martes, 9 de mayo de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 08/05/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
08/05/2017
CONCELLO DE PONTEVEDRA
RESOLUCIÓN DEFINITIVA, LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DO PROCESO SELECTIVO: SUBALTERNO
“RESOLUCIÓN DA CONCELLERÍA DE GOBERNO RESPONSABLE DA ÁREA DE RÉXIME INTERIOR, PERSOAL E PATRIMONIO POLA QUE SE APROBA A RELACIÓN DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS E SE FIXA A DATA DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA CUBRIR TRES PRAZAS VACANTES DE SUBALTERNO NO CONCELLO DE PONTEVEDRA POLA QUENDA LIBRE INCLUÍDAS NA OEP DO ANO 2010 E DO ANO 2015
Por Resolución do concelleiro de goberno responsable da Área de Réxime Interior, Persoal e Patrimonio publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) nº 55 de data 20/03/2017, fixéronse públicas as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos e a composición do tribunal do proceso selectivo convocado para cubrir tres prazas vacantes de subalterno no Concello de Pontevedra pola quenda libre incluídas na Oferta Emprego Pública do ano 2010 e do ano 2015.
De conformidade co previsto nas Bases reguladoras da convocatoria, unha vez examinadas as reclamacións presentadas dentro do prazo,
RESOLVO:
Primeiro.—Aprobar as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos do proceso selectivo convocado:
PRAZA: SUBALTERNO
QUENDA LIBRE (3 PRAZAS)

CONCELLO DE CANGAS
APROBACION DEFINITIVA ORZAMENTO 2017
Mediante acordo plenario de data 28.04.2017 quedou definitivamente aprobado o Orzamento Xeral do Concello de Cangas para o exercicio 2017, comprensivo do orzamento municipal, Bases de Execución e Cadro de Persoal funcionario e laboral, acordándose a desestimación das reclamacións presentadas dentro do prazo de exposición ao público.
De conformidade co artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, publícase o resumo do mesmo por capítulos:

CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO 29 TRABALLADORES TEMPORAIS PLAN CONCELLOS 2017
Por acordo de Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas de data 02/05/2017 aprobouse a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a selección de 29 traballadores en réxime laboral temporal ao abeiro do Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra dirixido aos aspirantes desempregados remitidos polo Servizo Público de Emprego.
As bases da convocatoria estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do Concello (www.cangas.gal).

CONCELLO DE POIO
CORRECCIÓN DE ERRO NO ANUNCIO PUBLICADO O DÍA 02.05.17 DE LICITACIÓN DO CONTRATO DE XESTIÓN DE NÓMINAS E CONTRATOS DE PERSOAL E ASESORAMENTO LABORAL E FISCAL
ANUNCIO DE CORRECCIÓN
Téndose producido un erro no anuncio de licitación de contrato do servizo de xestión de nóminas e contratos de persoal e asesoramento laboral e fiscal do Concello de Poio publicado no BOP do día 2 de maio de 2017 ao non indicarse no mesmo o prazo para a presentación de proposicións, procédese á súa emenda indicándose que o prazo de presentación de proposicións será de 15 días naturais a partir da publicación deste anuncio de corrección no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, permanecendo igual o resto do anuncio publicado.

CONCELLO DE SOUTOMAIOR
BASES CONVOCATORIA PROVISIÓN INTERINA MEDIANTE CONCURSO DUNHA PRAZA ADMINISTRATIVO/A DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR, PARA CUBRIR BAIXA POR MATERNIDADE DA TITULAR
1º.—OBXECTO DA CONVOCATORIA
É obxeto das presentes Bases a cobertura da praza de persoal funcionario de esta Corporación, con carácter de interinidade (cubrir baixa por maternidade da funcionaria de carreira titular). A contratación que se oferta fundamentase no artigo 23.2 b) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
2º.—FUNCIÓNS A REALIZAR
— Administrativo/a: Enmarcada no Grupo C de titulación, Subgrupo C1; escala, Administración xeral; subescala, administrativa
A praza referida está adscrita á Secretaría-Intervención e as funcións asignadas a esta praza están establecidas na Relación de Postos de traballo do concello.
2º.—RÉXIME RETRIBUTIVO
As retribucións serán as que corresponden á praza de Administrativo.
3º.—SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese o de concurso público.
4º.—DURACIÓN DO CONTRATO
A duración do contrato será o tempo transcorrido dende o inicio da baixa da titular ata a súa reincorporación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario