELLO DE RIBADUMIA: “FICHEIRO DE CONTROL BIOMÉTRICO”. ANUNCIO
O Pleno Municipal, en sesión celebrada con data dous de marzo de dous mil dezasete, en sesión ordinaria, adoptou por unanimidade, o acordo do tenor literal seguinte:
10.-—APROBACIÓN DE FICHEIROS DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DO CONCELLO DE RIBADUMIA: “FICHEIRO DE CONTROL BIOMÉTRICO”.-
Dase conta á Corporación que coa finalidade de levar a cabo un control laboral, horarios, vacacións, días libres e demáis circuntancias laboráis do persoal funcionario e laboral do Concello de Ribadumia e a xestión en materia de recursos humanos, e para a recollida de datos da huella dixital de dito persoal é preciso crear un ficheiro de datos de carácter persoal, segundo o artigo 20 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, en concordancia co artigo 52 do Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal aprobado por Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.


DOG                              Descripción: dog
20/03/2017
Escola Galega de Administración Pública

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación do servizo de seguridade e saúde naquelas obras e actividades en que o contratista principal sexa a Deputacion, executadas con persoal propio.
No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación do servizo de seguridade e saúde naquelas obras e actividades nas que o contratista principal sexa a Deputación Provincial de Ourense, executadas con persoal propio, cun tipo de licitación de 71.000,00 euros (IVE excluído). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.
Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).




BOE                             Descripción: boe    
20/03/2017
MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA Y PARA LAS ADMINISTRACIONES TERRITORIALES  Cuerpo de la Guardia Civil
Real Decreto 232/2017, de 10 de marzo, sobre anotación y cancelación de notas desfavorables en la documentación del personal de la Guardia Civil. PDF (BOE-A-2017-3022 - 6 págs. - 193 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES Y DE COOPERACIÓN Funcionarios de los Subgrupos A1, A2, C1 y C2
Resolución de 13 de marzo de 2017, de la Dirección de la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, por la que se convoca concurso general para la provisión de puestos de trabajo.

MINISTERIO DE AGRICULTURA Y PESCA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
Escala de Titulados de Escuelas Técnicas de Grado Medio de Organismos Autónomos del Ministerio de Medio Ambiente
Resolución de 2 de marzo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se modifica la composición del Tribunal calificador de las pruebas selectivas para ingreso, por el sistema general de acceso libre y promoción interna, en la Escala de Titulados de Escuelas Técnicas de Grado Medio de Organismos Autónomos del Ministerio de Medio Ambiente, convocadas por Resolución de 7 de diciembre de 2016. PDF (BOE-A-2017-3031 - 2 págs. - 157 KB)  Otros formatos
17/03/2017
MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES Y DE COOPERACIÓN Funcionarios de los Subgrupos A2, C1, C2 y Grupo E
Resolución de 3 de marzo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se convoca concurso para la provisión de puestos de trabajo. PDF (BOE-A-2017-3006 - 43 págs. - 704 KB) Otros formatos

MINISTERIO DE DEFENSA Militares de tropa y marinería
Resolución 452/38045/2017, de 9 de marzo, de la Subsecretaría, por la que se aprueba el proceso de selección para el ingreso en los centros de formación para incorporarse a las escalas de tropa y marinería.

MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL Personal laboral
Resolución de 16 de marzo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se amplía el plazo de presentación de solicitudes del proceso selectivo para ingreso como personal laboral fijo fuera de convenio, en la categoría de Médico de Sanidad Marítima en el Instituto Social de la Marina, convocado por Resolución de 30 de enero de 2017. PDF (BOE-A-2017-3008 - 1 pág. - 153 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE Becas
Orden ECD/248/2017, de 8 de marzo, por la que se establecen las bases reguladoras de las becas para la formación especializada en áreas y materias educativas desarrolladas por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. PDF (BOE-A-2017-3014 - 10 págs. - 225 KB) Otros formatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario