lunes, 13 de marzo de 2017

BOLETINES 13/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
13/03/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE DÚAS PRAZAS DE CONDUTORES VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
“De conformidade coa proposta do xefe do Parque Móbil e en virtude do establecido no artigo 34.g da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, modificada pola Lei 11/99, de 21 de abril, e segundo a Resolución da Presidencia, de 22 de xullo de 2015, pola que se delegan neste deputado as competencias en materia de persoal, RESOLVO aprobar esta convocatoria para cubrir interinamente dúas prazas de condutores vacantes no cadro de persoal funcionario, que se rexerá polas seguintes:

CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE UNHA PRAZA DE OFICIAL DE IMPRENTA VACANTE NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte RESOLUCIÓN:
“De conformidade coa proposta do xefe de sección da imprenta e en virtude do establecido no artigo 34.g da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, modificada pola Lei 11/99, de 21 de abril, e segundo a Resolución da Presidencia, de 22 de xullo de 2015, pola que se delegan neste deputado as competencias en materia de persoal, RESOLVO aprobar esta convocatoria para cubrir interinamente unha praza de oficial de imprenta vacante no cadro de persoal funcionario, que se rexerá polas seguintes:
Bolsa de práctica laboral

CONVOCATORIA DE 200 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA A DEPUTACIÓN E OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2017
Con fundamento no artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión de 10 de febreiro de 2017, acorda aprobar a convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral para a Deputación e os concellos da provincia de Pontevedra, que se rexerá conforme ás seguintes: BASES
Primeira. Obxecto
Estas Bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 200 bolsas de práctica laboral, relacionadas no anexo I desta convocatoria e destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación académica, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.

CONCELLO DE PONTEVEDRA
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA A PRAZA DE AUXILIAR PROMOCIÓN INTERNA
RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO DE GOBERNO RESPONSABLE DA ÁREA DE RÉXIME INTERIOR, PERSOAL E PATRIMONIO POLA QUE SE APROBA A RELACIÓN DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E SE FIXA A DATA DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR UNHA PRAZA VACANTE DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO NO CONCELLO DE PONTEVEDRA POLA QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA INCLUÍDA NA OEP DO ANO 2015
Por Resolución do concelleiro de goberno responsable da Área de Réxime Interior, Persoal e Patrimonio publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) nº 20 de data 30/01/2017, fíxose pública a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos e a composición do tribunal do proceso selectivo convocado para cubrir unha praza vacante de auxiliar administrativo no Concello de Pontevedra pola quenda de promoción interna incluída na Oferta Emprego Pública do ano 2015.

CONCELLO DE VIGO
MODIFICACIÓN PUNTUAL DA VIXENTE RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO, EXPTE. Nº 9.120/407 A N U N C I O
PRESUPOSTOS E CADROS DE PERSOAL
MODIFICACIÓN PUNTUAL DA VIXENTE RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria de 30 de decembro de 2016, acordou modificar a Relación de Postos de Traballo do Organismo Autónomo Xerencia Municipal de Urbanismo (Expediente administrativo nº 9.120/407).
En cumprimento do preceptuado no artigo 202 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, o devandito documento foi publicado no Boletín Oficial da Provincia o 20.01.2017, expoñéndose ao público o citado expediente nos Servizos Centrais desta Xerencia Municipal de Urbanismo durante o prazo de 20 días hábiles, ós efectos de presentación de reclamacións, suxerencias ou alegacións.
Por non terse presentado reclamacións, suxerencias ou alegacións durante dito prazo, considerarase definitivamente aprobada a devandita modificación da relación de postos de traballo, que queda configurada como se anexa a continuación.
Contra dita aprobación definitiva poderase interpoñer recurso de reposición no prazo de 1 mes ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo no prazo de 2 meses, ambos prazos contados desde a data de publicación deste anuncio.

CONCELLO DE COVELO
APROBACIÓN DEFINITIVA PRESUPOSTO 2017 E D I C T O
Aprobado definitivamente polo Pleno do Concello o Orzamento Municipal para o exercicio de 2017 por acordo adoptado na sesión ordinaria do Pleno Municipal de data 20 de xaneiro de 2017, ó non haberse producido reclamacións no período de exposición pública á aprobación inicial do mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, faise público que o devandito presuposto ascende, tanto en ingresos como en gastos, á contía de UN MILLÓN CINCOCENTOS CORENTA E CATRO MIL DOUSCENTOS DECASETE EUROS (1.544.217,00 euros), correspondendo a cada capítulo, as cantidades que a seguir se expresan:

CONCELLO DE A GUARDA
APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO 2017
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 21.12.2016, aprobou o orzamento municipal para o exercizo 2017, procedéndose a súa exposición ó público polo prazo de 15 días, en cumprimento do artigo 169.1 do Texto Refundido da Ley Reguladora das Facendas Locais, previo anuncio no Taboleiro de Anuncio do Concello e no Boletín Oficial de Pontevedra nº 249 de data 30.12.2016.
Ó remate do prazo de exposición pública presentáranse alegacións por parte do Grupo Municipal do Partido Popular e de Eulogio P. Abeleira Cabaleiro
Á vista das alegacións presentadas e dos informes elaborados ó respecto, o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 23.02.2017 acordou:
1. Inadmitir as alegacións presentadas ó orzamento municipal para o exercizo 2017 por falta de lexitimación activa dos alegantes.
2. Aprobar definitivamente o orzamento municipal para o exercizo 2017, procedéndose, en cumprimento do artigo 169.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, a súa publicación no Boletín Oficial de Pontevedra resumido por capítulos.

CONCELLO DE A LAMA
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO MUNICIPAL 2017
Aprobado definitivamente polo Pleno do Concello o Orzamento Municipal para o exercicio de 2017 por acordo adoptado na sesión ordinaria do Pleno Municipal de data 31 de xaneiro de 2017, ao non haberse producido reclamacións, no período de exposición pública, á aprobación inicial do mesmo, en cumprimento co disposto polo artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, faise público que o devandito presuposto ascende, tanto en gastos coma en ingresos, á contía dun millón catrocentos cincuenta e catro mil douscentos catro euros con sesenta e cinco céntimos (1.454.204,65 euros), correspondendo a cada capítulo, as cantidades que a seguir se expresan:


DOG                              Descripción: dog
13/03/2017
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONCELLO DE BAIONA
ANUNCIO de prolongación da supensión de designación da praza de arquitecto técnico.
Por Resolución da Alcaldía con data do 8.2.2017, e á vista do recurso do contencioso-administrativo número 1 polo aspirante Jacobo Lusquiños Otero, contra a Resolución da Alcaldía con data do 30.11.2016 e Resolución da Alcaldía con data do 5.12.2016, adoptouse acordo de prolongar a suspensión da execución do acto de nomeamento e toma de posesión do aspirante proposto polo tribunal cualificador José Manuel Alejos González ata que se poña fin á vía contencioso-administrativa. O que se publica para o xeral coñecemento.

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as bases que rexen a convocatoria de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional. 12445 Descargar PDF



BOE                             Descripción: boe    
13/03/2017
MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA Cuerpo de Arquitectos Técnicos al servicio de la Hacienda Pública
Resolución de 3 de marzo de 2017, de la Secretaría de Estado de Función Pública, por la que se nombran funcionarios de carrera, por el sistema general de acceso libre y promoción interna, del Cuerpo de Arquitectos Técnicos al servicio de la Hacienda Pública. PDF (BOE-A-2017-2675 - 4 págs. - 249 KB) 

MINISTERIO DE SANIDAD, SERVICIOS SOCIALES E IGUALDAD Destinos
Resolución de 28 de febrero de 2017, de la Subsecretaría, por la que se resuelve el concurso general, convocado por Resolución de 17 de noviembre de 2016, en el Instituto de la Juventud.
PDF (BOE-A-2017-2677 - 4 págs. - 183 KB) Otros formatos

MINISTERIO DEL INTERIOR Cuerpo Nacional de Policía
Resolución de 8 de marzo de 2017, de la Dirección General de la Policía, por la que se declaran admitidos a la fase de curso a los aspirantes que han obtenido mayor puntuación del concurso, para la provisión de plazas de Facultativos y Técnicos en el Cuerpo Nacional de Policía, convocado por Resolución de 28 de julio de 2016. PDF (BOE-A-2017-2690 - 4 págs. - 256 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES Y DE COOPERACIÓN Traductores-Intérpretes Jurados
Resolución de 8 de marzo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se convocan exámenes para la obtención del título de Traductor-Intérprete Jurado. PDF (BOE-A-2017-2705 - 5 págs. - 188 KB) Otros formatos
11/03/2017
MINISTERIO DE JUSTICIA Demarcación y planta judicial
Real Decreto 229/2017, de 10 de marzo, por el que se crean 16 plazas de magistrados en órganos colegiados para hacer efectiva la segunda instancia penal. PDF (BOE-A-2017-2624 - 6 págs. - 191 KB) 
Otros formatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario