viernes, 26 de mayo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 26/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
26/05/2017
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
RECTIFICACIÓN DA CONVOCATORIA QUE APROBA O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL QUE INTEGRARÁ A BOLSA DE PERSOAL ADMINISTRATIVO DO ORAL RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
O Deputado, en virtude das competencias delegadas da presidencia en materia de persoal, dita a seguinte
RESOLUCIÓN:
“Ó amparo do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, RESOLVO rectificar a Resolución Presidencial nº2017009896, publicada no BOP nº97, de 23 de maio de 2017, pola que se aproba a convocatoria para postos de administrativo do ORAL, por omisión de exención do exame de galego, no ANEXO I no quinto apartado do primeiro punto, en relación co TERCEIRO EXERCICIO, debe engadirse “Quedan exentos desta proba as e os aspirantes que acrediten estar en posesión do CELGA 4. Neste caso outorgaráselles a cualificación máxima do exercicio”.

CONCELLO DE VIGO
RESOLUCIÓN DO EXCMO. SR. ALCALDE DO CONCELLO DE VIGO DE DATA 29/03/2017 POLA QUE SE PROCEDE AO NOMEAMENTO DE PERSOAL EVENTUAL. EXPTE. 29719/220 RESOLUCIÓN
En sesión extraordinaria e urxente de data 13/03/2017 a Xunta de Goberno Local acordou determinar o número do persoal eventual correspondente aos grupos políticos municipais do Concello de Vigo, dentro dos termos contemplados nos vixentes Orzamentos municipais e Relación de Postos de Traballo.
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente realizada o 13/01/2017, adoptou acordo de modificación puntual da vixente relación de postos de traballo do Concello de Vigo (BOP nº 43, do 02/03/2017)-Postos de persoal eventual.
Considerando o disposto no art. 12 do Real decreto legislativo 5/2015, de 30 de octubre, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, en canto ás funcións de confianza ou asesoramento especial que presta o persoal eventual, así como as condicións de nomeamento e cesamento do mesmo e nos arts. 104 e 104.bis da LRBRL; no uso das competencias que me atribúe o art. 124.4.b) e i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, pola presente:
R E S O L V O :
Primeiro.-. Nomear, persoal eventual suxeito ao previsto no no art. 12 do Real decreto legislativo 5/2015, de 30 de octubre, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público a proposta do Grupo municipal Marea de Vigo, con efectos económicos e administrativos de 01/04/2017 a:
POSTO
DEDICACIÓN
RETR.BRUTA ANUAL
NOME
Auxiliar Administrativo
Xornada completa
21.710,08 €
Raquel Monteso Fernández
Segundo.- Dispoñer que o réxime retributivo e o de prestación das funcións de confianza e asesoramento especial será o acordado pola Xunta de Goberno Local en sesión de data 13/03/2017.

CONCELLO DE BUEU
APROBACIÓN DEFINITIVA DA DISOLUCIÓN DO INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES
ANUNCIO RELATIVO Á ELEVACIÓN A DEFINITIVO DO ACORDO DE APROBACIÓN INICIAL DA MEMORIA XUSTIFICATIVA E INICIO DE EXPEDIENTE DE DISOLUCIÓN E EXTINCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL DENOMINADO INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES (IMD) DEPENDENTE DO CONCELLO DE BUEU
Expediente: Disolución e extinción do organismo autónomo local denominado Instituto Municipal de Deportes (IMD) dependente do concello de Bueu.
Trámite: Anuncio de elevación a definitivo do acordo de aprobación inicial da memoria xustificativa, e inicio de expediente de disolución e extinción do IMD.
O Pleno do Concello, na sesión ordinaria celebrada o día 06.03.2017, prestou aprobación inicial á proposta da alcaldía, de 07.02.2017 (C.V: 4RCSX65C4SDGHNRZCHDM6WLKE) de incoación do procedemento de disolución e extinción do organismo autónomo local (OAL) denominado Instituto Municipal de Deportes (IMD) dependente do concello de Bueu,CIF Q3600412E, e domicilio social na Avenida do Instituto s/n, 36930, de Bueu.
Non se presentaron alegacións durante o prazo conferido ao efecto (BOP nº 55, de 20.03.2017), polo que se entende elevado a definitivo o acordo de aprobación ata agora inicial, de conformidade co sinalado no punto terceiro da parte dispositiva do devandito acordo plenario.
O texto íntegro do acordo aprobado inicialmente elevado a definitivo é do teor literal seguinte:
Pola Presidencia dáse conta da proposta da alcaldía, de 07.02.2017, relativa á incoación do procedemento de disolución e extinción do organismo autónomo local denominado Instituto Municipal de Deportes dependente do concello de Bueu (expediente ref. 65/2017), procedendo á lectura do resultado da votación do ditame da Comisión Informativa de Facenda e Réxime Interior, emitido con data 01/03/17, no seguinte senso:
“Sometida a votación esta proposta, a Comisión informativa de Facenda, Réxime Interior e Especial de Contas, cos votos a favor dos Concelleiros/as de BNG-Asembleas Abertas (4), a abstención formulada polos Sres/as Concelleiros/as de SON (1) e PP (1), DITAMINA FAVORABLEMENTE A PROPOSTA de Alcaldía de 07.02.2017 relativa ó expediente de Incoación do procedemento de disolución e extinción do Organismo Autónomo Local denominado Instituto Municipal de Deportes, dependente do Concello de Bueu”
De seguido o Presidente cédelle a palabra ó Concelleiro Delegado de Facenda e Réxime interior que xustifica a proposta, formulada con data 07.02.2017 e dictaminada con data 01.03.2017, nos seus propios termos, dando lectura á mesma co seguinte contido literal:

CONCELLO DE CANGAS
APROBACIÓN DEFINITIVA DO REGULAMENTO MUNICIPAL DE HONORES E DISTINCIÓNS
Por Acordo do Pleno de data 28.04.2017, aprobouse definitivamente o Regulamento municipal de honores e distincións, de conformidade co disposto no artigo 70.2 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, públicase o seu texto íntegro, ao efecto da súa entrada en vigor.
Regulamento municipal de honores e distincións
O ser propósito da Corporación Municipal premiar merecementos especiais, servizos extraordinarios e condutas de persoas que se distinguiron, ou se distinguen, dunha maneira especial, na prestación de servizos ó seu país e a este municipio, e tamén atender os méritos, cualidades e circunstancias especiais dos que, así mesmo, tiveron relación con este concello.
Para iso, e con obxecto de cumprir tal propósito, hanse de crear medallas, emblemas, condecoracións e outros distintivos honoríficos que sirvan para tal fin, así como poder realizar nomeamentos de Fillo/as Predilecto/as e Adoptivo/as.
O Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais ordena no seu artigo 191 (ROF R.D. 2568/1986), que os requisitos e trámites necesarios para a concesión dos honores e distincións referidos anteriormente, se determinen nun regulamento especial, coa observación das formalidades que se expresan.
En cumprimento de tal precepto legal, o Concello de Cangas aproba o seguinte regulamento, do que se expoñen as cláusulas seguintes:

CONCELLO DE SILLEDA
CONVOCATORIA CONSULTA POPULAR
Esta Alcaldía, dacordo co establecido co Capítulo V, Sección 4ª, artigo 257 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, por medio do presente dase conta do Decreto 45/2017, do 27 de abril, de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Públicass e Xustiza, da Xunta de Galicia (DOG nº 82 do 28.04.2017):
“DECRETO 45/2017, do 27 de abril, polo que se convoca unha consulta popular no municipio de Silleda sobre o traslado da casa do concello.
Unha das formas reguladas normativamente para facilitar a participación dos cidadáns na vida pública dos seus municipios é a través das consultas populares. A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, regula no seu artigo 71 as consultas populares e dispón que os alcaldes, logo de acordo por maioría absoluta do pleno e autorización do Goberno da Nación, poderán someter a consulta popular aqueles asuntos de competencia propia municipal e de carácter local que sexan de especial relevancia para os intereses dos veciños, con excepción dos relativos á Facenda local.
Por outro lado, o artigo 257 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, dispón que corresponde aos municipios someter a consulta popular os asuntos da competencia propia municipal, cuxa celebración se axustará ás disposicións xerais e ao procedemento establecido pola lexislación do Estado en materia de referendo, determinando que, autorizada a convocatoria polo Goberno da Nación, o Consello da Xunta de Galicia, de conformidade coa resolución municipal, a efectuará mediante decreto, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
O Concello de Silleda en Pleno acordou por maioría absoluta, o 28 de xullo de 2016, promover a consulta popular. Os termos exactos da consulta foron aprobados en sesión celebrada polo Pleno o 29 de setembro de 2016.
O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 16 de febreiro de 2017, autoriza a remisión ao Goberno do Estado da solicitude de consulta popular presentada polo Concello de Silleda, xunto co informe a que se refire o artigo 257 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
O Consello de Ministros, en reunión do 24 de marzo de 2017, adoptou acordo mediante o cal se autoriza o Concello de Silleda a realizar unha consulta popular respecto do traslado da casa do concello.
O 5 de abril, o alcalde do Concello de Silleda comunica que a data elixida para a celebración da consulta popular é o día 4 de xuño de 2017.
Na súa virtude, de conformidade co establecido no artigo 257 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de abril de dous mil dezasete,

No hay comentarios:

Publicar un comentario