BOPPO
PONTEVEDRA
10/05/2017
CONCELLO
DE PONTEVEDRA
EXTRACTO DE ACORDOS DA XUNTA DE GOBERNO DE 28.03.2017 Anuncio:
Extracto dos acordos
adoptados pola Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra na sesión
extraordinaria e urxente que tivo lugar o día 28.03.2017
1.—RATIFICACIÓN DA
URXENCIA DA SESIÓN.
|
3.—APROBACIÓN DO
PROXECTO DE MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA.
|
4.—PROPOSTA DE
MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.
|
DECRETO DE NOMEAMENTO DE PERSOAL EVENTUAL
Mediante Decreto da
alcaldía de data 28 de abril de 2017, acordouse o seguinte:
“(...) PRIMEIRO.—Nomear
a dona Ana Silvia Buela Martínez, DNI 44086770W, licenciada en publicidade e
relacións públicas, para ocupar o posto de xefe de negociado de grupo municipal
(CDG 0002) adscrito á Presidencia, correspondéndolle o desenvolvemento das
funcións propias do cargo en xornada laboral equivalente á establecida con
carácter xeral para os funcionarios municipais e acompañar ao Alcalde ou a
outros membros da Corporación cando se requiran os seus servizos, incluso en
xornada de tarde.
As funcións do negociado
de grupo municipal serán as de xestionar o traballo administrativo en materia
de comunicación e prensa, cooperación e organización de tarefas nese eido,
desenvolvemento de funcións propias de secretaría particular dos grupo
municipais do Concello e o importe das retribucións íntegras a percibir pola
nomeada serán as consignadas na relación de postos de traballo do Concello, que
se corresponden cunha retribución anual asimilada ás retribucións anuais
básicas e complementarias dun administrativo de xefe de negociado (grupo
C1-nivel 20), sendo dada de alta no réxime xeral da Seguridade Social.
CONCELLO
DE CATOIRA
DITAME FAVORABLE POLA COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS DA CONTA XERAL EXERCICIO
2016 A N U N C I O
A Comisión Especial de
Contas, en sesión celebrada o día 24 do presente mes de abril, ditaminou
favorablemente a Conta Xeral deste Concello correspondente ao exercicio de
2016, polo que, de conformidade co disposto no artigo 212 do Real Decreto
Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, exponse ao público polo prazo de 15 días,
durante os cales e 8 máis, os interesados poderán presentar reclamacións,
reparos ou observacións.
CONCELLO
DE FORCAREI
ORDENANZA DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA EDICTO
Aprobada inicialmente
polo Pleno en sesión ordinaria de data 20 de abril de 2017 a seguinte
ordenanza:
ORDENANZA DE
ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE FORCAREI
Segundo o disposto no
artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local,
exponse ao público o expediente durante trinta días a efectos de exame e
reclamacións. De non presentarse entenderase definitivamente aprobada.
CONCELLO
DE MORAÑA
CONTA XERAL 2016 E D I C T O
En cumprimento de canto dispón o artigo 212.3 do Texto Refundido da Lei
Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de
5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de
Contas,Facenda e Patrimonio, na súa sesión do 27-04-2017; exponse ao público a
Conta Xeral correspondente ao exercicio 2016, por un prazo de quince días,
durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar
reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario