lunes, 8 de mayo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 08/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
08/05/2017
Deputación Provincial



CONCELLO DE VIGO
BASES ESPECÍFICAS REGULADORAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA CONVOCATORIA PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NO PROGRAMA VERÁN XOVE 2017
Aprobadas pola XGL en sesión extraordinaria do día 3 de maio de 2017.
I. OBXECTO
Constitúe obxecto desta convocatoria o fomento da participación infantil-xuvenil, dirixido a nenos/as da cidade de Vigo nados entre os anos 2000 e 2013, cuxa finalidade é a conciliación da vida laboral e familiar a través de alternativas de ocio e tiempo libre, da promoción de valores, actitudes e comportamentos que favorezan o desenvolvemento integral do/a menor, mediante a realización de diferentes obradoiros e actividades nos meses de vacacións de verán.
O procedemento para a selección e adxudicación dun máximo de 2.426 prazas en réxime de concorrencia competitiva (1.776 en asignación segundo os contratos referidos ao expte. Administrativo 4912-336; 200 prazas xestionadas pola empresa adxudicararia dos Servizos de Dinamización Infantil expte. administrativo 4156-336 e outras 450 prazas condicionadas á existencia de crédito suficiente e adecuado cuxo expte administrativo será tramitado por parte do Servizo Municipal de Xuventude, con cargo a aplicación orzamentaria 33702279912 CAMPAMENTOS DE VERÁN. O importe total destinado a financiar as 2426 prazas ascende a 213.378,74 € aprox. con cargo ás partidas orzamentarias 33702279912 Campamentos de verán e 33702279900 Ludoteca Casa Xuventude e Coia.

CONCELLO DE A ESTRADA
BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUN POSTO DE PERSOAL ADMINISTRATIVO (PERSOAL LABORAL TEMPORAL) PARA O DEPARTAMENTO DE INTERVENCIÓN
ANUNCIO
Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 339/2017, do 17 de abril de 2017, aprobáronse as bases para a provisión, polo sistema de oposición libre, dun posto de persoal administrativo para o Departamento de Intervención, en réxime laboral temporal.
BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUN POSTO DE PERSOAL ADMINISTRATIVO (PERSOAL LABORAL TEMPORAL) PARA O DEPARTAMENTO DE INTERVENCIÓN DO CONCELLO DA ESTRADA
Primeira. Normas xerais
O obxecto das presentes bases é a provisión, mediante o sistema de oposición libre, dun posto de persoal administrativo para o Departamento de Intervención en réxime laboral temporal. A finalidade é, por un lado, axilizar a tramitación do importante volume de facturas existente nos últimos tempos neste departamento e, por outro, axudar na tramitación dos expedientes derivados dos fondos europeos da estratexia DUSI (2016-2010), da que o Concello da Estrada é beneficiario, tal e como consta no informe expedido para este efecto polo Departamento de Intervención o día 27 de marzo de 2017.

CONCELLO DE MARÍN
BASES PARA AS PROMOCIÓNS INTERNAS OEP 2016
BASES XERAIS E ESPECÍFICAS DOS PROCESOS SELECTIVOS PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE POR FUNCIONARIOS/AS DE CARREIRA, POR PROMOCIÓN INTERNA, DE VARIAS PRAZAS INCLUIDAS NA OEP 2016 DO CONCELLO DE MARIN.
PRIMEIRO.—OBXETO DA CONVOCATORIA
É obxecto das presentes bases a regulación dos procesos selectivos para a cobertura en propiedade por funcionarios/as de carreira, pola quenda de promoción interna, das seguintes prazas, incluídas na OEP 2016:

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN POSTO DE XESTOR/A DO PROGRAMA TEMPORAL "VILAGARCÍA AVANZA" COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A
A Xunta de Goberno Local en sesión do 13 de marzo de 2017 acordou aprobar a convocatoria para a selección dun posto de Xestor/a do Plan temporal denominado “Vilagarcía Avanza” con cargo ao programa operativo FEDER e cunha duración estimada de tres anos.
O obxecto da convocatoria é a selección mediante o procedemento de concurso dun/ha Xestor/a, grupo A, subgrupo A2, con carácter de funcionario/a interino/a.
O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As solicitudes/instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Vilagarcía de Arousa.
As bases poderán ser examinadas polos interesados no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina web do Concello de Vilagarcía:www.vilagarcia.es.
O que se fai público para xeral coñecemento.

MANCOMUNIDADE TERRAS DE DEZA
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2017
Aprobado inicialmente polo Pleno da Mancomunidade Terras de Deza, na sesión celebrada o día 25 de abril de 2017 o Orzamento para o exercicio económico 2017, en cumprimento do disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas locais, e disposicións concordantes, expónse o público nas dependencias da Mancomunidade, polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no boletín oficial da provincia, ós efectos de exame e reclamacións.
No caso de que non se formule ningunha reclamación ou suxerencia, entenderáse definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario