jueves, 16 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 16/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
16/03/2017
CONCELLO DE  PONTEVEDRA
EXTRACTO ACORDOS XUNTA DE GOBERNO DE 02.03.2017 ANUNCIO:
Extracto dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra na sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o día 02.03.2017
2.—DESESTIMACIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA AS BASES ESPECÍFICAS REGULADORAS DOS PROCESOS SELECTIVOS PARA A COBERTURA DE PRAZAS VACANTES DA OEP DE 2015 ACHEGADO POR DONA LORENA CANOSA VIEITEZ.

CONCELLO DE  A ESTRADA
LISTADO USUARIOS GARDERÍA MUNICIPAL MARZO 2017 EDICTO
Por Decreto da Alcaldía nº 194, de data 3 de marzo de 2017 aprobouse a liquidación correspondente ao Prezo público polo servizo de gardería municipal de marzo de 2017 por importe de 8.468,20 € e un total de 141 usuarios.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria aplicable á facenda das entidades locais en aplicación do disposto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aprobou o texto refundido da lei reguladora de facendas locais, quedan expostos ao público durante o prazo de 15 días para o seu exame e reclamación por parte das persoas interesadas. O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102 da Lei 58/2003 xeral tributaria.
Contra as débedas consignadas nos padróns contributivos e notificadas colectivamente mediante o presente anuncio, os interesados poderán interpor os seguintes recursos:
— Reposición, perante a alcaldía deste Concello, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ó da finalización da exposición pública do padrón, que se entenderá rexeitado se ó transcorrer un mes dende a súa presentación non se resolve de maneira expresa.
— Contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses se a resolución do recurso de reposición é expresa, e no prazo de 6 meses dende a súa interposición, se non o fose.
— Calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren oportuno.
Prazo de ingreso: o período voluntario de cobranza dos tributos indicados, para o Concello da Estrada, será do día 3 de marzo de 2017 ao 4 de maio de 2017, ámbolos dous inclusive.

LISTADO USUARIOS AXUDA NO FOGAR XANEIRO 2017
Por Decreto da Alcaldía nº 175, de data 1 de marzo de 2017 aprobouse a liquidación correspondente á Taxa polo servizo de axuda no fogar de xaneiro de 2017 por importe de 8.717,97 € e un total de 112 usuarios.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria aplicable á facenda das entidades locais en aplicación do disposto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aprobou o texto refundido da lei reguladora de facendas locais, quedan expostos ao público durante o prazo de 15 días para o seu exame e reclamación por parte das persoas interesadas. O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102 da Lei 58/2003 xeral tributaria.
Contra as débedas consignadas nos padróns contributivos e notificadas colectivamente mediante o presente anuncio, os interesados poderán interpor os seguintes recursos:
— Reposición, perante a alcaldía deste Concello, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ó da finalización da exposición pública do padrón, que se entenderá rexeitado se ó transcorrer un mes dende a súa presentación non se resolve de maneira expresa.
— Contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses se a resolución do recurso de reposición é expresa, e no prazo de 6 meses dende a súa interposición, se non o fose.
— Calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren oportuno.
Prazo de ingreso: o período voluntario de cobranza dos tributos indicados, para o Concello da Estrada, será do día 1 de marzo de 2017 ao 2 de maio de 2017, ámbolos dous inclusive.

No hay comentarios:

Publicar un comentario