miércoles, 10 de mayo de 2017

BOLETINES 10/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
10/05/2017
CONCELLO DE PONTEVEDRA
EXTRACTO DE ACORDOS DA XUNTA DE GOBERNO DE 28.03.2017 Anuncio:
Extracto dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra na sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o día 28.03.2017
1.—RATIFICACIÓN DA URXENCIA DA SESIÓN.
3.—APROBACIÓN DO PROXECTO DE MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA.
4.—PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.

DECRETO DE NOMEAMENTO DE PERSOAL EVENTUAL
Mediante Decreto da alcaldía de data 28 de abril de 2017, acordouse o seguinte:
“(...) PRIMEIRO.—Nomear a dona Ana Silvia Buela Martínez, DNI 44086770W, licenciada en publicidade e relacións públicas, para ocupar o posto de xefe de negociado de grupo municipal (CDG 0002) adscrito á Presidencia, correspondéndolle o desenvolvemento das funcións propias do cargo en xornada laboral equivalente á establecida con carácter xeral para os funcionarios municipais e acompañar ao Alcalde ou a outros membros da Corporación cando se requiran os seus servizos, incluso en xornada de tarde.
As funcións do negociado de grupo municipal serán as de xestionar o traballo administrativo en materia de comunicación e prensa, cooperación e organización de tarefas nese eido, desenvolvemento de funcións propias de secretaría particular dos grupo municipais do Concello e o importe das retribucións íntegras a percibir pola nomeada serán as consignadas na relación de postos de traballo do Concello, que se corresponden cunha retribución anual asimilada ás retribucións anuais básicas e complementarias dun administrativo de xefe de negociado (grupo C1-nivel 20), sendo dada de alta no réxime xeral da Seguridade Social.

CONCELLO DE CATOIRA
DITAME FAVORABLE POLA COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS DA CONTA XERAL EXERCICIO 2016 A N U N C I O
A Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada o día 24 do presente mes de abril, ditaminou favorablemente a Conta Xeral deste Concello correspondente ao exercicio de 2016, polo que, de conformidade co disposto no artigo 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, exponse ao público polo prazo de 15 días, durante os cales e 8 máis, os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións.

CONCELLO DE FORCAREI
ORDENANZA DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA EDICTO
Aprobada inicialmente polo Pleno en sesión ordinaria de data 20 de abril de 2017 a seguinte ordenanza:
ORDENANZA DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE FORCAREI
Segundo o disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, exponse ao público o expediente durante trinta días a efectos de exame e reclamacións. De non presentarse entenderase definitivamente aprobada.

CONCELLO DE MORAÑA
CONTA XERAL 2016 E D I C T O
En cumprimento de canto dispón o artigo 212.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas,Facenda e Patrimonio, na súa sesión do 27-04-2017; exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2016, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes.



DOG                              Descripción: dog
10/05/2017
Consellería de Economía, Emprego e Industria


Axencia Galega de Servizos Sociais

AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA DE AROUSA E A SÚA RÍA
RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017 pola que se realiza convocatoria pública para cubrir unha praza de persoal laboral do cadro da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.
Prazas: 1 (unha), policía portuario.
Tipo de contrato: fixo.
Proceso selectivo: concurso-oposición.
• As bases desta convocatoria estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao de Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web: www.portovilagarcia.es
• Quen desexe tomar parte nas probas selectivas desta convocatoria cursará a súa solicitude utilizando o modelo que figura como anexo III das bases.
• As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.
• Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios:
– Taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.
– Páxina web: www.portovilagarcia.es.

Consellería de Facenda


RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos. 22786 Descargar PDF




BOE                             Descripción: boe    
10/05/2017
MINISTERIO DEL INTERIOR Subvenciones
Corrección de erratas de la Resolución de 11 de abril de 2017, de la Dirección General de Política Interior, por la que se publican las subvenciones estatales anuales, para atender los gastos de funcionamiento ordinario, abonadas a las diferentes formaciones políticas con representación en el Congreso de los Diputados, durante el primer trimestre del ejercicio 2017. PDF (BOE-A-2017-5106 - 2 págs. - 170 KB) 

Corrección de erratas de la Resolución de 11 de abril de 2017, de la Dirección General de Política Interior, por la que se publican las subvenciones estatales anuales, para sufragar los gastos de seguridad, abonadas a las diferentes formaciones políticas con representación en el Congreso de los Diputados, durante el primer trimestre del ejercicio 2017. PDF (BOE-A-2017-5107 - 2 págs. - 170 KB)  Otros formatos


No hay comentarios:

Publicar un comentario