martes, 21 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 21/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
21/03/2017
CONCELLO DE  BAIONA
APROBACIÓN INICIAL PRESUPOSTO PARA O EXERCICIO 2017
Aprobado inicialmente por el Pleno del Ayuntamiento de Baiona, en sesión de 10 de marzo de 2017, el Presupuesto General del Ayuntamiento de Baiona para el año 2017, en cumplimiento de lo establecido en el artículo 169 del Texto Refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales, aprobada por Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, se anuncia la exposición al público por un plazo de 15 días hábiles, que comenzarán a contarse desde el día siguiente a la inserción del presente anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia, a fin de que durante el mismo los interesados, puedan examinarlo y formular las reclamaciones que estiman oportunas. Si durante este plazo no se presentan reclamaciones al Presupuesto se considerará definitivamente aprobado

CONCELLO DE  CANGAS
EXTRACTO RESOLUCIÓN APROBACIÓN BASES SUBVENCIÓN BOLSEIRAS TURISMO 2017
O Concello de Cangas publica o extracto da Resolución de Alcaldía de data 16 de marzo de 2017 pola que se convocan dúas bolsas ou becas para a realización de prácticas nas oficinas de turismo de Cangas para o ano 2017, polo procedemento de concorrencia competitiva.
Primeiro. Beneficiarios
Poderán solicitar estas becas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
— Ter a nacionalidade española ou ser membro dun país da Unión Europea.
— Estar en posesión das seguintes titulacións: Técnico superior de información e comercialización turística; Técnico superior en guía información e asistencia turística; Técnico en empresas o actividades turísticas; Licenciatura, grao ou Diplomatura en turismo.
— Estas titulacións deben estar finalizadas nos 10 anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria.
— Non padecer enfermidade nin defecto que impida o normal desenvolvemento das funcións inherentes ao posto de traballo.
— Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas habituais das prazas que se convocan.
— Non atoparse incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións
— Non estar incurso en ningunha outra causa de incapacidade ou incompatibilidade determinada na lexislación vixente
Segundo. Obxecto
A subvención ten por finalidade convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, dúas bolsas para persoas tituladas, graduadas ou diplomadas en turismo por unha duración total de cinco meses para a adquisición de formación práctica mediante a realización de labores de información turística nas oficinas de turismo do municipio de Cangas tempo que se distribuirá en tres períodos coincidentes cos de maior actividade turística no Concello co fin de que as persoas seleccionadas conten cun aproveitamento axeitado de cara a súa formación.
A bolsa ascenderá a un total de 690 euros brutos mensuais cunha duración de 5 meses repartidos nos períodos de tempo que se indican:
— Do 7 ao 16 de abril de 2017
— Do 1 de maio ao 15 de setembro de 2017
— Do 6 ao 10 de decembro de 2017
O primeiro período estará supeditado á data de remate do proceso de selección de tal xeito que de rematar este con posterioridade a duración deste acrecentará o período posterior no xeito que se indique con antelación as persoas seleccionadas
Terceiro. Bases reguladoras
As bases reguladoras da concesión destas subvencións están publicadas integramente:
— Na sede electrónica do Concello: http://cangas.sedelectronica.gal/board//
— Na páxina web do Concello: http://cangas.gal/
Cuarto. Contía da axuda
Os créditos orzamentarios aos que se imputa a subvención son os seguintes 2017-0-432-48, e a contía total máxima da subvención convocada é de 7.000€ .
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán facelo constar no modelo de instancia que figura como anexo da convocatoria dirixida ao Alcalde-Presidente do Concello de Cangas, que deberá ser entregada no Rexistro Xeral do Concello de Cangas, ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas, no prazo de dez días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.
Sexto. Outros datos
As instancias deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
— Fotocopia cotexada, por ámbalas dúas caras, do DNI.
— Fotocopia cotexada do título ou do recibo do depósito do título.
— Para a valoración da fase concurso as persoas aspirantes deberán entrega-los documentos xustificativos que estimen oportunos (orixinais ou fotocopias cotexadas). O tribunal terá en conta a coherencia da documentación aportada cós méritos a valorar, considerándose preferentemente para estes efectos as certificacións administrativas ou títulos oficiais. Os méritos non xustificados documentalmente ou insuficientemente xustificados, non serán obxecto de valoración.
Toda a documentación aportada deberá presentarse debidamente cotexada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario