viernes, 9 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 09/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
09/06/2017
CONCELLO DE PONTEVEDRA
EXTRACTO ACORDOS XUNTA DE GOBERNO DE 31.05.2017 Anuncio:
Extracto dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra na sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o día 31.05.2017
3.—DETERMINACIÓN DUNS CRITERIOS OBXECTIVOS PARA A ASIGNACIÓN INDIVIDUALIZADA DO COMPLEMENTO DE PRODUTIVIDADE POR ESPECIAL DEDICACIÓN NO CONCELLO DE PONTEVEDRA. EXPTE: 2017/XENPER/000007.

CONCELLO DE A ESTRADA
APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO MUNICIPAL 2017 ANUNCIO
Aprobado definitivamente o Orzamento municipal para o exercicio 2017, segundo acordo adoptado na sesión plenaria do 1 de xuño de 2017 no que se desestima a reclamación presentada durante o período de exposición pública da aprobación inicial do mesmo adoptada en sesión do 20 de abril de 2017, efectuada no B.O.P. nº 81 do 27 de abril de 2017, procédese á publicación prevista no artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, ao efecto da súa entrada en vigor, faise público que o mesmo ascende tanto en ingresos como en gastos á cantidade de 12.755.000,00 euros, segundo resumo por capítulos:

CONCELLO DE MONDARIZ
PRAZA SECRETARIA. CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DE LISTA DE RESERVA ANUNCIO CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DO POSTO DE SECRETARIO DE CLASE TERCEIRA
Por Resolución de Alcaldía de data 29 de maio de 2017, aprobáronse as bases e a convocatoria para a formación dunha lista de reserva para a provisión interina do posto de secretario de clase terceira, reservado a funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional, subescala de secretaría-intervención, cuxas prazas correspondentes están integradas no grupo A, subrupo A-1. Estas bases están a disposición dos interesados na páxina web do concello, www.concellodemondariz.gal.
Durante o prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do presenta anuncio no Boletín Oficial da Provincia, as persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas para a formación dunha lista de reserva para a provisión interina do posto de secretario de clase terceira poderá facelo mediante instancia dirixida ao Sr. alcalde do Concello de Mondariz, cos requisitos que se establecen nas bases reguladoras do proceso selectivo, publicadas na páxina web do concello, www.concellodemondariz.gal.

CONCELLO DE TOMIÑO
APROBACIÓN CONTA XERAL EXERCICIO 2016
Formulada e rendida a Conta Xeral, correspondente o exercicio económico de 2016 deste Concello, e informada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, na súa sesión de 29 de maio de 2017; exponse ó público na Intervención desta entidade cos documentos que a xustifican, por prazo de 15 días hábiles, contados a partires do seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, para que poida ser examinada e formularse os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo de exposición e os oito seguintes, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario