martes, 23 de mayo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 23/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
23/05/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CONVOCATORIA DE NOMEAMENTO INTERINO DUN ASESOR XURÍDICO DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL IMPLANTACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de Persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
A proposta da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra e de conformidade co establecido no artigo 34.g da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, de 21 de abril, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade, RESOLVO aprobar a convocatoria de nomeamento de funcionariado interino para a execución de programas de carácter temporal dun asesor xurídico de Administración electrónica, e que se rexerá polas seguintes
BASES
Primeira. Obxecto da convocatoria
Esta convocatoria ten por obxecto o nomeamento de funcionariado interino para a execución de programas de carácter temporal dun asesor xurídico de Administración electrónica, con grupo de clasificación A1, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade, e con fundamento no artigo 10.1.c do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; Lei 2/2015, de 29 de abril, do empregado público de Galicia; artigo 27.1.2 do Real decreto 364/1995, de 10 de marzo; disposición adicional primeira do Real decreto 896/1991, de 7 de xuño; Orde APU 1461/2002, de 6 de xuño, sobre selección e nomeamento de persoal funcionario interino e Decreto 95/1991, de 20 de marzo, da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo os principios de mérito e capacidade.
Este nomeamento interino ten por obxecto a realización de labores de consultoría e seguimento do proceso de implantación da Administración electrónica, tanto na súa vertente externa (a relación electrónica da Deputación de Pontevedra con outras administracións, empresas e particulares, xa sexa a través da sede electrónica ou por outros medios), como na súa vertente interna (implantación da tramitación electrónica de todos os expedientes, sinaturas electrónicas, catalogación de todos os expedientes, creación de perfís de persoas usuarias etc). As funcións deste posto concrétanse en emitir informes xurídicos baixo a superior dirección do secretario xeral da institución provincial, resolver as dúbidas que susciten as adaptacións requiridas na tramitación electrónica, coordinar a catalogación integral de todos os procedementos en colaboración cos distintos centros e servizos do organismo provincial etc.
Segunda. Sistema de selección
Establécese o sistema de concurso-oposición libre.

CONVOCATORIA PÚBLICA DE SELECCIÓN DO PERSOAL QUE INTEGRARÁ A BOLSA DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE PERSOAL ADMINISTRATIVO DO ORAL RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de Persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
Segundo proposta do director do Órgano de Xestión Tributaria e de Recadación dos Recursos Locais da Deputación de Pontevedra (ORAL) o incremento sistemático de delegacións tributarias realizadas polos concellos da provincia –xestionadas polo ORAL– a implementación de novos mecanismos e procedementos de xestión e recadación tributaria interna na procura de mellorar os índices de efectividade das actuacións realizadas, así como a propia complexidade intrínseca das tarefas de xestión e recadación dos tributos locais obrigan a este servizo do organismo provincial a desenvolver actuacións moi complexas coa celeridade e a efectividade debida coa finalidade de evitar prexuízos, tanto para as e os contribuíntes da provincia como para os concellos que lle confiaron parte da súa fiscalidade á institución provincial.
Ademais do exposto, para a atención das necesidades dos concellos, o ORAL presta servizos de xeito presencial en 21 concellos da provincia ademais de Pontevedra, cun número de traballadoras e traballadores variable. Esta disposición irregular do persoal orixina moitos problemas na xestión e reparto das cargas de traballo, principalmente nas oficinas que contan con só unha ou dúas persoas empregadas.
Ademais o incremento de traballo derivado dos diferentes períodos de cobro nos que se emiten milleiros de recibos nun curto período de tempo, as emisións puntuais de liquidacións, as notificacións das premas, as atencións derivadas dos embargos ou os procedementos excepcionais de revisión ou inspección, orixinan cargas puntuais de traballo que non poden ser asumidas polo cadro de persoal do Servizo.
Por este motivo é indispensable, para unha adecuada xestión, que a dotación actual de persoal deste servizo non sexa alterada substancialmente por eventualidades derivadas da concesión de permisos, licencias, vacacións ou incapacidades temporais e, por outro lado, que poida ser reforzada nos períodos de maior carga de traballo para que non se produza un estancamento nas tarefas que se deben desenvolver.
Con este fin, propónselle á Presidencia a creación dunha bolsa de traballo que lle permita a este Servizo dispoñer dun mínimo de traballadoras e traballadores con capacitación tributaria, coa finalidade de cubrir tanto o exceso de traballo que non poida ser atendido polo cadro de persoal coma as substitucións nos casos de ausencia.
As modalidades de vinculación que se lle aplicarán á citada bolsa de emprego serán as seguintes:
 Para a cobertura de postos reservados para o persoal funcionario, o nomeamento previsto nos artigos 23.2, apartados b, c e d, da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o artigo 10.1, apartados b, c e d, do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto básico do empregado público
 Para a cobertura dos postos reservados a persoal laboral, as modalidades contractuais previstas no Real decreto 2720/1998, de 18 de decembro, e no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores
En consecuencia, co fin de establecer un procedemento baseado nos principios de igualdade, mérito e capacidade e que asegure a adecuada celeridade na selección, nos nomeamentos e na contratación do persoal en casos de urxencia e necesidade, considerando o disposto no artigo 19 do I Convenio colectivo de persoal laboral desta Deputación Provincial e no artigo 21 do V Acordo Regulador de persoal funcionario, RESOLVO aprobar a convocatoria pública de selección do persoal que integrará a bolsa de emprego da Deputación de Pontevedra de persoal administrativo do ORAL para nomeamentos interinos e contratacións laborais temporais, que se rexerá polas seguintes

CONCELLO DE A ESTRADA
BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO (PERSOAL LABORAL TEMPORAL), PARA AS DEPENDENCIAS DA POLICÍA LOCAL
Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 412/2017, do 5 de maio de 2017, aprobáronse as bases para a provisión, polo sistema de oposición libre, dun posto de persoal auxiliar administrativo para as dependencias da policía local, en réxime laboral temporal.
BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUN POSTO DE PERSOAL AUXILIAR ADMINISTRATIVO (PERSOAL LABORAL TEMPORAL) PARA AS DEPENDENCIAS
DA POLICÍA LOCAL
Primeira. Normas xerais
O obxecto das presentes bases é a provisión, mediante o sistema de oposición libre, dun posto de persoal auxiliar administrativo para as dependencias da Policía Local en réxime laboral temporal. A finalidade é, axilizar os trámites administrativos por razóns transitorias da escasez de persoal adscrito ao corpo da policía local.


CONCELLO DE FORCAREI
MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DO SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE FORCAREI, E DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (DEPENDENCIA E BÁSICO).
Exposición inicial
O Pleno Municipal na sesión ordinaria do 20 de abril de 2017, acordou a modificación:
— Regulamento regulador do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Forcarei.
— Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar (dependencia e básico9 do Concello de Forcarei
De conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 17 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais,o dito expediente está exposto na Secretaría Xeral do Concello durante o prazo de trinta días contados dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, aos efectos da presentación de reclamacións ou suxestións ou suxerencias por parte dos interesados.
De non presentarse ningunha reclamación durante o período sinalado, o Regulamento considerarase definitivamente aprobado.

CONCELLO DE MEIS
EDICTO DA APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL DO ANO 2017 EDICTO
Transcorrido o prazo de exposición ao público do orzamento xeral deste Concello para o ano 2017,aprobado inicialmente na sesión plenaria extraordinaria de data 27 de marzo de 2017 ( B.O.P. nº 69 de data 7 de abril de 2017), sen presentación de reclamacións, enténdese definitivamente aprobado, polo que en cumprimento do disposto no artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo e no artigo 20.3 do Real Decreto 500/90, do 20 de abril, faise público o citado orzamento resumido por capítulos:
AsÍ mesmo, queda definitivamente aprobado o cadro de persoal para o exercicio económico 2017 co seguinte detalle:
Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse directamente recurso contencioso- administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no B.O.P.
A interposición do citado recurso non suspenderá por sí so a aplicación do orzamento definitivamente aprobado, tal e como determina o artigo 171.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario