viernes, 16 de junio de 2017

BOPPO PONTEVEDRA 16/06/2017

BOPPO PONTEVEDRA                      Descripción: logo
16/06/2017
CONCELLO DE  BAIONA
APROBACIÓN DO PLAN ECONÓMICO-FINANCEIRO DO CONCELLO DE BAIONA PARA OS EXERCICIOS 2017-2018.
O Pleno do Concello de Baiona, en sesión ordinaria celebrada o día un de xuño de dous mil dezasete, acordou a aprobación do Plan Económico-financeiro do Concello de Baiona para os exercicios 2017-2018.
De acordo co disposto nos artigos 23.4 da Lei Orgánica 2/2012, e 26 do Real Decreto lexislativo 1463/2007, o Concello de Baiona deberá publicar o Plan no boletín oficial da Provincia coa finalidade de estar exposto ao público durante o prazo de 15 días dende a súa publicación, posto que na devandita lei prevese a mesma publicidade que a establecida polas leis para os orzamentos da entidade.
Unha vez rematado este prazo de exposición pública, publicarase o texto do Plan no B.O.P a efectos exclusivamente informativos. En Baiona a 01 de xuño de 2017

CONCELLO DE  O GROVE
FORMALIZACIÓN DE CONTRATO DE LIMPEZA DAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS
ANUNCIO DE FORMALIZACIÓN DE CONTRATO DE SERVIZO DE LIMPEZA E CONTROL DDD DAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS DO CONCELLO DO GROVE
1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Concello do Grove. Dependencia: Secretaría. Número de expediente: 230/2016
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: Contrato de servicios
b) Descrición: Limpieza e control DDD das instalacións municipais do Concello do Grove, dependentes da entidade local.

No hay comentarios:

Publicar un comentario