martes, 14 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 14/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
14/03/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
RECTIFICACIÓN DAS BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE CATRO PRAZAS DE OFICIAIS DE INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
“ Ó amparo do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, RESOLVO rectificar a Resolución Presidencial nº2017004453, publicada no BOP nº 50, do 13 de marzo de 2017, polo que se aproba a convocatoria para cubrir interinamente catro prazas de oficiais de infraestruturas e servizos, no senso que, no segundo parágrafo da base quinta, onde di: “A cantidade que se aboará en concepto de dereitos de exame é de 25 €”, debe dicir: “A cantidade que se aboará en concepto de dereitos de exame é de 20 €.”
Contra esta Resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do contencioso- Administrativo de Pontevedra, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/98, do 13 de Julio, reguladora de la Jurisdicción Contencioso-Administrativa. Todo esto sin perjuicio de que se pueda utilizar cualquier outro recurso que estime conveniente.

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “DEPO AVENTURA A LANZADA” PARA O ANO 2017 EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO
DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DO 3 DE MARZO DE 2017 POLO
QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA
“DEPO AVENTURA A LANZADA” PARA O ANO 2017 BDNS(Identif.):335193
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións: www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
1. Persoas participantes
Poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos:
— Que nacesen entre 2004 e 2009 (ambos inclusive)
— Que estean empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra
— Que non padezan enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa
Poderán participar menores en situación de tutela ou garda pola Administración, que se atopen en acollemento residencial nun centro da provincia de Pontevedra.
No caso de menores que precisen un apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou doutra patoloxía, esta circunstancia deberá facerse constar no cuestionario de saúde e autonomía persoal, detallando do xeito máis preciso posible as súas necesidades específicas.
2. Obxecto
A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces, e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa “Depo Aventura A Lanzada” 2017 e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán a menores da provincia de Pontevedra.
Este programa lúdico e educativo inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades ao aire libre relacionadas coa natureza, artísticas, culturais, deportivas e xogos, entre outras, e introduce por primeira vez actividades en lingua inglesa, co fin de colaborar na formación das nosas mozas e mozos.

CONCELLO DE  GONDOMAR
BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN, POR LIBRE DESIGNACIÓN, DO POSTO DE TRABALLO DE XEFE DO CORPO DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE GONDOMAR.
1.—O Alcalde do Concello de Gondomar convocou, mediante Resolución da Alcaldía de data 03/03/2017, o proceso selectivo para a provisión, por libre designación, do posto de traballo de Xefe do Corpo da Policía Local do Concello de Gondomar, que a continuación se sinala:
• Grupos segundo o artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: A/C. Subgrupos: A2/C1. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais. Número de vacantes: 1. Denominación: Xefe do Corpo da Policía Local.
O sistema de selección dos aspirantes será o de libre designación, segundo se dispón nas bases que rexen a convocatoria.
2.—O proceso selectivo rexerase polas bases da convocatoria aprobadas por Resolución da Alcaldía de data 03/03/2017, que resultan do seguinte teor literal:

CONCELLO DE  A ILLA DE AROUSA
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2017 ANUNCIO
APROBACIÓN OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2017
Resolución de 08 de marzo de 2017 do Concello de A Illa de Arousa (Pontevedra), pola que se anuncia a oferta de emprego público de 2017.
Provincia: Pontevedra.
Corporación: A Illa de Arousa
Oferta de emprego público correspondente ó exercicio de 2017
Persoal Funcionario
Grupo segundo artigo 76 e Disposición Transitoria Terceira do Real Decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro: C1.
Clasificación: Escala de Administración Especial, Subescala de Servicios Especiais.
Clase: Policía Local
Denominación: Axente Policía Local.
Número de vacantes: 1

CONCELLO DE  MORAÑA
APROBACIÓN ORZAMENTO 2017 E D I C T O
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión ordinaria do día 07-03-2017, o orzamento xeral, as bases de execución, o cadro de persoal funcionario e laboral para o exercicio económico de 2017, de acordo co previsto no artigo 169 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e no artigo 20 do Real Decreto 500//1990, do 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva na secretaría deste concello, por prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente edicto no boletín oficial da provincia, co fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións e alegacións que se consideren oportunas.
Conforme ao acordo adoptado, o orzamento considerarase definitivamente aprobado si non se presentan reclamacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario