lunes, 15 de mayo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 15/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
15/05/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DEPOTERMAL PARA O ANO 2017
A Xunta de Goberno desta Deputación, na sesión do 17 de febreiro de 2017, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar as bases reguladoras do programa “Depotermal” para o ano 2017.
BASES REGULADORAS DO PLAN TERMAL
“Depotermal” 2017
No artigo 2 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, defínense os servizos sociais como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos marcados nesta lei.
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, convoca unha segunda edición do plan “Depotermal”.
Trátase dun plan cun claro obxectivo social, xa que lles facilita o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro modo non poderían beneficiarse da súa dobre función, como período de vacacións e tamén como tratamento sanitario, pero que ofrece tamén bos resultados en termos de sustentabilidade económica para a provincia.
Así mesmo pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, co que se impulsen a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando a demanda.

CONCELLO DE PONTEVEDRA
MODIFICACIÓN MEMBROS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA DE TRES PRAZAS DE SUBALTERNO OEP 2015
“RESOLUCIÓN DA CONCELLERÍA DE GOBERNO RESPONSABLE DA ÁREA DE PERSOAL, RÉXIME INTERIOR E PATRIMONIO POLA QUE SE MODIFICAN OS MEMBROS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA DE TRES PRAZAS DE SUBALTERNO DA OEP 2015, QUENDA LIBRE
Logo de examinar o expediente resultan relevantes para a súa resolución os seguintes:
ANTECEDENTES
1.- No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP), núm. 88 de data 09/05/2017, publicouse a resolución da Concellería de goberno da área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio de data 25/04/2017 pola que se aprobou a composición definitiva do tribunal do proceso selectivo convocado para cubrir tres prazas de subalterno incluídas na OEP do ano 2010 e do ano 2015.
Segundo consta na devandita resolución o Tribunal cualificador está composto polos seguintes membros:
“(...)
Presidente:
— Don José Luís Sarandeses Martínez , xefe do Servizo de Cultura, sendo a súa suplente dona Patricia Rivadulla Rodal, xefa do Servizo de Taxas e Outros Ingresos de Dereito Público.
Secretaria:
— Dona Emma Estévez Domínguez, administrativa xefa de negociado do Servizo Cultura, sendo a súa suplente dona María Elena Crespo Casal, administrativa xefa de negociado do Servizo de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico.
Vogais:
— Don Miguel Ángel Rodríguez Baquero, administrativo xefe de negociado do Servizo de Secretaría e Asuntos Xerais sendo o seu suplente don Jose Ángel Ferreira García, administrativo xefe de negociado do Servizo de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico.
— Don Manuel Ángel del Río Fernández , administrativo xefe de negociado do Servizo de Arquivo, sendo o seu suplente don Roberto Rodiño Lourenco, policía segunda actividade da Unidade Operativa de Conserxería.
— Dona María Soledad Outeda Eirín, operaria da Unidade Operativa de Conserxería, sendo a súa suplente dona María Dolores Pérez Portela, operaria da Unidade Operativa de Conserxería.
(...)”
2.- Con data 09/05/2017, don Miguel Ángel Rodríguez Baquero, administrativo xefe de negociado do Servizo de Secretaría e Asuntos Xerais, presenta un escrito no Rexistro Xeral Municipal no cal pon de manifesto a súa renuncia a formar parte como vogal titular do tribunal cualificador do proceso selectivo convocado para cubrir tres prazas de subalterno pola quenda libre incluídas na OEP do ano 2010 e do ano 2015, en concepto de abstención por concorrencia dun familiar ao referido proceso selectivo.

APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE PONTEVEDRA E OS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O ANO 2017
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 10/05/2017, aprobou definitivamente a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Pontevedra e dos seus organismos autónomos para o ano 2017, logo da súa aprobación inicial mediante acordo da Xunta de Goberno Local do día 28/03/2017 e a súa exposición pública por un prazo de 20 días hábiles, tras a publicación do anuncio de información pública no BOP núm. 65, do 03/04/2017, en virtude do artigo 202 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
A continuación, publícase o ANEXO I, no que se recolle integramente a RPTdo Concello de Pontevedra e dos seus organismos autónomos para o ano 2017, en cumprimento do apartado sétimo do citado acordo da Xunta de Goberno Local de data 10/05/2017, que resulta do teor literal seguinte:
“(...)
sétimo.—Proceder, unha vez se aprobe definitivamente a modificación da relación de postos de traballo, á publicación íntegra da modificación da relación de postos de traballo do Concello de Pontevedra e dos seus organismos autónomos no Boletín oficial da provincia así como remitir copia desta modificación aos órganos competentes da Administración xeral do Estado e da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, entrando en vigor o o día 15 de maio de 2017, excepto a supresión do posto de administrador auxiliar que será con efectos do 22 de xaneiro de 2018.

MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL
Expediente
Modificación do cadro de persoal do Concello de Pontevedra e dos seus organismos autónomos.
Trámite
Anuncio elevación a definitivo do acordo de aprobación inicial.
O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión de 07.04.2017, aprobou inicialmente a modificación do Cadro de Persoal do Concello de Pontevedra e do seu organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións.
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 73, de data 17.04.2017, publicouse anuncio de exposición ao público, non presentándose reclamacións durante o prazo conferido ao efecto, polo que se entende elevada a definitiva a aprobación inicial, entrando en vigor logo da presente publicación, tal e como se sinalaba no anuncio previo de exposición pública. Isto de conformidade co establecido nos artigos 169 do RDL 2/2004, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais; 20 do RD 500/1990, de 20 de abril; e 90 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local.
Así mesmo, de conformidade co previsto no art. 8 Lei 19/2013 de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (en relación co 5.4 da mesma norma) procederase á publicación na sede electrónica do Concello desta modificación.
Xa que logo, procédese á publicación do Cadro de Persoal modificado:

CONCELLO DE BAIONA
APROBACIÓN DEFINITIVA PRESUPUESTO 2017
En sesión plenaria de 10/03/2017 se aprobó inicialmente el Presupuesto General del Ayuntamiento de Baiona para el año 2017, por importe de 8.526.381,69 €. Con fecha 21/03/17 se publica dicho acuerdo en el B.O.P. nº 56. Durante el plazo de exposición pública se presentaron diversas reclamaciones, que fueron resueltas en sesión plenaria de 04/05/2017 y fue adoptado acuerdo de aprobación definitiva, de conformidad con lo previsto en el artículo 169 del Texto Refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales.
Por ello y en cumplimiento de lo previsto en el artículo 169.3 del Texto Refundido de la Ley Reguladora de de las Haciendas Locales, se ordena la publicación del resumen por capítulos del Estado de Gastos, y del resumen por programas, asimismo se publica el resumen por Capítulos del Estado de Ingresos.
Junto con los Estados del Presupuesto de 2017 se publica el Anexo de personal, la plantilla de funcionarios, y la relación de puestos de trabajo de personal laboral

CONCELLO DE FORCAREI
EDICTO XUÍZ DE PAZ SUBSTITUTO DO CONCELLO DE FORCAREI
Á vista do oficio da Secretaria de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza comunicando a vacante do posto de Xuíz de Paz substituto do Concello de Forcarei e instando ó Concello á súa elección, concédese o prazo de 15 días contados a a partires do seguinte á publicación deste edicto no BOP para que cantos teñan interese en aspirar o procedemento dirixan instancia á Alcaldía do Concello de Forcarei na que fagan constar o seguinte:
Requisitos dos aspirantes
— Ser español.
— Ser maior de idade
— Non estar incurso nas causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lei do poder xudicial.
Documentación a aportar.
— Certificado de nacemento e copia compulsada do DNI
— Certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, referente a si se atopa inculpado ou procesado.
— Xustificación dos méritos alegados.
— Indicación de si desempeñou o cargo de xuíz de paz ou substituto.
— Profesión actual.

CONCELLO DE PORTAS
EXPOSICIÓN DA CONTA XERAL 2016
EXPOSICIÓN CONTA XERAL 2016
En cumprimento de canto dispón o artigo 212.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, na súa sesión do 28 de abril de 2017; exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2016, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario