martes, 2 de mayo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 02/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA  Descripción: bop pontevedra
02/05/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2016
A Comisión Especial de Contas na sesión celebrada o 28 de abril de 2017 ditaminou a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio 2016, integrada pola propia da Deputación de Pontevedra, a da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, a do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento e a consolidada.
En cumprimento co disposto no artigo 212 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, a Conta Xeral correspondente ó exercicio 2016 exponse ó público por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis, os interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes.

CONCELLO DE MOS
LICITACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE MOS
ANUNCIO DE LICITACIÓN
No Pleno de data 29.03.2017, acordouse o desestimento do procedemento de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar e aprobouse novo expediente de contratación e pregos de condicións de Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Mos.
1. Entidade Adxudicadora. Concello de Mos.
2. Obxecto do Contrato: SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE MOS
CPV 85310000-5
Duración do servizo: 2 anos con posibilidade de prórroga ata un máximo de 4 anos.
3. Procedimento: Aberto..
4. Prezo do contrato: O valor estimado (4 anos) do contrato é de 1.990.651,77 € mais 418.036,87 € de Ive.
5. Garantías.Provisoria: Non se esixe.Definitiva: 5% do importe da adxudicación.
6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.mos.es/ e no Concello de Mos. R/ Rexenxo, 1, Petelos. 36416. Mos. Pontevedra. Teléfono: 986331200, Telefax: 986336618.
7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: Non se esixe
8. Presentación de proposicións
a) Prazo e lugar: No Concello de Mos (Pontevedra) durante ós 26 días hábiles desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (BOP, DOG e BOE) ou 52 días naturais a contar desde a data do envio do anuncio á oficina de publicacións oficiais da Comunidade Europea. De 9.00 á 14.00 de Luns a Venres, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio o que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.
b) Documentación a presentar: As proposicións en sobres pechados, coas inscripcións e contindo a documentación se sinala nos pregos de condicións.
9. Apertura das ofertas: Na Casa do Concello de Mos, o 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (a efectos da apertura, o Sábado considerarase inhábil).
10. Gastos de anuncios.A cargo do adxudicatario.

CONCELLO DE NIGRÁN
CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE COLABORACIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A XESTIÓN DOS EXPEDIENTES SANCIONADORES POR INFRACCIÓN DAS NORMAS
DE TRÁFICO
CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE COLABORACIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA
PARA A XESTIÓN DOS EXPEDIENTES SANCIONADORES POR INFRACCIÓN
DAS NORMAS DE TRÁFICO
1.- Entidade adxudicadora
a) Organismo: Concello de Nigrán (Pontevedra).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 2017/035C
2.- Obxecto do contrato
a) Tipo: Servizos.
b) Descripción: A prestación de asistencia e colaboración para a xestión de expedientes sancionadores en materia de tráfico, e recadación en periodo voluntario das multas que deles se deriven, sen prexuízo das funcións de autoridade, dirección, organización fiscalización e administración que legalmente corresponden á Alcaldía do Concello de Nigrán, así como ós seus funcionarios competentes.
c) Prazo de execución: O presente contrato de servizos terá unha vixencia de CATRO ANOS a contar dende a súa formalización.
d) Admisión de prórroga: Non se contempla prórroga.
e) CPV: 79940000-5

CONCELLO DE POIO
LICITACIÓN DE CONTRATO DO SERVIZO DE XESTIÓN DE NÓMINAS E CONTRATOS DE PERSOAL LABORAL E ASESORAMENTO LABORAL E FISCAL.
ANUNCIO DE LICITACIÓN
Para a contratación do servizo de xestión de nóminas e contratos de persoal e asesoramento laboral e fiscal do Concellos de Poio.
ENTIDADE ADXUDICADORA:
Organismo: Concello de Poio. Xunta de Goberno Local.
Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
OBXECTO DO CONTRATO:
A realización dos indicados servizos de asesoramento e xestión laboral e fiscal, xestión de nóminas e contratos, segundo se describe nos correspondentes pregos.
TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN:
Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación.
TIPO BASE DE LICITACIÓN:
28.800,00€ Ive incluído.
PRAZO DE EXECUCIÓN:
Dous anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario