viernes, 12 de mayo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 12/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
12/05/2017
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Convenios colectivos
CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DO ROSAL
Convenio o Acordo:
CONCELLO DO ROSAL (PERSOAL LABORAL)
— Expediente: 36/01/0023/2017
— Data: 25/04/2017
— Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN
— Código de Convenio número 36004102012006.
Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproba o texto do convenio colectivo para o persoal laboral do CONCELLO DO ROSAL, subscrito en representación da parte económica, por unha representación do concello, e da parte social, polos delegados de persoal e por representantes dos sindicatos CSI-F e CIG, en data 01 de febreiro do 2017 e ratificado polo Pleno do Concello, o 25 de marzo do 2017.
Primeiro.- Dito convenio foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 07 de febreiro do 2017.
Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

ACORDO REGULADOR DO PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DO ROSAL
Código de Convenio número 36100082132017
Visto o Acordo Regulador das Condicións de Traballo do Persoal Funcionario ao Servizo do CONCELLO DO ROSAL, subscrito en representación da parte económica, por unha representación do concello, e da parte social, polos delegados de persoal e por representantes dos sindicatos CSI-F e CIG en data 01 de febreiro do 2017 e ratificado polo Pleno do Concello, o 25 de marzo do 2017.
Primeiro.—Dito acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 07 de febreiro do 2017.
Segundo.—Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

DEPUTACIÓN PROVINCIAL
RECTIFICACIÓN DA LISTA DEFINITIVA DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR INTERINAMENTE CATRO PRAZAS DE OFICIAIS DE INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O deputado delegado en materia de persoal, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
“Ó abeiro do establecido no artigo 109 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, RESOLVO rectificar a lista definitiva do proceso selectivo convocado para cubrir interinamente catro prazas de oficiais de infraestruturas e servizos, publicada no Boletín Oficial da Provincial nº 81 do 27 de abril de 2017, no senso que onde di: David Torres Mascado, debe dicir: David Torres Mascato.”

CONCELLO DE VIGO
BASES REITORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO QUE PERMITA OS NOMEAMENTOS INTERINOS COMO PROGRAMADOR/A WEB ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria e urxente do 12 de abril de 2017, adoptou o seguinte acordo, aprobando as bases reitoras dos procesos selectivos para a formación da bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos, previstos no art. 10.1.d) do RDL 5/2015, do 30 de outubro, como Programadores/as web:
“Primeiro.—Dar aprobación ás bases específicas reitoras do proceso selectivo para a formación de bolsa de emprego, que permita os nomeamentos interinos previstos no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, como Programador web, integrado no subgrupo C1, e que forman parte inseparable como ANEXO ÚNICO do presente acordo, ordenando a súa urxente publicación integra no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Editos da Casa do Concello e na páxina web municipal www.vigo.org, para público e xeral coñecemento.
Segundo.—Habilitar expresamente ao Sr. Concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal para resolver sobre as listaxes provisionais e definitivas de admitidos e excluídos, designación de integrantes dos órganos de selección e sinalamentos de lugares, datas e horas de celebración das probas selectivas, no uso das competencias que en canto á planificación, desenvolvemento e execución da política municipal en materia de persoal ostenta por delegación do Excmo. Sr. Alcalde-Presidente, efectuada en Resolución de 29 de xullo do 2014.”
Terceiro.—Ordenar que se proceda á convocatoria pública do proceso selectivo para a formación dunha Bolsa de Emprego de Programador/a web, a executar segundo as bases específicas reitoras que forman parte inseparable como ANEXO ÚNICO do presente acordo, ordenando a publicación de anuncio a tal efecto, que será obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Editos da Casa do Concello e na páxina web municipal www.vigo.org, para público e xeral coñecemento.

CONCELLO DE CALDAS DE REIS
CONVOCATORIA DUNHA BOLSA PARA TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO ANUNCIO
De conformidade co disposto por Resolución da Alcaldía de data 4 de maio de 2017, fanse públicas as BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE 1 BOLSA PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, e se procede á súa convocatoria:
Primeira.—Obxecto
Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, UNHA (1) BOLSA PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO, destinada a diplomados, graduados e técnicos superiores de turismo, coa finalidade de promover e completar a súa formación na Oficina de Turismo Municipal durante a tempada de verán do ano 2017.
Segunda.—Duración e dotación económica
A bolsa terá unha duración de tres meses (do 15 de xuño ao 14 de setembro), cun total de 37 horas semanais, en horario fixado segundo as necesidades do servizo.
A dotación total económica da bolsa será de 3.000 € brutos (menos os impostos que procedan) máis a parte correspondente da cota empresarial á Seguridade Social.
O pagamento da bolsa realizarase por mensualidades completas ou parte proporcional. Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza

CONCELLO DE NIGRÁN
CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE MANTEMENTO DO SISTEMA INFORMÁTICO DO CONCELLO DE NIGRÁN ANUNCIO
1.—Entidade adxudicadora
a) Organismo: Concello de Nigrán (Pontevedra).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 2017/034C
2.—Obxecto do contrato
a) Tipo: Servizos
b) Descripción: A prestación do servizo de mantemento do sistema informático do Concello.
c) Prazo de execución: 4 anos.
d) Admisión de prórroga: O contrato poderá prorrogarse por mutuo acordo e nas mesmas condicións do contrato inicial por un período máximo de dous anos.
e) CPV: 50312000-5

MANCOMUNIDADE TERRAS DE PONTEVEDRA
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO 2017
Na sesión do Pleno desta Mancomunidade do 21.04.2017 aprobouse inicialmente o orzamento do exercicio 2017. Así mesmo, o Pleno acordou someter a aprobación inicial a información pública mediante anuncio que se publicará no boletín oficial da provincia e no taboleiro de anuncios durante quince días. O citado prazo de quince días comezará a computar a partir do día seguinte á data de publicación do presente anuncio no boletín oficial da provincia. Durante o citado prazo os interesados poderán examinar o expediente na Secretaría da Mancomunidade, sita no primeiro andar da rúa Michelena número 30, de Pontevedra, e formular reclamacións ante o Pleno.
De non presentarse reclamacións no citado prazo, o orzamento considerase definitivamente aprobado, entrando en vigor unha vez publicado o resume por capítulos resultante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario