martes, 16 de mayo de 2017

BOLETINES 16/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
16/05/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “DEPOTERMAL” PARA O ANO 2017
EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DO 17 DE FEBREIRO DE 2017 POLO QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “DEPOTERMAL” PARA O ANO 2017
BDNS(Identif.):346330
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións:
http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
1. Beneficiarias/os
• Poderán adherirse a este programa todos os concellos da provincia de Pontevedra como entidades colaboradoras na xestión.
• Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran algún dos seguintes requisitos:
a) Nacer antes do 1 de xaneiro de 1967, feito que se deberá acreditar cunha fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou co número de identidade de estranxeiro (NIE), segundo o caso
b) No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1967 ou con posterioridade, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, para o que se deberá achegar unha fotocopia do certificado correspondente
c) No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1967 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade
d) Precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante o modelo de informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos
No caso de parellas que desexen participar no plan de forma conxunta, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos nestas bases.
As persoas beneficiarias deben reunir ademais os seguintes requisitos:
a. Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer unha enfermidade transmisible con risco de contaxio
b. Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria

CONCELLO DE VIGO
CONVOCATORIA DE AXUDAS Á CONTRATACIÓN E MELLORA DO EMPREGO DA MOCIDADE VIGUESA 2017
EXTRACTO DEL ACUERDO DE LA JUNTA DE GOBIERNO LOCAL DEL AYUNTAMIENTO DE VIGO DE 27/04/2017, POR EL QUE SE CONVOCAN LAS AYUDAS A LA CONTRATACIÓN Y MEJORA DEL EMPLEO DE LA JUVENTUD VIGUESA 2017
BDNS(Identif.):345872
De conformidad con lo previsto en los artículos 17.3.b y 20.8.a de la Ley 38/2003, de 17 de noviembre, General de Subvenciones, se publica el extracto de la convocatoria cuyo texto completo puede consultarse en la Base de Datos Nacional de Subvenciones (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

CONCELLO DE CANGAS
DISOLUCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO-FUNDACIÓN DEPORTIVA E CULTURAL MUNICIPAL DO CONCELLO DE CANGAS
Con data do cinco de maio de 2017 dictase Resolución de Alcaldía e que dito teor literal é o seguinte:
O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria de data do día dez de marzo de dous mil dezasete, entre outros, adoptou acordo relativo á aprobación inicial e extinción disolución do Organismo Autónomo de carácter administrativo local Fundación Deportiva e Cultural Municipal do Concello de Cangas.
En cumprimento ó disposto no artigo 49 da Lei 7/85, de 2 de abril de Bases de Réxime Local, someteuse a información pública e audiencia aos interesados por un prazo de vinte días, dende o 24 de marzo de 2017 hasta o 25 de abril do 2017, mediante publicación de anuncio no BOP nº 58 de data do 23 de marzo de 2017, así como no Taboleiro de Anuncios deste Concello, para a presentación de reclamacións e suxerencias.
Durante o período establecido, resulta acreditado de conformidade co certificado da Secretaria Acctal de data do 05/05/2017, que non se presentaron reclamacións ou suxerencias en relación ó citado expediente, polo que o acordo plenario de aprobación inicial de disolución do Organismo Autónomo de carácter administrativo local Fundación Deportiva e Cultural Municipal do Concello de Cangas de data do 10/03/2017 elévase a definitivo. Por canto antecede, esta Alcaldía-Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/85, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local e con base nas atribucións que lle confire o artigo 21 do citado texto teño a ben RESOLVER:
Primeiro.- Declarar con carácter definitivo o acordo plenario de aprobación inicial e extinción e disolución do Organismo Autónomo de carácter administrativo local Fundación Deportiva e Cultural Municipal do Concello de Cangas de data do 10/03/2017 a todos os efectos.
Segundo.- Proceder á publicación do presente decreto no BOP de Pontevedra.
Terceiro.- Dar traslado do presente á Comunidade Autónoma, Axencia Tributaria, Instituto Nacional de Estadística e á Seguridade Social ós efectos oportunos.
Así o dispoño, en Cangas, a cinco de maio de dous mil dezasete.—O Alcalde (documento asinado dixitalmente á marxe).

CONCELLO DE GONDOMAR
BASES REGULADORAS PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS DO CONCELLO DE GONDOMAR
ANUNCIO DE APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS DO CONCELLO DE GONDOMAR
Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Vivendas Baleiras do Concello de Gondomar por Resolución do concelleiro delegado de Urbanismo, Patrimonio, Vivenda e Medio Ambiente de data 26.04.2017, faise público para a súa entrada en vigor e inicio do dito Programa.
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS
DO CONCELLO DE GONDOMAR
É obxecto das presentes bases a regulación dos; aspectos materiais, persoais, formais e procedimentais do Programa de Vivendas Baleiras do Concello de Gondomar implantado no mesmo en virtude de acordo da Xunta de Goberno Local de Gondomar de data 19.05.2016 e que se desenvolverá de conformidade co acordo de adhesión ao (Convenio de colaboración entre o IGVS e a FEGAMP para o desenvolvemento de dito programa no ámbito do Plan Galego de Rehabilitación, Aluguer e Mellora do Acceso á Vivenda 2015–2020 (Plan RehaVIta) aprobado no mesmo acordo antes indicado e asinado o día 01.08.2016.

CONCELLO DE O PORRIÑO
BAIXA NA CONTABILIDADE DE OBRIGAS PENDENTES DE PAGO DE ORZAMENTOS PECHADOS, POR ERROS OU DUPLICIDADES DE NATUREZA CONTABLE
Neste Concello estase a tramitar expediente de baixa na contabilidade de obrigas pendentes de pago da agrupación de orzamentos pechados como consecuencia de erros e duplicidades de natureza contable polas contías, terceiros e conceptos que de seguido se indican:
O expediente queda exposto o público na depedencia de Intervención do Concello durante quince días hábiles, contados a partir do seguinte a publicación diste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de que os interesados/as poidan examinamlos e, no seu caso, formular por escrito as reclamacións que estimen pertinentes.



DOG                              Descripción: dog
16/05/2017
Escola Galega de Administración Pública


CONCELLO DE ARZÚA
ANUNCIO de convocatoria para a contratación dun técnico en turismo por un período de catro meses.
Mediante Resolución da Alcaldía do 5 de maio de 2017, convócase proceso de selección para a contratación urxente con carácter temporal, a xornada completa, mediante o sistema de oposición libre, dun técnico en turismo, asimilado ao grupo C, subgrupo C1, para desenvolver un programa local de mellora e mantemento, atención e información ao peregrino e promoción do Camiño Francés.
O período de contratación é de catro meses.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais e na paxina web do concello.

ANUNCIO de convocatoria de oposición para a contratación dun operario de servizos varios na modalidade de contrato de interinidade.
Conforme o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, na sesión do día 8 de maio de 2017, convócase oposición para poder seleccionar a persoa que será contratada na modalidade de contrato de interinidade, para desempeñar as funcións de operario de servizos varios, previstas na base primeira das que rexen o dito proceso de selección, que resultaron aprobadas nesa mesma sesión.
O período de duración do contrato comprenderá ata que se produza a provisión definitiva da dita praza.
A retribución bruta mensual será de 1.375,06 euros, por todos os conceptos salariais (1.178,62 euros de salario mensual, rateo de pagas extraordinarias 196,44 euros).
As bases que rexen a convocatoria atópanse nas oficinas municipais á disposición dos interesados e tamén na páxina web do concello.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios relativos a este procedemento publicaranse no taboleiro de edictos da Casa do Concello e na páxina web.



BOE                             Descripción: boe    
16/05/2017
MINISTERIO DE JUSTICIA Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia
Orden JUS/424/2017, de 10 de mayo, por la que se corrigen errores en la Orden JUS/381/2017, de 28 de abril, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre y promoción interna, en el Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia. PDF (BOE-A-2017-5411 - 1 pág. - 153 KB) Otros formatos

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE Personal laboral
Resolución de 8 de mayo de 2017, de la Subsecretaría, referente a la convocatoria de proceso selectivo para proveer plaza de personal laboral fijo fuera de convenio, con la categoría de Coordinador de Prensa, en el Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. PDF (BOE-A-2017-5412 - 1 pág. - 154 KB)  Otros formatos

No hay comentarios:

Publicar un comentario