martes, 23 de mayo de 2017

BOLETINES 23/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
23/05/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CONVOCATORIA DE NOMEAMENTO INTERINO DUN ASESOR XURÍDICO DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL IMPLANTACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de Persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
A proposta da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra e de conformidade co establecido no artigo 34.g da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, de 21 de abril, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade, RESOLVO aprobar a convocatoria de nomeamento de funcionariado interino para a execución de programas de carácter temporal dun asesor xurídico de Administración electrónica, e que se rexerá polas seguintes
BASES
Primeira. Obxecto da convocatoria
Esta convocatoria ten por obxecto o nomeamento de funcionariado interino para a execución de programas de carácter temporal dun asesor xurídico de Administración electrónica, con grupo de clasificación A1, por razóns de urxencia e inaprazable necesidade, e con fundamento no artigo 10.1.c do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; Lei 2/2015, de 29 de abril, do empregado público de Galicia; artigo 27.1.2 do Real decreto 364/1995, de 10 de marzo; disposición adicional primeira do Real decreto 896/1991, de 7 de xuño; Orde APU 1461/2002, de 6 de xuño, sobre selección e nomeamento de persoal funcionario interino e Decreto 95/1991, de 20 de marzo, da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo os principios de mérito e capacidade.
Este nomeamento interino ten por obxecto a realización de labores de consultoría e seguimento do proceso de implantación da Administración electrónica, tanto na súa vertente externa (a relación electrónica da Deputación de Pontevedra con outras administracións, empresas e particulares, xa sexa a través da sede electrónica ou por outros medios), como na súa vertente interna (implantación da tramitación electrónica de todos os expedientes, sinaturas electrónicas, catalogación de todos os expedientes, creación de perfís de persoas usuarias etc). As funcións deste posto concrétanse en emitir informes xurídicos baixo a superior dirección do secretario xeral da institución provincial, resolver as dúbidas que susciten as adaptacións requiridas na tramitación electrónica, coordinar a catalogación integral de todos os procedementos en colaboración cos distintos centros e servizos do organismo provincial etc.
Segunda. Sistema de selección
Establécese o sistema de concurso-oposición libre.

CONVOCATORIA PÚBLICA DE SELECCIÓN DO PERSOAL QUE INTEGRARÁ A BOLSA DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE PERSOAL ADMINISTRATIVO DO ORAL RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado, en virtude das competencias delegadas da Presidencia en materia de Persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
Segundo proposta do director do Órgano de Xestión Tributaria e de Recadación dos Recursos Locais da Deputación de Pontevedra (ORAL) o incremento sistemático de delegacións tributarias realizadas polos concellos da provincia –xestionadas polo ORAL– a implementación de novos mecanismos e procedementos de xestión e recadación tributaria interna na procura de mellorar os índices de efectividade das actuacións realizadas, así como a propia complexidade intrínseca das tarefas de xestión e recadación dos tributos locais obrigan a este servizo do organismo provincial a desenvolver actuacións moi complexas coa celeridade e a efectividade debida coa finalidade de evitar prexuízos, tanto para as e os contribuíntes da provincia como para os concellos que lle confiaron parte da súa fiscalidade á institución provincial.
Ademais do exposto, para a atención das necesidades dos concellos, o ORAL presta servizos de xeito presencial en 21 concellos da provincia ademais de Pontevedra, cun número de traballadoras e traballadores variable. Esta disposición irregular do persoal orixina moitos problemas na xestión e reparto das cargas de traballo, principalmente nas oficinas que contan con só unha ou dúas persoas empregadas.
Ademais o incremento de traballo derivado dos diferentes períodos de cobro nos que se emiten milleiros de recibos nun curto período de tempo, as emisións puntuais de liquidacións, as notificacións das premas, as atencións derivadas dos embargos ou os procedementos excepcionais de revisión ou inspección, orixinan cargas puntuais de traballo que non poden ser asumidas polo cadro de persoal do Servizo.
Por este motivo é indispensable, para unha adecuada xestión, que a dotación actual de persoal deste servizo non sexa alterada substancialmente por eventualidades derivadas da concesión de permisos, licencias, vacacións ou incapacidades temporais e, por outro lado, que poida ser reforzada nos períodos de maior carga de traballo para que non se produza un estancamento nas tarefas que se deben desenvolver.
Con este fin, propónselle á Presidencia a creación dunha bolsa de traballo que lle permita a este Servizo dispoñer dun mínimo de traballadoras e traballadores con capacitación tributaria, coa finalidade de cubrir tanto o exceso de traballo que non poida ser atendido polo cadro de persoal coma as substitucións nos casos de ausencia.
As modalidades de vinculación que se lle aplicarán á citada bolsa de emprego serán as seguintes:
 Para a cobertura de postos reservados para o persoal funcionario, o nomeamento previsto nos artigos 23.2, apartados b, c e d, da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o artigo 10.1, apartados b, c e d, do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto básico do empregado público
 Para a cobertura dos postos reservados a persoal laboral, as modalidades contractuais previstas no Real decreto 2720/1998, de 18 de decembro, e no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores
En consecuencia, co fin de establecer un procedemento baseado nos principios de igualdade, mérito e capacidade e que asegure a adecuada celeridade na selección, nos nomeamentos e na contratación do persoal en casos de urxencia e necesidade, considerando o disposto no artigo 19 do I Convenio colectivo de persoal laboral desta Deputación Provincial e no artigo 21 do V Acordo Regulador de persoal funcionario, RESOLVO aprobar a convocatoria pública de selección do persoal que integrará a bolsa de emprego da Deputación de Pontevedra de persoal administrativo do ORAL para nomeamentos interinos e contratacións laborais temporais, que se rexerá polas seguintes

CONCELLO DE A ESTRADA
BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO (PERSOAL LABORAL TEMPORAL), PARA AS DEPENDENCIAS DA POLICÍA LOCAL
Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 412/2017, do 5 de maio de 2017, aprobáronse as bases para a provisión, polo sistema de oposición libre, dun posto de persoal auxiliar administrativo para as dependencias da policía local, en réxime laboral temporal.
BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUN POSTO DE PERSOAL AUXILIAR ADMINISTRATIVO (PERSOAL LABORAL TEMPORAL) PARA AS DEPENDENCIAS
DA POLICÍA LOCAL
Primeira. Normas xerais
O obxecto das presentes bases é a provisión, mediante o sistema de oposición libre, dun posto de persoal auxiliar administrativo para as dependencias da Policía Local en réxime laboral temporal. A finalidade é, axilizar os trámites administrativos por razóns transitorias da escasez de persoal adscrito ao corpo da policía local.


CONCELLO DE FORCAREI
MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DO SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE FORCAREI, E DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (DEPENDENCIA E BÁSICO).
Exposición inicial
O Pleno Municipal na sesión ordinaria do 20 de abril de 2017, acordou a modificación:
— Regulamento regulador do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Forcarei.
— Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar (dependencia e básico9 do Concello de Forcarei
De conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 17 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais,o dito expediente está exposto na Secretaría Xeral do Concello durante o prazo de trinta días contados dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, aos efectos da presentación de reclamacións ou suxestións ou suxerencias por parte dos interesados.
De non presentarse ningunha reclamación durante o período sinalado, o Regulamento considerarase definitivamente aprobado.

CONCELLO DE MEIS
EDICTO DA APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL DO ANO 2017 EDICTO
Transcorrido o prazo de exposición ao público do orzamento xeral deste Concello para o ano 2017,aprobado inicialmente na sesión plenaria extraordinaria de data 27 de marzo de 2017 ( B.O.P. nº 69 de data 7 de abril de 2017), sen presentación de reclamacións, enténdese definitivamente aprobado, polo que en cumprimento do disposto no artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo e no artigo 20.3 do Real Decreto 500/90, do 20 de abril, faise público o citado orzamento resumido por capítulos:
AsÍ mesmo, queda definitivamente aprobado o cadro de persoal para o exercicio económico 2017 co seguinte detalle:
Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse directamente recurso contencioso- administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no B.O.P.
A interposición do citado recurso non suspenderá por sí so a aplicación do orzamento definitivamente aprobado, tal e como determina o artigo 171.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.


DOG                                             Descripción: dog                                                         
23/05/2017                               
Consellería de Facenda
RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de maio de 2017 polo que se aproba a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.
A aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística xustifícase na aprobación, mediante Decreto 60/2016, do 26 de maio, do seu estatuto (DOG núm. 108, do 8 de xuño), nas necesidades funcionais e organizativas actuais, así como na Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017, pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir.
En consecuencia, por proposta do director do organismo, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 11 de maio de 2017, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego de Estatística, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan, en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de maio de 2017 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio xustifícase polos cambios de estrutura que tiveron lugar desde a súa aprobación e as necesidades funcionais e organizativas actuais, así como na Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017, pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 11 de maio de 2017, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan, en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia




BOE                                                          Descripción: boe  
23/05/2017
MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA Y PARA LAS ADMINISTRACIONES TERRITORIALES Organización
Real Decreto 487/2017, de 12 de mayo, por el que se modifica el Real Decreto 1401/2007, de 29 de octubre, por el que se regula la composición, funcionamiento y competencias de la Comisión Superior Calificadora de Documentos Administrativos. PDF (BOE-A-2017-5689 - 5 págs. - 183 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE JUSTICIA Destinos
Resolución de 9 de mayo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se resuelve el concurso específico, convocado por Resolución de 6 de febrero de 2017. PDF (BOE-A-2017-5701 - 2 págs. - 188 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE Cuerpo de Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos
Resolución de 10 de mayo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre y promoción interna, en el Cuerpo de Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos. PDF (BOE-A-2017-5707 - 35 págs. - 621 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE AGRICULTURA Y PESCA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE Escala de Técnicos Facultativos Superiores de Organismos Autónomos del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación
Resolución de 11 de mayo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se publica la relación de aprobados en el proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre, en la Escala de Técnicos Facultativos Superiores de Organismos Autónomos del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, convocado por Orden AAA/1425/2016, de 29 de julio. PDF (BOE-A-2017-5708 - 3 págs. - 176 KB) Otros formatos

MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA Y PARA LAS ADMINISTRACIONES TERRITORIALES Funcionarios de los Subgrupos A1, A2, C1 y C2
Corrección de errores de la Resolución de 27 de abril de 2017, de la Dirección de la Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado, por la que se convoca concurso específico para la provisión de puestos de trabajo.

MINISTERIO DE SANIDAD, SERVICIOS SOCIALES E IGUALDAD Escala Técnica de Gestión de Organismos Autónomos
Resolución de 9 de mayo de 2017, de la Subsecretaría, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre, en la Escala Técnica de Gestión de Organismos Autónomos, especialidad de Sanidad y Consumo. PDF (BOE-A-2017-5710 - 16 págs. - 291 KB)  Otros formatos

COMUNIDAD AUTÓNOMA DEL PAÍS VASCO Especialidades sanitarias
Resolución 88/2017, de 7 de marzo, de la Dirección Gerencia de la Organización Sanitaria Integrada Barakaldo-Sestao, por la que se convoca concurso para la provisión de puesto de trabajo de Jefe de Sección Sanitario de Rehabilitación. PDF (BOE-A-2017-5711 - 6 págs. - 195 KB) Otros formatos

Resolución 229/2017, de 26 de abril, de la Dirección Gerencia de la Organización Sanitaria Integrada Uribe, por la que se convoca concurso para la provisión de puesto de trabajo de Jefe de Sección Sanitaria de Medicina Preventiva y Salud Pública. PDF (BOE-A-2017-5712 - 7 págs. - 202 KB)  Otros formatos

Resolución de 9 de mayo de 2017, del Ayuntamiento de Sada (A Coruña), referente a la convocatoria para proveer una plaza. En el «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña» número 65, de 5 de abril de 2017, se han publicado íntegramente las bases que han de regir la convocatoria para proveer: Una plaza de Arquitecto, perteneciente a la escala de Administración Especial, subescala técnica y clase superior, subgrupo de clasificación A1, mediante el sistema de oposición, en turno libre. Se ha publicado, asimismo, un extracto de la convocatoria en el «Diario Oficial de Galicia» número 88, de 9 de mayo de 2017. El plazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturales a contar desde el siguiente al de la publicación de esta resolución en el «Boletín Oficial del Estado». Los sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cuando procedan de conformidad con las bases, se harán públicos en la forma prevista en las propias bases.

Resolución de 9 de mayo de 2017, del Ayuntamiento de Sada (A Coruña), referente a la convocatoria para proveer varias plazas. En el «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña» número 49, de 14 de marzo de 2017, se han publicado íntegramente las bases que han de regir la convocatoria para proveer: Una plaza de Oficial, perteneciente a la escala de Administración Especial, subescala Servicios Especiales y clase Policía Local, subgrupo de clasificación C1, mediante el sistema de concurso-oposición, en turno de promoción interna. Una plaza de Policía, perteneciente a la escala de Administración Especial, subescala Servicios Especiales y clase Policía Local, subgrupo de clasificación C1, mediante el sistema de oposición, en turno libre. Se ha publicado, asimismo, un extracto de la convocatoria en el «Diario Oficial de Galicia» número 79, de 25 de abril de 2017. El plazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturales a contar desde el siguiente al de la publicación de esta resolución en el «Boletín Oficial del Estado». Los sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cuando procedan de conformidad con las bases, se harán públicos en la forma prevista en las propias bases.

MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA Ayudas
Resolución de 10 de mayo de 2017, de la Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado, por la que se convocan ayudas de protección sociosanitaria durante el año 2017. PDF (BOE-A-2017-5721 - 25 págs. - 527 KB)  Otros formatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario