lunes, 22 de mayo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 22/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
22/05/2017
CONCELLO DE PONTEVEDRA
BASES REGULADORES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFIGURACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA (LISTA B) PARA A COBERTURA INTERINA DE PRAZAS DE ARQUITECTO TÉCNICO, ENCADRADAS NO GRUPO A, SUBGRUPO A2 DO CONCELLO DE PONTEVEDRA ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 8 de maio de 2017, aprobou as bases reguladoras da listas de reserva para a provisión interina de prazas de arquitecto técnico no Concello de Pontevedra, cuxo texto literal é o seguinte:
““BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFIGURACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA (LISTA B) PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE ARQUITECTO TÉCNICO, ENCADRADAS NO GRUPO A, SUBGRUPO A-2.
Artigo 1.—Obxecto da convocatoria
Será a formación dunha lista de reserva (lista B) para a provisión interina de prazas de arquitecto técnico, integradas no grupo A, subgrupo A-2, da escala de Administración especial, subescala técnica da, clase técnicos medios.

BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFIGURACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA (LISTA B) PARA A SUBSTITUCIÓN TRANSITORIA DE DIVERSAS PRAZAS E ACUMULACIÓN DE FUNCIÓNS NA UNIDADE OPERATIVA DE CONSERXERÍA DE CENTROS ESCOLARES ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 8 de maio de 2017, aprobou as bases reguladoras da listas de reserva para a substitución transitoria dos titulares de diversas prazas adscritas á Unidade Operativa de Conserxería de Centros Escolares e para a provisión interina por acumulación ou exceso de funcións na Unidade Operativa de Conserxería de Centros Escolares no Concello de Pontevedra, cuxo texto literal é o seguinte:
““BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA (LISTA B) PARA A SUBSTITUCIÓN TRANSITORIA DOS TITULARES DE DIVERSAS PRAZAS ADSCRITAS Á UNIDADE OPERATIVA DE CONSERXERÍA DE CENTROS ESCOLARES E PARA A PROVISIÓN INTERINA POR ACUMULACIÓN OU EXCESO DE FUNCIÓNS NA UNIDADE OPERATIVA DE CONSERXERÍA DE CENTROS ESCOLARES
Artigo 1.—Obxecto da convocatoria
Será a formación de unha lista de reserva (lista B) para a cobertura temporal, mediante a provisión interina, de prazas de ordenanza, vixiante, porteiro de colexio público de EGB, operario, subalterno de administración especial e operario de limpeza de oficinas, da subescala de administración especial (clase de cometidos especiais e clase de persoal de oficios), incardinadas no grupo AP e cuxos titulares prestan servizos na Unidade Operativa de Conserxería de Centros Escolares (UOCCE),

BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONFIGURACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA (LISTA C) PARA A COBERTURA INTERINA DE PRAZAS DE ARQUITECTO, ENCADRADAS NO GRUPO A SUBGRUPO A1 DO CONCELLO DE PONTEVEDRA ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 8 de maio de 2017, aprobou as bases reguladoras da listas de reserva para a provisión interina de prazas de arquitecto no Concello de Pontevedra, cuxo texto literal é o seguinte:
“BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA (LISTA C)
PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE ARQUITECTO DA ESCALA
DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, ENCADRADAS NO GRUPO A-1
Artigo 1.—Obxecto da convocatoria
Será a formación de unha lista de reserva (lista C) para a provisión interina de prazas de arquitecto da escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores, encadradas no grupo A, subgrupo A-1.

CONCELLO DE VIGO
LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, COMPOSICIÓN ÓRGANOS DE SELECCIÓN E LUGARES E DATAS DA PRIMEIRA DAS PROBAS
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente do día 12 de maio de 2017 adoptou o seguinte acordo, relativo á Oferta de Emprego Público correspondente ao ano 2013:
Primeiro.- Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos nos procesos selectivos convocados para a provisión das seguintes prazas: Técnico/a Medio/a de Actividades Culturais e Educativas (1 promoción interna), Administrativo/a de Administración Xeral (2 promoción interna, 1 reservada a discapacitados), Programador/a Informática (1 promoción interna), Condutor/a-Bombeiro/a (3 oposición libre), Oficial Conserxe (1 promoción interna), Oficial Xardineiro/a (1 promoción interna), Oficial Condutor/a (3 promoción interna), Oficial Carpinteiro/a (1 promoción interna), Oficial Albanel (1 promoción interna), Oficial Sepultureiro/a (1 promoción interna) Oficial Almaceneiro/a (1 promoción interna) e Oficial Mecánico/a (1 promoción interna), contidas na Oferta de Emprego público correspondente ao ano 2013, e en consecuencia declarar admitidos á totalidade dos aspirantes presentados a excepción dos que expresamente se exclúen en listado subseguinte, nos termos dos informes emitidos polo técnico de Organización e Planificación de Recursos Humanos en datas 31/03/2017 e 08/05/2017 e polos motivos indicados co código correspondente:

CONCELLO DE A CAÑIZA
APROBACION DEFINITIVA ORZAMENTO 2017
Aprobación definitiva do orzamento do Concello para o exercicio 2017, así como do cadro de persoal.
O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o 31 de marzo de 2017, aprobou inicialmente o Orzamento Xeral do Concello de A Cañiza, así como o correspondente cadro de persoal.
Consonte o disposto no artigo 169.1 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o documento foi exposto o público, previo anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP 70 de 10 de abril), durante o prazo de 15 días, os efectos de que os interesados puideran examinalo e presentar as reclamacións que se considerasen oportunas.
Durante o antedito prazo presentouse unha reclamación con data 4 de maio de 2017 (RE:992).
A resolución da reclamación efectuada e a Aprobación Definitiva do Orzamento do Concello de A Cañiza para o exercicio 2017 tivo lugar no Pleno extraordinario do 11 de maio de 2017.
De conformidade co disposto nos artigos 169.3 e 169.5 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, en concordancia co artigo 20.3 e 20.5 do R.D. 500/1990, do 20 de abril, faise público o resumo por capítulos dos créditos dos estados de ingresos e gastos do Orzamento Xeral deste Concello para o exercicio 2017.

CONCELLO DE RIBADUMIA
PRESUPOSTO MUNICIPAL PARA O EXERCICIO 2017
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión ordinaria celebrada o día 4 de maio de 2017, o Presuposto Municipal para o exercicio económico de 2017, e documentos anexos ó mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 da Lei 2/2004 de 5 de marzo e disposicións concordantes, exponse ó público na Secretaría do Concello, por prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas.
CONCELLO DE TUI
 PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, A TEMPO COMPLETO, DUN TÉCNICO MEDIO PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA
CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN DO PROCESO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, A TEMPO COMPLETO, DUN TÉCNICO MEDIO
PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA
NA OFICINA DE TURISMO DE TUI
PROCESO EXPEDIENTE 505/2017
Con data 10 de maio de 2017 , aprobáronse, por Resolución da Concellería de persoal, seguridade, mercados, emprego e formación, as Bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación laboral temporal, a tempo completo, dun técnico medio para a realización de tarefas de información turística na oficina de turismo de Tui.
As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4º da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de sete días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra
As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e na súa páxina web, www.concellotui.org

PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL TEMPORAL PARA AS PISCINAS MUNICIPAIS
1.—CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, A TEMPO COMPLETO, DUNHA PRAZA DE OPERARIO DE MANTEMENTO PARA AS PISCINAS MUNICIPAIS. PROCESO EXPEDIENTE 435/2017
Con data 10 de maio de 2017, aprobáronse, por Resolución da Concellería de persoal, seguridade, mercados, emprego e formación, as Bases de selección para a contratación laboral temporal, a tempo completo, dunha praza de operario de mantemento para as piscinas municipais para o Concello de Tui
2.—CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, A TEMPO PARCIAL, DE DÚAS PRAZAS DE OPERARIOS DE SERVIZOS DIVERSOS E MANTEMENTO PARA AS PISCINAS MUNICIPAIS. PROCESO EXPEDIENTE 434/2017
Con data 10 de maio de 2017, aprobáronse, por Resolución da Concellería de persoal, seguridade, mercados, emprego e formación, as Bases de selección para a contratación laboral temporal, a tempo parcial, de dúas prazas de operarios de servizos diversos e mantemento para as piscinas municipais para o Concello de Tui
As instancias polas que se solicita formar parte en cada proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4º da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de sete días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra
As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e na súa páxina web, www.concellotui.org.

No hay comentarios:

Publicar un comentario