lunes, 20 de marzo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 20/03/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
20/03/2017
CONCELLO DE  PONTEVEDRA
LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NA PRAZA DE SUBALTERNO OEP 2015 ANUNCIO
“RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO DE GOBERNO RESPONSABLE DA ÁREA DE RÉXIME INTERIOR PERSOAL E PATRIMONIO POLA QUE SE APROBA A RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E A COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR TRES PRAZAS DE SUBALTERNO DE ADMINISTRACIÓN XERAL POLA QUENDA LIBRE INCLUÍDAS NA OEP DO ANO 2010 E NA OEP DO ANO 2015
Publicadas no BOP núm.144, do venres 29 de xullo de 2016, as bases xerais e específicas que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na OEP 2010 e na OEP 2015, realizados os trámites pertinentes para a formación dos Tribunais cualificadores e finalizado o período establecido para a presentación de instancias (do 20/08/2016 ao 08/09/2016, ambos inclusive), esta Concellería de Goberno, de conformidade coas bases aprobadas e en exercicio das súas atribucións delegadas,
RESOLVE
Primeiro.—LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
Aprobar a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos á proba de selección convocada para a cobertura de tres prazas de subalterno de administración xeral pola quenda libre do Concello de Pontevedra incluídas na OEP 2010 e na OEP 2015, segundo se relacionan a continuación.

CONCELLO DE  VIGO
BASES ESPECÍFICAS DA CONVOCATORIA DE BOLSAS EOI 2017
BASES ESPECÍFICAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS “CONCELLO DE VIGO” PARA ESTANCIAS LINGÜÍSTICAS NO ESTRANXEIRO PARA ALUMNADO DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE VIGO, ANO 2017.
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 23 de decembro de 2016, adoptou o seguinte acordo:
Aprobar as Bases reguladoras da Convocatoria de bolsas “Concello de Vigo” para Estancias Linguísticas no estranxeiro de alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV) para o ano 2017. (Expte18421/332)
PRIMEIRA.—Obxecto e finalidade
A presente convocatoria ten como obxecto regular o procedemento para a selección e adxudicación de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, entre o alumnado da EOI de Vigo que curse os seus estudos no presente curso académico, en calquera dos niveis Intermedio I e II, Avanzado I e II dos Departamentos dos idiomas inglés, francés, alemán e italiano; nos niveis Avanzado I e II do Departamento do idioma portugués; nos niveis Intermedio I, II e III e Avanzado I e II do Departamento do idioma xaponés e nos niveis Intermedio I, II e III do Departamento do idioma chinés; a fin de que participe nun programa educativo no país do idioma correspondente.
A finalidade destas bolsas é contribuír a mellorar a competencia e capacitación en linguas estranxeiras fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional.

CONCELLO DE  BUEU
INCOACIÓN DO PROCEDEMENTO DE DISOLUCIÓN E EXTINCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL DENOMINADO "INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES", DEPENDENTE DO CONCELLO DE BUEU
ANUNCIO RELATIVO Á APROBACIÓN INICIAL DA PROPOSTA DE INCOACIÓN DO PROCEDEMENTO DE DISOLUCIÓN E EXTINCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL DENOMINADO INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES (IMD) DEPENDENTE DO CONCELLO DE BUEU.
Expediente: Incoación do procedemento de disolución e extinción do organismo autónomo local denominado Instituto Municipal de Deportes (IMD) dependente do concello de Bueu.
Trámite: Anuncio de aprobación inicial.
O Pleno do Concello, na sesión ordinaria celebrada o día 06.03.2017, prestou aprobación inicial á proposta da alcaldía, de 07.02.2017 (C.V: 4RCSX65C4SDGHNRZCHDM6WLKE) de incoación do procedemento de disolución e extinción do organismo autónomo local (OAL) denominado Instituto Municipal de Deportes (IMD) dependente do concello de Bueu,CIF Q3600412E, e domicilio social na Avenida do Instituto s/n, 36930, de Bueu.
De conformidade co indicado acordo plenario, sométese o expediente a exposición pública para que por quen se considere interesado podan presentarse as alegacións ou suxestións que se entendan oportunas nos termos e co cumprimento das formalidades esixibles no art. 45 da L39/2015.
O acordo plenario de aprobación inicial se entenderá elevado a definitivo no suposto de non presentación de reclamacións e suxestións en prazo.
A estes efectos publicarase anuncio de exposición pública no Boletín Oficial da Provincia e, de xeito complementario no Taboleiro de anuncios do Concello electrónico do concello (accesible dende a sede electrónica do mesmo https://bueu.sedelectrónica.gal ). O prazo para o exame do expediente e presentación de alegacións é de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Asemade, de forma complementaria e a efectos informativos publicarase o devandito anuncio na páxina web do concello ( www.concellodebueu.org).

CONCELLO DE  CANGAS
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2017
O Pleno Municipal aprobou inicialmente, en sesión ordinaria de data do 10/03/2017, o Orzamento Xeral do Concello de Cangas, as bases de execución e o cadro de persoal para o exercicio económico 2017, polo que en cumprimento do establecido no artigo 169 do texto refundido da Lei reguladora das facendas Locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e no artigo 20 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, exponse ó público o expediente e a documentación preceptivva polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio, para a presentación das alegacións ou reclamación que se consideren oportunas.
De non presentarse reclamacións durante o indicado prazo, o Orzamento considerase definitivamente aprobado.

CONCELLO DE  RIBADUMIA
APROBACIÓN DE FICHEIROS DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DO CONCELLO DE RIBADUMIA: “FICHEIRO DE CONTROL BIOMÉTRICO”. ANUNCIO
O Pleno Municipal, en sesión celebrada con data dous de marzo de dous mil dezasete, en sesión ordinaria, adoptou por unanimidade, o acordo do tenor literal seguinte:
10.-—APROBACIÓN DE FICHEIROS DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DO CONCELLO DE RIBADUMIA: “FICHEIRO DE CONTROL BIOMÉTRICO”.-
Dase conta á Corporación que coa finalidade de levar a cabo un control laboral, horarios, vacacións, días libres e demáis circuntancias laboráis do persoal funcionario e laboral do Concello de Ribadumia e a xestión en materia de recursos humanos, e para a recollida de datos da huella dixital de dito persoal é preciso crear un ficheiro de datos de carácter persoal, segundo o artigo 20 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, en concordancia co artigo 52 do Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal aprobado por Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario