lunes, 29 de mayo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 29/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
29/05/2017
CONCELLO DE GONDOMAR
RESOLUCIÓN DE NOMEAMENTO DE OBDULIO IGLESIAS OTERO COMO XEFE DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE GONDOMAR POR LIBRE DESIGNACIÓN
RESOLUCIÓN DE NOMEAMENTO DE OBDULIO IGLESIAS OTERO COMO XEFE DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE GONDOMAR POR LIBRE DESIGNACIÓN
Considerando que Obdulio Iglesias Otero reúne os requisitos sinalados nos apartados segundo e terceiro das Bases para a provisión, por libre designación, do posto de traballo de Xefe do Corpo da Policía Local do Concello de Gondomar.
Considerando a acreditada experiencia en funcións de mando, así como os anos de servizo, estudos, cursos realizados e todos os méritos aportados por Obdulio Iglesias Otero.
En aplicación do disposto no art. 27.1 da Lei 4/2007, de 20 de abril, de Coordinación de Policías Locais de Galicia, que atribúe ao Alcalde o nomeamento do Xefe do Corpo da Policía Local, polo sistema de libre designación, de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, trala correspondente convocatoria pública.
En aplicación do disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público; na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local; no Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local; na Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia; no Real Decreto 896/1991 e supletoriamente no Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado e nas demais normas restantes que resulten de aplicación, esta Alcaldía,
RESOLVE
1.- Nomear a Obdulio Iglesias Otero como Xefe do Corpo da Policía Local do Concello de Gondomar.

CONCELLO DE A GUARDA
APROBACIÓN DE CONVOCATORIA E BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PRAZA DE PERSOAL PARA A OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA. ANUNCIO
O Sr. Alcalde de A Guarda aprobou con data 20 de marzo de 2017 a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha praza de persoal para a oficina de información turística do Concello da Guarda cuio texto literal é o seguinte:
BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PRAZA DE PERSOAL PARA A OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DA GUARDA Ó ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONVOCADA POLA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA POR RESOLUCIÓN DE 29 DE DECEMBRO DE 2016.
BASE 1ª.—Contratación laboral temporal dunha praza de persoal para a Oficina de información turística do Concello da Guarda, cunha duración dende a sinatura do contrato ata o 15 de setembro de 2017, cunha xornada de 37,5 horas semanais, de luns a domingo, co horario que determine a Concellería de Turismo do Concello de A Guarda
Obxecto do contrato: as funcións a desenvolver consistirán en proporcionar ós turistas e viaxeiros que o soliciten información no referente a aloxamento, transporte, gastronomía, etc, sendo a modalidade de contratación a de obra ou servizo determinado.
Retribucións: 1.358,03 euros mensuais brutos incluída a prorrata de pagas extras.
A forma de selección será a de oposición libre.

CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO
CONTA XERAL 2016
Por medio do presente, e segundo o establecido no art. 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse o público, por espazo de quince días, a conta xeral do orzamento de 2016 para que durante este prazo e oito días máis, os interesados poidan presenta-las reclamacións, reparos ou observacións que estimen oportunas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario