martes, 30 de mayo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 30/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
30/05/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CONVOCATORIA DIRIXIDA ÓS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA QUE IMPARTAN ENSINANZAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
ANUNCIO DE CONVOCATORIA DIRIXIDA AOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA QUE IMPARTAN ENSINANZAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA PARTICIPAR NO PROXECTO EDUCATIVO DEPOEMPRENDE NA ESCOLA 2017-2018
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden, entre outras, as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, aprobou no ano 2010 o Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, Eduemprende, que ten como obxectivo estratéxico a implantación, na comunidade educativa, dunha cultura emprendedora co fin de mellorar a competitividade das nosas empresas e a empregabilidade do alumnado galego. Así, no Decreto 105/2014, de 4 de setembro, establécese o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, e no seu artigo 11 faise referencia ao emprendemento como elemento transversal que se traballará en todas as materias.
A Deputación de Pontevedra, dentro da liña de promoción do emprendemento que está a impulsar en diferentes áreas, apoia o desenvolvemento de proxectos que contribúan ao estímulo da cultura emprendedora no sistema educativo e conta con persoal cualificado e recursos materiais para integrar novas actividades na programación dos centros educativos.
Por isto, proponse realizar unha convocatoria dirixida aos centros educativos públicos de educación primaria e de educación especial da provincia de Pontevedra para que participen no proxecto “DepoEmprende na escola” 2017-2018, que consiste nun programa educativo que pretende promover a adquisición da competencia emprendedora utilizando unha metodoloxía na que o alumnado é o protagonista e centro da súa propia aprendizaxe, cun traballo desde a práctica, a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar nas aulas que fabrique produtos que se venderán unha vez ao ano, nun mercado ou feira da súa localidade.

CONCELLO DE VIGO
EDITO RELATIVO A RENDICIÓN E DITAME DA CONTA XERAL DO CONCELLO E
O SEU ORGANISMO AUTÓNOMO XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO 2016
Formulada a Conta Xeral do Concello de Vigo, conformada pola conta da Entidade Local e o seu Organismo Autónomo Administrativo: Xerencia Municipal de Urbanismo, correspondente ao ano 2016, rendida por Resolución da Alcaldía Presidencia de data 5 de maio de 2017 e ditaminada pola Comisión Especial de Contas en sesión celebrada o 24 de maio de 2017, exponse ao público cos documentos que a xustifican, por un espazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ao da inserción do presente edito no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, ao obxecto de que os interesados lexítimos poidan examinar a documentación e formular reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes durante o devandito prazo de exposición e os oito días seguintes, conforme ao que se preceptúa no artigo 212.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

CONCELLO DE MARÍN
CORRECIÓN DE ERROS, ANUNCIO BASES OFICIAL ELECTRICISTA
Expte: 76/2017 “ BASES SELECCIÓN DUN FUNCIONARIO INTERINO COA CATEGORIA DE OFICIAL ELECTRICISTA”.- corrección erros.
No BOP de Pontevedra nº 57 de 22 de marzo de 2017 foron publicadas as “Bases selección dun funcionario interino coa categoría de oficial electricista”.
Téndose detectado un erro nas devanditas bases, esta Alcaldía, de acordo co previsto no artigo 109.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas que permite as mesmas “rectificar en cualquier momento, de oficio o a instancia de los interesados, los errores materiales, de hecho o aritméticos existentes en sus actos”, RESOLVE:
Primeiro.-Rectificar o erro material detectado nas “Bases selección dun funcionario interino coa categoría de oficial electricista”, publicadas no Boletín oficial da provincia de Pontevedra nº 57, de 22 de marzo de 2017, de xeito as bases 4 y 5 , queden redactadas como sigue:

1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar