jueves, 9 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 09/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
09/03/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
BASES DO CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS NOVOS VALORES 2017
O deputado delegado na Área de Cultura e Lingua desta Deputación, mediante resolución presidencial núm. 2017003717, de 2 de marzo de 2017, aprobou as seguintes bases:
BASES DO CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS NOVOS VALORES 2017
A promoción de actividades culturais, en xeral, e a das manifestacións artísticas, en particular, é un dos trazos que máis e mellor significan á Deputación de Pontevedra ao longo da súa historia. E un dos fitos máis destacados deste labor de patrocinio é a concesión de axudas a creadoras e creadores noveis, xa documentadas na segunda metade do século XIX e con continuidade na actualidade.
A recente e exitosa conmemoración do centenario da chegada de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao á cidade de Pontevedra, a transcendencia que para o desenvolvemento das nosas manifestacións artísticas tivo a súa implicación persoal no proceso de reformulación das bases que, para a concesión de pensións a novos autores por parte da Deputación Provincial, se materializou en 1925 e os brillantes resultados, polo número e calidade das obras que se presentaron á convocatoria do pasado ano, invita a continuar pola senda da recuperación de fórmulas de apoio a esa categoría de creadoras e creadores cuxa eficacia está historicamente acreditada.
Amparada nestes sólidos fundamentos a Deputación de Pontevedra convoca o Certame de Artes Plásticas Novos Valores 2017, que se rexerá polas seguintes


CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO
APROBACIÓN INICIAL CONTA XERAL 2016
En cumprimento de canto dispón o artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2016, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN
CONVOCATORIA E BASES DO CONCURSO, POR URXENCIA, PARA A SELECCIÓN DE UN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO
CONVOCATORIA E BASES DO CONCURSO, POR URXENCIA, PARA A SELECCIÓN DE UN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO CON CONTRATO LABORAL TEMPORAL PARA OBRA OU SERVIZO DETERMINADO.-
Mediante resolución da Alcaldía do 2 de marzo de 2017, aprobáronse as bases para a contratación urxente, por concurso, de un posto de traballo denominado “Auxiliar administrativo de servizos sociais”, en réxime laboral, que se transcriben.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais que se contarán dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA E DO SEU ORGANISMO AUTÓNOMO FPSDM CORRESPONDENTE AO EXERCICIO ECONÓMICO DO 2017. EDICTO
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 2 de marzo de 2017, o Orzamento Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa e do seu Organismo Autónomo FPSDM correspondente ao exercicio económico de 2017, no que se inclúe o anexo de inversións, as bases de execución do orzamento, o cadro de persoal (plantilla) a relación de postos de traballo, e o teito de gasto non financieiro para o exercicio 2017.
En cumprimento do disposto no artigo 169.1 do RDL 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais e disposicións concordantes, exponse ao público na Intervención deste Concello, por prazo de quince días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, que deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde- Presidente desta Corporación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario