viernes, 30 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 30/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
30/06/2017
CONCELLO DE COVELO
CONTA XERAL 2016
Formulada e rendida a Conta Xeral do Presuposto desta Corporación correspondente ó exercicio de 2016 e informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ó público cos documentos que a xustifican na Secretaria desta entidade, por espazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte da inserción do presente edicto no BOP, ó obxecto de que os interesados lexítimos poidan examinalas e formular por escrito os reparos e observacións que estimen pertinentes, durante dito prazo e os 8 días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril e 193 da Lei 39/1988, de 28 de decembro.

CONCELLO DE CUNTIS
APROBAR INICIALMENTE O EXPEDIENTE DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DE ORDENANZA DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA EDICTO
O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o 1 de xuño de 2017 acordou aprobar inicialmente o expediente da Ordenanza municipal reguladora de Ordenanza de Administración electrónica.
Exponse ao público, durante o prazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, podendo ser examinado e formularse reclamacións, durante o mesmo prazo.De non presentarse reclamacións ou observación ningunha, entenderase definitivamente aprobado.

APROBACIÓN CREACIÓN DE FICHEIROS SEGÚN A L.O.P.D.
O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o 1 de xuño de 2017 acordou crear conforme á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os ficheiros que se contemplan no Anexo e solicitar a súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos.
Insírese a continuación o texto íntegro do acordo a todos os efectos legais, e especialmente, o da súa entrada en vigor. Anexo
Primeiro. Creación de Ficheiros denominado “Rexistro de entrada e Saída”, co seguinte contido:

CONCELLO DE A LAMA
EXPOSICIÓN PÚBLICA CONTA XERAL 2016
En cumprimento do disposto polo artigo 212.3 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, na súa sesión de data 20/06/2017, exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2016, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis, os que se estimen interesados poderán presentar as reclamacións, os reparos ou observacións que teñan por convenientes.

CONCELLO DE MOAÑA
CONVOCATORIA PARA A CONFECCION DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CATEGORIA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A CON CARACTER DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO
CONVOCATORIA PARA A CONFECCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CATEGORÍA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A CON CARACTER DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 12.06.2017, aprobou as bases que regularán a confección dunha bolsa de emprego para a categoría de auxiliar administrativo/a con carácter de persoal funcionario interino mediante o sistema de concurso oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de dez días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodemoana.org).

CONCELLO DE SOUTOMAIOR
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO XERAL PARA O ANO 2017 DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR E D I C T O
Aprobado definitivamente o Orzamento Xeral do Concello para o 2017 no Pleno do 26 de xuño de 2017, e comprensivo aquel do o Orzamento Xeral deste Concello, Bases de Execución, así como a relación de postos de traballo e plantilla do persoal correspondente, de conformidade co artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, publicase o resumo do mesmo por capítulos.
Tamén faixe público as retribucións dos membros corporativos con dedicación, indemnizacións e asistencias, de acordo có anexo que se cita a continuación.
Contra a devandita aprobación poderán os interesados interpoñer, se así o estiman, recurso contencioso administrativo na forma e prazos cos requisitos, formalidades e causas sinaladas no artigo 170 e 171 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e na forma e prazos que establecen as normas de devandita Xurisdicción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario