jueves, 22 de junio de 2017

BOLETINES 22/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
22/06/2017
CONCELLO DE  VIGO


RECTIFICACIÓN DE ERRO NO INFORME-PROPOSTA DE DATA 09/05/17 E DO ACORDO DA XGL DE 25/05/17 NO EXPDTE 29932/220
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 01 de xuño de 2017, adoptou o seguinte acordo, aprobando rectificación de erro no informe-proposta da Área de Recursos Humanos e Formación, de data 09/05/2017, e consecuentemente do acordo da XGL de 25/05/2017 (expdte 29932/220. Bases reitoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos do Art.10.1TRLEBEP como Técnico de Xestión) Expdte 30059/220:
ÚNICO.- Rectificar, ao abeiro do artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, o erro detectado na proposta da Área de RRHH e Formación , de data 9/05/2017 e consecuentemente o acordo da Xunta de Goberno Local de data de data 25/5/2017, polo que foron aprobadas as Bases Reitoras do Proceso Selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos do artigo 10.1 do TRLEBEP, como Técnico de Xestión (Expte: 29932/220), debendo figurar onde di:
Tema 8.- Principios da organización administrativa. Principios reitores das relacións entre as administracións. Os órganos colexiados. A abstención e recusación.
Tema 8.- O acto administrativo: concepto e clases. Requisitos: competencia, contido, motivación e forma. Eficacia dos actos administrativos. Obriga de resolver e silencio administrativo.
Tema 8.- Principios da organización administrativa. Principios reitores das relacións entre as administracións. Os órganos colexiados. A abstención e recusación. O acto administrativo: concepto e clases. Requisitos: competencia, contido, motivación e forma. Eficacia dos actos administrativos. Obriga de resolver e silencio administrativo.Mantendo os restantes extremos do acordo indicado”.

BASES REITORAS E CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO QUE PERMITA OS NOMEAMENTOS INTERINOS COMO TÉCNICO DE XESTIÓN ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local, na sesión do 25 de maio de 2017, adoptou o seguinte acordo, aprobando as bases reitoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos do artigo 10.1 TRLEBEP, como Técnico de Xestión:
Primeiro.—Dar aprobación ás bases específicas reitoras do proceso selectivo para a formación de bolsa de emprego, que permita os nomeamentos interinos previstos no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, como Técnico de Xestión subgrupo A2, e que forman parte inseparable como ANEXO UN do presente acordo, ordenando a súa urxente publicación integra no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Editos da Casa do Concello e na páxina web municipal www.vigo.org, para público e xeral coñecemento.
Segundo.—Ordenar que se proceda á convocatoria pública do proceso selectivo para a formación dunha Bolsa de Emprego de Técnico de xestión subgrupo A2, a executar segundo as bases específicas reitoras que forman parte inseparable como ANEXO UN do presente acordo, ordenando a publicación de anuncio a tal efecto, que será obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Editos da Casa do Concello e na páxina web municipal www.vigo.org, para público e xeral coñecemento.

CONCELLO DE  A ESTRADA
BASES PARA A CONVOCATORIA DO CONCURSO INTERNO DE PROVISIÓN DE UNHA PRAZA DE CONSERXE ANUNCIO
Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 513/2017, do 30 de maio de 2017, aprobáronse as bases para da convocatoria do concurso interno de provisión de unha praza de conserxe.
BASES PARA A CONVOCATORIA DO CONCURSO INTERNO DE PROVISIÓN
DE UNHA PRAZA DE CONSERXE
PRIMEIRA.—OBXECTO DA CONVOCATORIA
É obxecto das presentes bases a regulación do procedemento para a provisión duha praza vacante de «Conserxe», do Edificio de Usos Múltiples mediante concurso de méritos reservado a persoal laboral do Concello da Estrada.
SEGUNDA.—CARACTERÍSTICAS DO POSTO
Persoal Laboral fixo. Grupo V
TERCEIRA.—REQUISITOS E CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
Poderán participar no presente concurso quenes reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter a condición de persoal laboral fixo ao servizo do Concello da Estrada
b) Desenvolver funcións que requiran esforzo físico (limpadoras, protección civil, etc.)
c) Estar en situación de servizo activo durante os últimos tres anos.
d) Poseer a capacidade funcional para o desempeño das tareas habituais da praza.

CONCELLO DE   LALÍN
BASES PARA A SELECCIÓN DUN POSTO DE ADMINISTRATIVO PARA A EXECUCIÓN DA EXTRATEXIA LALÍN SSUMA 21 SUBVENCIONADA CON FONDOS DUSI.
BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN ADMINISTRATIVO PARA A EXECUCIÓN DA ESTRATEXIA LALÍN SSUMA 21 SUBVENCIONADA CON FONDOS DUSI DA UE, COMO FUNCIONARIO INTERINO MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICION.
1ª.—OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria ten por obxecto a selección dun/ha funcionario/a interino/a administrativo/a para a execución da Estratexia Lalín SSUMA 21 subvencionada cos fondos de Desenvolvemento Urbano Sostible e Intelixente (DUSI), cofinanciado a través do Programa de Crecemento Sostible FEDER 2014-2020, ao abeiro da Orde HAP/2427/2015, de 13 de novembro.
As características deste posto de administrativo son as seguintes:
— Grupo: C1
— Escala/Subescala: Administración Xeral, Administrativa.
— Natureza xurídica do posto: funcionario/a interino/a. Art. 10.1c), RDL 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do EBEP.
— Nomeamento: por un período de 3 anos.
— Nivel de complemento de destino (CD): 20
— Complemento específico (CE): 4.601,38 euros anuais (14 pagas).
— Titulación: Estar en posesión do título de Bacharelato, FP medio ou titulación equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
A presente convocatoria e bases será obxecto de publicación no BOP de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Lalín. O resto de actos do proceso selectivo que deban ser obxecto de publicidade serán publicados unicamente no taboleiro de anuncios, e na páxina web do Concello de Lalín.
2ª.—COMETIDOS FUNCIONAIS
Os cometidos funcionais deste posto de traballo de administrativo son a xestión da Estratexia Lalín SSUMA 21, subvencionada con fundos DUSI da UE, pois trátase dun posto que se vincula directamente con ese programa.

CONCELLO DE SAXENXO

ACORDO PLENO SOBRE RÉXIME DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS E PARCIAIS A CARGOS DO CONCELLO ASÍ COMO A INDEMNIZACÓON POR ASISTENCIA ÁS SESIÓNS DE ÓRGANOS COLEXIADOS.

DOG                                             Descripción: dog                                                         
22/06/2017
Consellería de Facenda

AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA DE AROUSA E A SÚA RÍA
RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública dunha bolsa de traballo de persoal laboral temporal do cadro desta autoridade portuaria.
Prazas: 1 (unha) bolsa de traballo de oficial de obras e mantemento.
Tipo de contrato: temporal.
Proceso selectivo: concurso de meritos.
As bases desta convocatoria estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web: www.portovilagarcia.es.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.
Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios:
Taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.
Páxina web: www.portovilagarcia.es.




BOE                                                          Descripción: boe  
22/06/2017
JEFATURA DEL ESTADO Asistencia jurídica gratuita
Ley 2/2017, de 21 de junio, de modificación de la Ley 1/1996, de 10 de enero, de asistencia jurídica gratuita. PDF (BOE-A-2017-7106 - 3 págs. - 169 KB) Otros formatos

CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia
Acuerdo de 15 de junio de 2017, de la Comisión Permanente del Consejo General del Poder Judicial, por el que se convoca concurso de méritos para la provisión de puesto de trabajo en el Servicio de Inspección.

MINISTERIO DEL INTERIOR Funcionarios de los Subgrupos C1 y C2
Resolución de 5 de junio de 2017, de la Subsecretaría, por la que se convoca concurso general para la provisión de puestos de trabajo en la Jefatura Central de Tráfico. PDF (BOE-A-2017-7118 - 49 págs. - 992 KB)  Otros formatos

MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA Altos cargos
Resolución de 16 de junio de 2017, de la Secretaría de Estado de Función Pública, por la que se da cumplimiento a lo dispuesto en el artículo 22.2 de la Ley 3/2015, de 30 de marzo, reguladora del ejercicio del alto cargo de la Administración General del Estado. PDF (BOE-A-2017-7133 - 2 págs. - 162 KB) Otros formatos


No hay comentarios:

Publicar un comentario