miércoles, 24 de mayo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 24/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
24/05/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
CORRECCIÓN DE ERRO. CONVOCATORIA DO NOMEAMENTO DE FUNCIONARIADO INTERINO PARA A EXECUCIÓN DE PROGRAMAS DE CARÁCTER TEMPORAL DUN ASESOR XURÍDICO DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
CORRECCIÓN DE ERRO. CONVOCATORIA DO NOMEAMENTO DE FUNCIONARIADO INTERINO PARA A EXECUCIÓN DE PROGRAMAS DE CARÁCTER TEMPORAL DUN ASESOR XURÍDICO DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
Advertido un erro na publicación das bases da convocatoria do nomeamento de funcionariado interino para a execución de programas de carácter temporal dun asesor xurídico de administración electrónica, publicada no boletín Oficial da Provincia nº 97, de data 23 de maio de 2017, ó abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, procedese a súa rectificación, no senso que na base II das bases específicas, relativa á cualificación dos méritos, e en concreto no apartado dos cursos, onde di:

CONCELLO DE VIGO
BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DE ACTIVIDADES XUVENÍS, CONCELLARÍA DE XUVENTUDE. 2017
BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS
PARA O FOMENTO DE ACTIVIDADES XUVENÍS. CONCELLARÍA DE XUVENTUDE. 2017
(Acordo de data 4 de maio de 2017 da Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo. Expediente 4885/336)
A Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, no seu artigo 25. 2 e a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, no seu artigo 80. 2 establecen que o municipio exercerá, en todo caso competencias nos termos da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma en materia de actividades e programas de carácter xuvenil.
En relación cos proxectos encamiñados ó fomento e promoción de actividades xuvenís da cidade de Vigo, os vixentes orzamentos do Concello de Vigo para o ano 2017 consignan, na partida orzamentaria 3370.489.00.00 “subvencións para o fomento de actividades xuvenís”, un crédito por un importe total de 7.000€ ( sete mil Euros); crédito orzamentario, que o Concello de Vigo a través da Concellería de Xuventude destina a colaborar no financiamento das actividades de promoción e fomento de actividades xuvenís desenvolvidas dende as entidades e/ou colectivos xuvenís do Municipio.
A concesión destas subvencións efectuarase baixo os principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, tal e como dispoñen os artigos 8 da LXS e 5 da LSG. Así mesmo, terase en conta as modificacións operadas pola Lei 15/2014 de 16 de setembro, de racionalización do Sector Público e outras medidas de reforma administrativa que modifican o réxime xurídico da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) contido no artigo 20 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS).
As bases que seguen teñen por obxecto regular a concesión destas subvencións e iniciar o procedemento para a dita concesión.

BASES E CONVOCATORIA DE BOLSA DE EMPREGO DE TÉCNICO/A ADMINISTRACIÓN ESPECIAL-ECONOMISTA E ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 4 de maio de 2017, adoptou o seguinte acordo, aprobando as bases reitoras dos procesos selectivos para a formación de bolsas de emprego que permitan os nomeamentos interinos dun/dunha Técnico/a de Administración Especialista-Economista (integrado no subgrupo A1) e dun/dunha Enxeñeiro/a Técnico/a (integrado no subgrupo A2):
Primeiro.- Dar aprobación ás bases específicas reitoras do proceso selectivo para a formación de bolsa de emprego, que permita os nomeamentos interinos previstos no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, como Técnico de Administración especial-economista, integrado no subgrupo A1, e que forman parte inseparable como ANEXO UN do presente acordo, ordenando a súa urxente publicación integra no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Editos da Casa do Concello e na páxina web municipal www.vigo.org, para público e xeral coñecemento.
Segundo.- Ordenar que se proceda á convocatoria pública do proceso selectivo para a formación dunha Bolsa de Emprego de Técnico de Administración especial-economista, subgrupo A1, a executar segundo as bases específicas reitoras que forman parte inseparable como ANEXO UN do presente acordo, ordenando a publicación de anuncio a tal efecto, que será obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Editos da Casa do Concello e na páxina web municipal www.vigo.org, para público e xeral coñecemento.
Terceiro.- Dar aprobación ás bases específicas reitoras do proceso selectivo para a formación de bolsa de emprego, que permita os nomeamentos interinos previstos no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, como Enxeñeiro Técnico, integrado no subgrupo A2, e que forman parte inseparable como ANEXO DOUS do presente acordo, ordenando a súa urxente publicación integra no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Editos da Casa do Concello e na páxina web municipal www.vigo.org, para público e xeral coñecemento.
Cuarto.- Ordenar que se proceda á convocatoria pública do proceso selectivo para a formación dunha Bolsa de Emprego de Enxeñeiro Técnico, subgrupo A2, a executar segundo as bases específicas reitoras que forman parte inseparable como ANEXO DOUS do presente acordo, ordenando a publicación de anuncio a tal efecto, que será obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Editos da Casa do Concello e na páxina web municipal www.vigo.org, para público e xeral coñecemento.

CONCELLO DE CANGAS
LICITACIÓN DO SERVIZO DE ELABORACIÓN DA RPT E PLAN DE ORDENACIÓN DOS RR.HH. DO CONCELLO
LICITACIÓN DO SERVIZO DE ELABORACIÓN DA RPT
1.- ENTIDADE ADXUDICADORA
a) Organismo: Concello de Cangas
b) Departamento que tramita o expediente: Secretaría
c) Obtención da documentación e información:
1.- Dependencia: Apoio Xurídico a Secretaría
2.- Domicilio: Avda. Castelao n.º 2
3.- Localidade e Código Postal: Cangas, 36940
4.- Teléfono: 986.300.050
5.- Fax: 986.304.850
6.- Correo electrónico: apoioxuridico@cangas.gal
7.- Dirección perfil de contratante: www.contrataciondelestado.es
2.- OBXECTO DO CONTRATO
a) Tipo de contrato: administrativo de servizo
b) Descrición: prestación do servizo de elaboración da RPT e Plan de ordenación dos RRHH
c) Lugar de execución: Cangas
d) Prazo de execución: 16 meses
3.- TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO
a) Procedemento: aberto con único criterio de adxudicación
b) Tramitación: ordinaria
4.- VALOR ESTIMADO DO CONTRATO
24.793,39 euros
5.- TIPO DE LICITACIÓN (mellorable á baixa)
30.000 euros (IVE incluído)

CONCELLO DE MEAÑO
CONVOCATORIA PARA CUBRIR PRAZAS EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL
Aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de data 9 de maio de 2017, as Bases de selección que regularán as seguintes prazas
• 1 OPERARIO/A LIMPADOR/A MANTENEDOR/A PISCINA MUNICIPAL
• 5 MONITORES/AS TEMPO LIBRE
• 1 COIDADOR/A CAMPAMENTOS VERÁN
Selección dos aspirantes: O que dispoñen as correspondentes bases.
Prazo de presentación de instancias: 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
* As bases e modelos de solicitude estarán a disposición dos interesados na páxina web e nas oficinas municipais do Concello de Meaño, das que se facilitará copia a quen a solicite

No hay comentarios:

Publicar un comentario