jueves, 23 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 23/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
23/03/2017
CONCELLO DE  CANGAS
DISOLUCIÓN ORGANISMO AUTÓNOMO-FUNDACIÓN DEPORTIVA E CULTURAL MUNICIPAL DO CONCELLO DE CANGAS  Anuncio de aprobación inicial
O Pleno do Concello de Cangas, en sesión ordinaria de data 10/03/2017, acordou aprobar inicialmente a disolución do Organismo Autónomo de carácter administrativo local Fundación Deportiva e Cultural Municipal do Concello de Cangas. A disolución levará aparellada a asunción por parte do Concello do persoal e do patrimonio pentencentes ao sinalado Organismo. En cumprimento da lexislación, sométese o expediente de disolución do devandito Organismo Autónomo a información pública polo prazo de vinte días a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as alegación que estimen oportunas.
Se transcurrido devandito prazo non se presentaron alegacións, considerarase aprobado definitivamente o devandito acordo.

CONCELLO DE  O ROSAL
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2017 ANUNCIO
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2017
A Xunta de Goberno Local deste Concello, en sesión ordinaria levada a cabo o día 23 de febreiro de 2017 aprobou, entre outros acordos, o que a continuación se transcribe en relación coa Oferta de Emprego Público do presente ano:
Primeiro.—Aproba-la Oferta de Emprego Público deste Concello para o ano 2017, que contén os seguintes postos de traballo:
PERSOAL FUNCIONARIO
Grupo
Clasificación
Nº de prazas
Denominación
C2
Escala de Administración Xeral;
Subescala Auxiliar
1
Auxiliar administrativo
C1
Escala de Administración Especial;
Subescala de Servicios Especiais
1
Policía Local
PERSOAL LABORAL FIXO
Grupo equivalente
Nº de prazas
Denominación
AP
2
Peóns de Servicios Varios
C2
1
Oficial de Servizos Varios
Segundo.—Así mesmo, acordou a súa publicación no taboleiro de anuncios deste Concello, na páxina web municipal e no Boletín Oficial da provincia.

CONCELLO DE  A ILLA DE AROUSA
APROBACIÓN PLAN DE FOMENTO E ESTÍMULO DO EMPREGO 2017
O Pleno deste Concello, en sesión celebrada en data 09 de marzo de 2017, acordou a aprobación das Bases reguladoras do Plan de Fomento e Estímulo do Emprego para o ano 2017 que se transcribe a continuación:
BASES REGULADORAS
PLAN DE FOMENTO E ESTÍMULO DO EMPREGO 2017


CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO
DAS COMARCAS DE DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO PARA O EXERCICIO 2017
Aprobado inicialmente polo Pleno do Consorcio para o Servicio Contraincendios e Salvamento das Comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, na sesión celebrada o día 22 de febreiro de 2017 o Orzamento para o exercicio económico 2017, en cumprimento do disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas locais, e disposicións concordantes, expónse o público nas dependencias do Consorcio, polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no boletín oficial da provincia, ós efectos de exame e reclamacións.
No caso de que non se formule ningunha reclamación ou suxerencia, entenderáse definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario