lunes, 5 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 05/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
05/06/2017
CONCELLO DE PONTEVEDRA
REMISIÓN AO XULG. CONT-ADTIVO Nº1 DE PONTEVEDRA DO EXPDTE ADTIVO SOBRE IMPUGNACIÓN BASES ESPECÍFICAS PROCESO SELECTIVO PARA PROVISIÓN DE PRAZAS DE ADMINISTRATIVO OEP 2015(RECORRENTE: LORENA CANOSA VIÉITEZ).
REMISIÓN AO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚM. 1 DE PONTEVEDRA DO EXPEDIENTE ADMINISTRATIVO RELATIVO AO PROCEDEMENTO ABREVIADO 0000071/2017-LO DERIVADO DA INTERPOSICIÓN DO RECURSO CONT-ADTIVO CONTRA AS BASES ESPECÍFICAS REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN DE PRAZAS DE ADMINISTRATIVO DA OEP 2015 (RECURSO INTERPOSTO POR DONA LORENA CANOSA VIÉITEZ)
Visto o requirimento do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 de Pontevedra, mediante o que reclama a remisión do expediente administrativo relacionado co recurso presentado por dona Lorena Canosa Viéitez, resultan relevantes os seguintes:

CONCELLO DE VIGO    
MODIFICACIÓN DATAS OEP 2013
En data 01 de xuño de 2017, o Concelleiro-Delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal resolve modificar as datas de celebración do primeiro exercicio dos procesos selectivos correspondentes á OEP 2013, datas que foron aprobadas por acordo da XGL o 12/05/17 e publicadas no BOP Nº96. Expdte administrativo 29988/220
En cumprimento do previsto no artigo 74 do RD Lexislativo 5/2015 e demais normativa aplicable, faise público a seguinte resolución:
““Primeiro.—Proceder á modificación, por cuestións operativas, das datas e lugares de celebración do primeiro exercicio de cada un dos procesos selectivos, que foron aprobadas por acordo de Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente de data 12 de maio de 2017, publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 96, debendo figurar onde di:
“Cuarto.—Dispoñer que as datas e lugares de celebración do primeiro exercicio de cada un dos procesos selectivos serán os seguintes:
Técnico/a Medio/a de Actividades Culturais e Educativas: Martes, 6 de xuño de 2017 ás 09:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Administrativo/a de Administración Xeral: Mércores, 7 de xuño de 2017 ás 12:00 horas na Aula da Policía Local, sita na Policía Local de Vigo, en Praza do Rei nº1, andar -1, de Vigo.
Programador/a Informática: Martes, 6 de xuño de 2017 ás 12:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Condutor/a Bombeiro/a: Luns, 12 de xuño de 2017 ás 12:30 horas no Auditorio municipal, sito na Praza do Rei, nº1 de Vigo.
Oficial Conserxe: Xoves, 8 de xuño de 2017 ás 11:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Oficial Xardineiro/a: Xoves, 8 de xuño de 2017 ás 13:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Oficial Almaceneiro/a: Venres, 9 de xuño de 2017 ás 11:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Oficial Carpinteiro/a: Venres, 9 de xuño de 2017 ás 13:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.”
O seguinte:
“Cuarto.—Dispoñer que as datas e lugares de celebración do primeiro exercicio de cada un dos procesos selectivos serán os seguintes:
Técnico/a Medio/a de Actividades Culturais e Educativas: Martes, 27 de xuño de 2017 ás 09:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Administrativo/a de Administración Xeral: Mércores, 28 de xuño de 2017 ás 12:00 horas na Aula da Policía Local, sita na Policía Local de Vigo, en Praza do Rei nº1, andar -1, de Vigo.
Programador/a Informática: Martes, 27 de xuño de 2017 ás 12:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Condutor/a Bombeiro/a: Luns, 03 de xullo de 2017 ás 12:30 horas no Auditorio municipal, sito na Praza do Rei, nº1 de Vigo.
Oficial Conserxe: Xoves, 29 de xuño de 2017 ás 11:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Oficial Xardineiro/a: Xoves, 29 de xuño de 2017 ás 13:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Oficial Almaceneiro/a: Venres, 30 de xuño de 2017 ás 11:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello.
Oficial Carpinteiro/a: Venres, 30 de xuño de 2017 ás 13:00 horas na Sala Anexa ao Pleno, sita no primeiro andar da Casa do Concello, mantendo os restantes extremos do acordo indicado.

CONCELLO DE FORCAREI
EXPOSICIÓN CONTA XERAL DO EXERCICIO 2016 UNHA VEZ DITAMINADA POLA COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS
Formulada e rendida a CONTA XERAL correspondente ao exercicio de 2.016 e informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público, cos documentos que a xustifican, na Secretaría desta entidade polo espazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que os interesados poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo de exposición e os oito seguintes días, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de Abril e o 212.3 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

CONCELLO DE POIO
APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO MUNICIPAL CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2017 A N U N C I O
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de maio de 2017 o Orzamento deste Concello para o exercicio económico de 2017, que contén a documentación sinalada nos artigos 162 a 193 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada polo Real Decreto Lei 2/2004, de 5 de marzo, e en cumprimento do disposto no artigo 169.1 de dito Texto Refundido, exponse ao público polo prazo de quince dias hábiles, para que durante o citado prazo, poidan formularse as reclamacións e suxestións que consideren oportunas ante o Pleno. O orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentan reclamacións; en caso contrario o Pleno disporá dun prazo de un mes para resolvelas. Poio, 31 de maio de 2017

MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DOS VALES DO ULLA E UMIA
CONTA XERAL 2016 E D I C T O
En cumprimento de canto dispón o artigo 212.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, na súa sesión do 30-05-2017; exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2016, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes

No hay comentarios:

Publicar un comentario