jueves, 4 de mayo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 04/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
04/05/2017
CONCELLO DE DOZÓN
DILIXENCIA DE CORRECIÓN ANUNCIO BOP
DILIGENCIA DE CORRECCIÓN DE ERRORES DE PUBLICACIÓN EN EL BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (BOP) N. 68, de xoves, 6 de abril de 2017
Visto que la publicación de ADMINISTRCIÓN LOCAL MUNICIPAL DE DOZÓN, presupostos e cadros de persoal, APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2017,
Constatado un error tipográfico en el Anexo de personal.
SE ORDENA retifícar en los términos que se relacionan a continuación: En el ANEXO DE PERSONAL,
• Donde dice: " TRABAJADORA SOCIAL , Nº 1, GRUPO A2, COMPLEMENTO DE DESTINO 20",
• Debe decir :" (...) TRABAJADORA SOCIAL, NÚMERO 1, GRUPO A2, C. DESTINO 26",
Publiquese la reproducción las retificaciones, en los términos de referencia, en el BOP, en la misma sección y subsección, en el número del mismo inmediatamente posterior a la fecha de firma de esta deligencia y acompañado de la misma.

CONCELLO DE PONTEAREAS
BASES XERAIS E ESPECÍFICAS PARA LISTA DE SUBSTITUCIÓNS DIVERSAS CATEGORÍAS ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local en sesión levada a cabo o día 20 de marzo de 2017, acordou prestar aprobación ás Bases xerais e específicas para a elaboración dunhas listas de contratacións de persoal laboral de diversas categorías, e que substitúen ás aprobadas pola Xunta de Goberno de data 26 de setembro de 2016 e nas que se inclúen as observacións sinaladas no informe da Secretaría Municipal de data 13 de xaneiro de 2017.
Ditas Bases atópanse expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.
Ase mesmo apróbase a convocatoria correspondente e ábrese un prazo de 20 días naturais, contados a partires do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan presentar as súas solicitudes. Ponteareas, documento asinado electrónicamente.

CONCELLO DE TOMIÑO
APROBACIÓN RPT
APROBACIÓN INICIAL DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE TOMIÑO
O Pleno do Concello de Tomiño en sesión ordinaria celebrada o 20/04/2017 acordou aprobar inicialmente a Relación de Postos de Traballo ( RPT) do Concello de Tomiño.
O citado acordo sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, de acordo co establecido no art. 202.2 da Lei 2/2015 de Emprego Público de Galicia, durante os cales poden presentarse reclamacións ou alegacións. Transcorrido dito prazo sen producirse reclamacións ou alegacións quedará definitivamente aprobado o acordo. No caso de presentarse reclamacións o Pleno resolverá as mesmas elevando, no seu caso, o acordo a definitivo.

PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TEGRA
BASES PARA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PRAZA DE LIMPADOR/A DO MONTE SANTA TREGA
PRIMEIRA: OBXECTO
As presentes bases teñen por obxecto a regulación do procedemento selectivo de concurso-oposición para a contratación laboral temporal dun limpador/a para o Monte Santa Trega.
SEGUNDA: NATUREZA DO CONTRATO
A natureza do contrato será laboral temporal ó abeiro do establecido na lexislación vixente, cunha duración dende a data de sinatura do correspondente contrato co traballador, ata o 31 de decembro do ano 2017.
Horario: de luns a domingo
Xornada : 20 horas semanais
Retribucións: 435,85 euros brutos mensuais, incluida a prorrata da paga extra.
Modalidade contractual: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado.
Funcións: traballos de limpeza e mantemento do Monte Santa Trega, que incluirá limpeza, desbroce e traballos básicos de mantemento (pintura, arreglos mobiliario ou similares) no Monte Santa Trega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario