lunes, 6 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 06/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
06/03/2017
CONCELLO DE OIA
CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO DUN FUNCIONARIO INTERINO COA CATEGORÍA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO E FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NA CATEGORÍA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO ANUNCIO: CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO
Pola presente faise público que por decreto do día de hoxe, adoptamos a resolución que sigue:
PRIMEIRO: Aprobar as seguintes bases que rexerán o proceso selectivo destinado á selección dun FUNCIONARIO INTERINO coa categoría de AUXILIAR ADMINISTRATIVO ( Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar, Grupo C, subgrupo C2) por aplicación do previsto no artigo 10.1 b) do T.R. 5/2015 de 30 de outubro da lei do estatuto básico do empregado público, a fin de cubrir interinamente un posto reservado a funcionario en comisión de servicios, e autorizar ao mesmo tempo o gasto necesario para facer frente á selección e nomeamento, co seguinte detalle:
Salario bruto/ mes: (Grupo C, subgrupo C2 de titulación) 605,25€ / mes en 12 pagas ordinarias e 599,73 € /mes en dúas pagas extraordinarias.
Complemento de destino: ( nivel 18): 398,74 € / mes en 14 pagas.
Complemento específico: 411,66 € en 14 pagas.*
*As presentes contías son as que corresponden á Lei de orzamentos xerais do estado para 2016 prorrogada a 2017. En caso de que a nova Lei de orzamentos xerais para 2017 incorpore algunha modificación, aplicaráse cando proceda.

PROCESO PARA A SELECCIÓN DE DÚAS/DOUS TÉCNICAS/OS DE TURISMO PARA O CONCELLO DE OIA CON CARÁCTER DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, A TEMPO PARCIAL
Mediante Decreto 63/2017 de 17 de febreiro esta alcaldía acorda aprobar a convocatoria e bases que rexerán o procedemento selectivo para a selección de dous/dúas técnicos/as de turismo para o Concello de Oia con carácter de persoal laboral temporal.
O servicio prestaráse durante dous periodos: 9-16 de abril-semana santa, e 16 de Xuño a 17 de setembro, verán), con xornada parcial de 30 horas semanais e descanso continuado de día e medio ininterrumpido por semana.
As citadas bases poderán consultarse na sede electrónica do Concello de Oia., ( tanto no taboleiro de anuncios da sede como no portal de transparencia): oia.sedelectronica.es
O prazo para a presentación de solicitudes será de 8 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

CONCELLO DE POIO
LISTAXE DEFINITIVA ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUIDOS/AS, DATA CONSTITUCIÓN DE TRIBUNAL E REALIZACIÓN PRIMEIRA PROBA: ENXEÑEIRO/A TECNICO/A
Resolución: Pola que se aproba definitivamente a relación de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo de: Quenda Libre: Enxeñeiro/a Técnico/a
Dando cumprimento ao disposto na sexta das bases xerais e específicas que rexen a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Poio incluídas na oferta de emprego público 2015 e unha vez rematado o prazo establecido mediante anuncio publicado no BOP do 09 de febreiro de 2017, faise público a listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, procédese á publicación da composición do tribunal, data de constitución dos mesmos así como a data e hora para o comezo do primeiro exercicio.

CONCELLO DE VILA DE CRUCES
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO EXERCICIO 2017.EDICTO
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO EXERCICIO 2017
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada con data 22 de febreiro de 2017, o Orzamento Municipal para o exercicio 2017 que contén as Bases de Execución, Cadros de Persoal e Cadros de Retribucións, exponse ao público no Departamento de Interención do Concello de Vila de Cruces, polo prazo de quince (15 ) días hábiles, que comenzarán a contarse dende o día seguinte ao da inserción do presente Edicto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, co fin de que durante o mesmo, se poidan presenta-las reclamacións que se estimen oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e disposicións concordantes. En caso de non haber reclamacións, considerarase aprobado definitivamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario